31.10.19

Magosto

Este ano o magosto celebrámolo xunto co Samaín. Como choveu non puidemos facer fora os xogos populares. Iso si, decoramos e personalizamos os nosos cucuruchos e pasámolo moi ben comendo todos xuntos unhas deliciosas castañas que os profes Alfonso e Jorge foron asando dende a mañá.




Foi un magosto distinto no que mesturamos os esqueletes, as castañas e as cabazas. Pero soubonos todo moi ben!

29.10.19

Contos de medo: Cabaciña -cabazón

Hoxe os nenos e nenas de 4º tíñannos preparada unha bonita sorpresa: dramatizaron un divertido conto moi axeitado para este tempo de cabazas. O caso é que non nos deu nada de medo e que nos fixeron pasar un moi bo rato. Grazas raparigos.

 Ao rematar o conto visitamos as incribles cabazas que adornan o cole. Grazas familias pola vosa colaboración e creatividade!





28.10.19

Preparándonos para o Samaín e a festa do magosto

Xa empezan a encherse o cole de cabazas magníficas e castañas á espera da gran festa do magosto. Preparados todos?

24.10.19

Maxia nos libros

Hoxe é o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e para celebralo baixamos á aula de Música. Alí abraiamos coas luces de cores que nos esperaban.

 Logo de escoitar a Julia e outros nenos explicar o motivo de tal encontro escoitamos un pregón encol dos contos e os libros que leron a nosa alcaldesa e a Concelleira de Cultura

De seguido quedamos pampos ante un magnífico espectáculo de maxia, especialmente cando apareceu ante os nosos ollos, dunha caixa baleira, un precioso coello gris, ou cando Zoe e outros "animais da granxa" conseguían que a galiña "puxese ovos cunha canción"!

 

 Leo e Leíño xogaron coa nosa imaxinación, percorreron varios países e recolleron os nosos soños. Logo invitáronos e seguir descubrindo ... "A maxia dos libros".

Precioso día para valorar as nosas Bibliotecas e como non, para gozar do marabilloso mundo dos libros.




17.10.19

Repasamos o que sabemos das plantas

Con este quizizz podedes comprobar se dominades todo o que estivemos vendo sobre as plantas. A por todas!!! 725988 Esta é a clave.


14.10.19

Números de tres cifras

Para que teñades ben dominados os números de tres cifras, a composición, descomposición o valor de posición e o valor en unidades de calquera número, podedes practicar con estas actividades.

Números de tres cifras. LIM

Cálculo rápido

Como ben sabedes, todas as mañás nada máis chegar practicamos o cálculo rápido de multiplicacións e de razoamento de problemas co Quinzet. Se queredes practicar na casa o cálculo rápido podedes poñer a proba a vosa destreza nesta páxina:

 Cálculo rápido de multiplicacións
Nota: Podedes clicar no tempo e aumentalo a 4 minutos se queredes practicar online, para logo ir reducindo o tempo. 

13.10.19

O alfareiro

Nesta semana vimos un pequeno vídeo que nos falaba da importancia do esforzo e de non rendirnos cando algo sae mal, de intentalo unha e outra vez ata conseguilo.

E así imos facer co estudo.
Tivemos que practicar moito ata explicar correctamente que é a fotosíntese. Conseguímolo todos!
Nesta semana hai que estudar moito. Empezan os exames e temos que demostrar todo o que levamos aprendido día a día, como o aprendiz de alfareiro. Non nos imos  rendir!

12.10.19

Quizizz de aproximacións 289987 ou de numeración 290672

Practica as aproximación á decena e á centena máis próxima con este xogo. Podes practicar todas as veces que queiras ata dominar o redondeo. Ánimo.

Quizizz



Recorda que esta será a túa clave de acceso: 289987



Tamén podedes practicar a numeración e o valor de posición das cifras con este outro Quizizz 

                                                coa clave290672

11.10.19

Observando aos caracois

Hoxe estivemos observando o desprazamento dos caracois. Onte preguntándonos como serían máis, rápidos, por onde se desprazar ían mellor, se serían capaces de superar obstáculos... Houbo moitas hipóteses. Hoxe fixemos un experimento e observamos.
Que pasa se rodeamos a un dos caracois con sal e a outro con lapis?

Contádello aos vosos amigos. Que descobrimos?

9.10.19

Do you remember this video? You can play. Good luck!

Seasons

Practicade tamén con esta canción:


6.10.19

Neste enlace podedes practicar os números do 1 ao 100. Se lle dades a terminar e a revisar, teredes a ficha correxida. En este otro, repasaremos la escritura de los números del 10 al 20. É tamén autocorrexible.

Números do 1 ao 100

2.10.19

Técnicas de estudo

Como teño que estudar?
Para que recordedes sempre como estudar podedes ver de novo a presentación que estivemos comentando na clase e recordar o acrónimo LER (Lemos e relemos, miramos os Esquemas do caderno e volvemos facelos nun papel vello; logo Repetimos, repetimos e repetimos ata memorizar ben as definicións, pois debemos ser moi precisos na linguaxe, resumimos, revisamos ...). Por último comprobamos que sabemos dicilo perfectamente sen erros.