30.1.20

Día da Paz

Hoxe celebramos no centro o Día da Paz.
Nestes días estamos realizando diversas actividades para crear máis momentos de paz: os saúdos cun sorriso cada mañá, os momentos de silencio falando baixiño, o aumento dos momentos de atención e respecto cando fala un compañeiro ou o mestre, o camiñar amodo polos corredores, os  abrazos compartidos, e  mesmo o ensaio de conversas sen usar as palabras "NON, PERO", ou as preguntas. Esto último resultou moi complicado e temos que practicalo máis. Pero estamos a conseguir grandes resultados. Moitísimas grazas por estardes a crear, dende a aula, momentos de equilibrio, paz, calma e benestar.
Conto con que tamén o fagades así de ben na vosa casa!
Unhas compañeiras de 6º viñeron a clase lernos un fermoso conto sobre o que vía a pomba dona Paz. Tamén vós vedes esas cousas e dixéchedes fantásticas ideas para conseguir mellorar entre todos.
Hoxe na festa, a canción "Solo le pido a Dios" quedou preciosa. Tamén as dos demais cursos. Todas foron moi bonitas e orixinais. As mensaxes que se compartiron fixéronnos pensar e a obra de teatro rematou cunha pregunta ... Seremos capaces de invitar ao dragón e ver como se transforma nun ser marabilloso?
Para pensar.





28.1.20

Excursión a Coruña

Onte fomos de excursión a Coruña.
Visitamos a Domus, o Acuario e a Casa das Ciencias co Planetario.
Puidemos realizar moitas actividades interactivas e aprender  cousas interesantes que nos explicaron os guías.
Merendamos xuntos cos alumnos e alumnas de cuarto e quinto que nos acompañaron. Pasámolo realmente ben, empezando xa polo autobús (un autobús de dous pisos!). Tivemos moita sorte pois non nos choveu en toda a viaxe, agás na chegada. Nese intre diluviou e case collemos unha molladura ao recoller as mochilas.
Foi un gran día!!!












26.1.20

Volcáns

O venres puxemos punto final a esta rolda de exposicións orais sobre os volcáns. Todos os volcáns presentados foron moi bonitos. O primeiro era pequeniño e moi colorista.
Os demais, máis grandes foron elaborados con materiais moi diversos e dous deles erupcionaron logo de mesturar bicarbonato e vinagre. Foi espectacular.




As exposicións orais foron mellorando e pouco a pouco os nervios inicias quedan atrás e vai medrando a seguridade e a confianza. Nas exposicións do venres o grupo Listos atreveuse apoiando a súa exposición coa proxección de vídeos para explicar a téctónica de placas e a orixe dos volcáns ou de imaxes e vídeos para explicar os catro tipos de volcáns. O equipo Chip Chop contounos unha lenda preciosa sobre os volváns. Noraboa a todos.

Teatro en inglés

O xoves fomos ao auditorio para ver e aprender cunha divertida obra de teatro en inglés: "Arround the word". O protagonista conseguiu que outros moitos nenos se sentisen tamén protagonistas no propio escenario: Julia, Zoe, Pablo ... Os demais pasárono moi ben e quedaron con ganas de repetir e con moitas ganas de subir tamén ao escenario. Interesante!