4.2.20

O fluído Newtoniano e a Paz

Hoxe o profe Rodiño invitounos á clase de 3ºA para participar dun experimento ,oi impactante que nos fixo pensar encol da Paz, a resolución de conflitos e a amizade.
Nun recipiente había un fluído moi curioso feito con auga e fariña. Cando o golpeabas con forza co puño pechado non salpicabas nen chegabas ao fondo do recipiente. Cando golpeas a un amigo non chegas ao seu corazón, non tes amigos. Pola contra cando metías os dedos amodiño chegabas ao fondo e podías xogar coa masa. Pasa tamén cos amigos, cando hai problemas se falas amodiño, con boas palabras e xestos amables chegas ao corazón e ganas a súa amizade.
Tamén probamos a facer unha bola coa masa. Unha bola dura e ben feita. Mentres a amasabas a bola mantíñase perfecta e a deixabas de amasar, desfacíase, escurríase entre os dedos. Coa amizade pasa algo semellante; cando a amasas e a coidas e a mimas cada día está forte e firme. Pero cando deixar de coidar esa amizade escúrreseche e pérdela.
Polo tanto:
Nunca pegues puñetazos. Fan dano, fante dano a ti mesmo e non fas amigos.
Trata ás persoas con docuza, se queres chegar ao seu corazón e ter amigos.
Cando tes un amigo, cóidao para non perdelo.