Diario

Xoves, 4 de xuño de 2020

Matemáticas: Un pouco de cálculo para empezar a mañá?Seguimos con autoavaliar o que aprendestes en terceiro no  pdf 4 de xuño de Aula Virtual. (30 min).

Música: Preparade a coreografía para a festa de fin de curso e gravade o vídeo.

Plástica: Debuxade as Idades da Historia nun folio (mirade o debuxo na páxina 93 do voso libro de Ciencias Sociais). Podedes ampliar o que queirades ou facer debuxos extra da Idade da Historia que máis vos guste.

C. Sociais: Toca aprender as Idades da Historia ... e a Prehistoria. Chamámoslle Prehistoria á parte da Historia anterior á invención da escritura!!! Léde no libro as páxinas 92 e 93 e completade o pdf de 4 de xuño de Aula Virtual.





Galego: Seguimos avaliando o aprendido. Tendes o pdf 4 de xuño de Aula Virtual.


Mércores, 3 de xuño de 2020



Martes, 2 de xuño de 2020. 

Matemáticas: Un pouco de cálculo para empezar a mañá?Seguimos con autoavaliar o que aprendestes de xeometría.  pdf 2 de xuño de Aula Virtual. (30 min).

English. Estas son as actividades de ampliación propostas para hoxe:
E estas son as que todos tedes que practicar ao longo da semana:

CastelánSeguimos coa autoavaliación, neste caso da comprensión lectora. Demostrade que entendedes ben o que ledes e tamén o que vos preguntan e sabedes responder con oracións completas (Empezan con maiuscula, incorporan o verbo da pregunta e rematan con punto.  Poñede a nota que pensades ter se o facedes sen axuda Preparados?. Tendes o documento que precisades nun pdf  de 2 de xuño en Aula Virtual.

C. Sociais: Para empezar a falar da historia temos que saber moi ben como se mide o tempo. A semana pasada xa todos demostrastes que dominades os reloxos; pero ... sabedes como se mide o tempo cando falamos de tempos longos, de días, meses, anos, moito anos, miles de anos ... ? Lede no libro dixital as paxinas  88 a 89 e  resolvedo as actividades interactivas.

 Demostrade  que dominades a medida do tempo completando o documento pdf de 2 de xuño de Aula Virtual. 

Valores- Galego. Hoxe toca poñer en valor a vosa propia vida, a vosa  propia historia peroal e a das persoas que vos acompañaron neste camiñar. Estades preparados para empezar investigando sobre o voso pasado e narrar a vosa propia historia?? Tendes que escribir nun folio a vosa Autobiografía. Para facelo seguide as instrucións que tedes no anterior documento de Ciencias Sociais. Seredes verdadeiros historiadores ...???

Interdisciplinar: Preparade a coreografía para a "Festa de fin de curso" e mandádenos o vídeo para facer unha montaxe final de gran festa final.




Luns,1 de xuño de 2020. 


Matemáticas: Un pouco de cálculo para empezar a mañá? Nesta semana vaivos tocar autoavaliar o que aprendestes en terceiro e poñervos a nota que teriades se sabedes responder sen axuda. Empezamos?  pdf 1 de xuño de Aula Virtual. (30 min). Podedes facer o quizziz8148326 e non imprimir a ficha. Logo aprendede máis mates con Clan TV.


Castelán: Seguimos con autoavaliación, neste caso de ortografía. Poñede a nota que pensades ter se o facedes sen axuda Preparados?. Tendes o documento que precisades nun pdf  de 1 de xuño en Aula Virtual.

Educación Física: Fai exercicio  en familia co xogo da oca


  •  
 Ou cos xogos do proxecto Ludos.



Facede o quecemento, as rutinas os bailes que tendesn en Aula Virtual de Educación Física e logo os retos e mandade os vídeos.

RETOS..

  • Primeiro clicade na imaxe do Superheroe / Superheroína que queirades.  Unha vez dentro da actividade clicades no nome do que elixades para coñecelo un pouco mellor, as súas habilidades e destrezas; e logo dun pequeno quecemento, os catro mini-retos que vos proporá cada un deles!!
        Thor
    Cap.Marvel
        Hulk
Flash
     Iron Man
   Spiderman

Galego: Tamén habedes de demostrar que sodes capaces de escribir máis de oito liñas con moi boa letra e limpeza, escribindo punto ao remate de cada oración e coidando escrupulosamente a ortografía. O maís importante, encher de sentimento e emoción o que transmitides na carta . Documento nun pdf de 1 de xuño en Aula Virtual.

C. Sociais: Empezamos unha nova etapa. A historia. Sabedes que isto que vivimos forma parte da historia? Que será iso da historia? Descubrídeo lendo  no voso libro dixital das páxinas 84 a 87 e  resolvendo as actividades interactivas.  Adiánte ... vivide con intensidade esta vosa HISTORIA!:

Tendes que diferenciar ben o presente o pasado e o futuro. Demostrádeo completando o documento pdf de 1 de xuño de Aula Virtual. 
Agora xa estades preparados para empezar investigando sobre o voso pasado e construír nunha cartolina ou nun folio a vosa árbore xenealóxica, preguntando o nome dos vosos avós e tíos. Ata onde chegades? Sabedes o nome tamén dos bisavós e bisavoas. Seredes verdadeiros historiadores ...???


Venres, 29 de maio de 2020. 


Galego:  Temos que escribir ben, moi ben, cada vez mellor. Hoxe imos aprender varias palabras especialmente difíciles porque en galego teñen unha grafía diferente á do castelán. Cantas coñeiades xa? Cantas aprenderedes e faredes moi ben a partir de agora?. Documento nun pdf de 29 de maio en Aula Virtual Tendes que facelo no caderno (40 min)

English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:


E estas son as que vos corresponde realizar a todos nesta semana:

Castelán: Dominamos os verbos? Entón a tarefa de hoxe será moi doada e podedes completala na ficha. Completade o documento pdf de 29 de maio de Aula Virtual. (20 min)

C. da Natureza: Tócanos demostrar canto aprendemos das máquinas; así é que hoxe tendes que amosarnos o voso vídeo coa máquina simple ou composta que construíchedes. Na páxina 102 do voso libro tendes un exemplo. Marco e Mauro xa nos presentron tamén as súas máquinas. Sorprendédenos !!!


Matemáticas: Seguimos repasando  círculos e circunferencias ... e o tempo. Podedes completalo na propia ficha ou no caderno. Tendes un documento pdf do 29 de maio en Aula Virtual. (30 min)






Xoves, 28 de maio de 2020. 


Matemáticas: Seguimos repasando agora o que xa aprendemos no curso pasado de círculos e circunferencias. Tendes un documento pdf do 28 de maio en Aula Virtual.

Música: A profe Lucía quere asegurarse de que sabedes ben a escala musical. Pintade, repasade, practicade ... Acordádevos de darlle unha ollada a todas as cancions do "Coro das emocións" do voso curso e dos outros, así como aos bailes que vos propón e ... se vos animades mandádenos un vídeo co baile. 

Plástica: Hoxe tendes que pintar, recortar e montar un cilindro e un cono. Logo cos corpos redondos (cilindro e cono) e os poliedros (prisma, cubo, perámide, tetraedro ...) realizade a ficha comparativa que tendes nun pdf de 28 de maio en Aula Virtual. Con todas esas figuras e outros tubos que teñades pola casa (de papel hixiénico, de cociña ...) e unhas canicas ou pelotas podedes construír un xogo ben divertido. Mándádenos un vídeo coa vosa composición.




Galego:  Hoxe ides seguir estudando as máquinas compostas e ... falando de máquinas compostas e falando e enerxía ... queda demostrar canto sabedes dos medios de transporte, seguro que os coñecedes moi ben!  Se non coñecedes algunha palabra mirádea no dicionario de galego que tendes na pestana deste blogue. Facede os exercicios no caderno. Documento nun pdf de 28 de maio en Aula Virtual


C. da Natureza: Tócanos coñecer algo mellor as  máquinas compostas, como a bici.   Tendes que ler no libro dixital este apartado. Atoparedes o documento de traballo nun pdf de 28 de maio en Aula Virtual.  Adiánte ... a toda máquina!




Mércores, 27 de maio de 2020. 

Educación Física: Fai exercicio  en familia co xogo da oca que o profe Jorge vos deixou preparado ou calquera outro que poidades facer mellor en familia.Se vos toca a cuarta casiña teredes que facer este exercicio, co xogos do proxecto Ludos.



Facede o quecemento, as rutinas os bailes que tendesn en Aula Virtual de Educación Física e logo os retos e mandade os vídeos. Mirade que bonitos quedaron os de Óliver e Samuel:




RETOS..

  Pon a proba as túas habilidades, coordinación, equilibrio, forza... cos seguintes retos!! Pasaredes un rato entretido e estaredes en forma!! Ánimo!!
  Podedes enviarnos algunha foto, debuxo ou pequeno vídeo se vos parece: yuyu_vb@edu.xunta.es / efmagarinhos2020@gmail.com tanto facendo algún dos retos como practicando deporte agora que podedes saír á rúa (coa bici, patins, correndo, facendo rutas a pe..)
Unha aperta mooooooooi forte a tod@s!!
  • Primeiro clicade na imaxe do Superheroe / Superheroína que queirades.  Unha vez dentro da actividade clicades no nome do que elixades para coñecelo un pouco mellor, as súas habilidades e destrezas; e logo dun pequeno quecemento, os catro mini-retos que vos proporá cada un deles!!
        Thor
    Cap.Marvel
        Hulk
Flash
     Iron Man
   Spiderman
  • E aquí algúns dos miniretos que propoñedes vós (no poremos todos), para que tentedes facer os que propoñen os vosos compañeiros de todo o cole... Estes son os novos:


         

    Castelán: Repasamos os pronomes. Recordade: pronome verbo. Os pronomes substitúen aos nomes (para evitar repeticións e acompañan eo verbos: Eu quero ... E para non esqueelo tedes que completar o documento pdf de 27 de maio de Aula Virtual. (30 min)

    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:



    E estas son as que vos corresponde realizar a todos nesta semana:


    C. da Natureza: Tócanos coñecer algo mellor as principais máquinas simples: roda, panca, plano inclinado e polea.   Tendes que ler no libro dixital este apartado;  . Atoparedes o documento pdf de 27 de maio en Aula Virtual.  Adiánte ... a toda máquina!


    Galego:  Hoxe imos repasar as contraccións (unión das preposicións e os artigos). Tendes que facer as actividades no caderno de galego respectando as normas que xa coñecedes. Documento nun pdf de 27 de maio en Aula Virtual






    Martes, 26 de maio de 2020. 

    Matemáticas: Empezamos espertando as neuronas con algo de cálculo ? Seguimos repasando as operacións básicas !!! Tendes que facer todas as actividades no caderno de matemáticas. Acordádevos de separar catro cadradios entre exercicios e entre operacións. Os enunciados sempre con azul; as respostas sempre con lapis e cada número no seu cadradiño: o orde é fundamental.  Atoparedes as actividades no documento  pdf 26 de maio de Aula Virtual. (30 min).

    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:



    E estas son as que vos corresponde realizar a todos nesta semana:



    Castelán: De novo adicamos o martes a gozar dun bo libro e deixamos constancia do mesmo no caderno: xa sabedes : Título, Autor e Editorial (en vermello) e un pequeno resumo do mesmo ou un anaquiño escollido (indicando a páxina). Podedes gravarnos un vídeo para que todos poidamos descubrir o que tanto vos gusta.

    C. da Natureza: E coas máquinas como imos. Hoxe veredes que todas as máquinas precisan exerxía para funcionar, na maioría das máquinas simples somos nós os que as movemos; son máquinas manuais e funcionan grazas á enerxía que co noso movemento lle transmitimos. Outras funcionan con gasoil ou gaslina (as máquinas térmicas) e coecedes xa un amplísimo abano de máquinas eléctricas. Demostrade todo o que sabedes xa!!  Tendes que ler no libro dixital as páxinas 96 e 97;  logo seguides investigando na vosa casa. Atoparedes o documento pdf de 26 de maio en Aula Virtual.  Adiánte ... a toda máquina! e uns exercicios de ampliación.


    Valores- Plástica. Xa expresamos emocións usando cores. Hoxe imos expresarnos libremente dunha maneira nova. En íntima unión coa natureza e cos produtos que temos na casa. Usaremos colorante alimentario, café, te e outras infusións, pimentón ... e paus, follas ... e a nosa imaxinación. Con isto crearemos paisaxes e imaxes únicas ...

    Como debuxar un can ... con pan.

    Como pintar o solpor .... con cor.











    Luns, 25 de maio de 2020. 


    Matemáticas: Un pouco de cálculo para empezar a mañá? Seguimos repasando a numeración e as operacións básicas !!! Tendes que facer todas as actividades no caderno de matemáticas. Acordádevos de separar catro cadradios entre exercicios e entre operacións. Os enunciados sempre con azul; as respostas sempre con lapis e cada número no seu cadradiño: o orde é fundamental.  Atoparedes as actividades no documento  pdf 25 de maio de Aula Virtual. (30 min). Logo aprendede máis mates con Clan TV.


    CastelánSeguro que moitos de vós  xa sabedes o importante que é reducir, reciclar e reutilizar porque para iso temos un estupendo clube ecoloxista. Así é que a tarefa de hoxe vos resultará moi doada. Tendes o documento que precisades nun pdf  de 25 de maio en Aula Virtual.

    Educación Física: Fai exercicio  en familia co xogo da oca que o profe Jorge vos deixou preparado ou calquera outro que poidades facer mellor en familia.Se vos toca a cuarta casiña teredes que facer este exercicio, co xogos do proxecto Ludos.



    Facede o quecemento, as rutinas os bailes que tendesn en Aula Virtual de Educación Física e logo os retos e mandade os vídeos. Mirade que bonitos quedaron os de Óliver e Samuel:




    RETOS..

      Pon a proba as túas habilidades, coordinación, equilibrio, forza... cos seguintes retos!! Pasaredes un rato entretido e estaredes en forma!! Ánimo!!
      Podedes enviarnos algunha foto, debuxo ou pequeno vídeo se vos parece: yuyu_vb@edu.xunta.es / efmagarinhos2020@gmail.com tanto facendo algún dos retos como practicando deporte agora que podedes saír á rúa (coa bici, patins, correndo, facendo rutas a pe..)
    Unha aperta mooooooooi forte a tod@s!!
    • Primeiro clicade na imaxe do Superheroe / Superheroína que queirades.  Unha vez dentro da actividade clicades no nome do que elixades para coñecelo un pouco mellor, as súas habilidades e destrezas; e logo dun pequeno quecemento, os catro mini-retos que vos proporá cada un deles!!
            Thor
        Cap.Marvel
            Hulk
    Flash
         Iron Man
       Spiderman
    • E aquí algúns dos miniretos que propoñedes vós (no poremos todos), para que tentedes facer os que propoñen os vosos compañeiros de todo o cole...

                  


    Galego:  Hoxe imos repasar de novo os artigos. Tendes que facer as actividades no caderno de galego respectando as normas que xa coñecedes. Documento nun pdf de 25 de maio en Aula Virtual

    C. da Natureza: E coas máquinas imos traballar agora. . Tendes que ler no libro dixital e aprender que son as máquinas, cales son as máquinas simples e cales as máquinas compostas e atopalas logo na vosa casa. Atoparedes o documento pdf de 25 de maio en Aula Virtual.  Adiánte ... a toda máquina!:



    Venres, 22 de maio de 2020. 

    Galego:  Hoxe imos gozar da lectura; nada máis e nada menos. Buscamos un bo libro en galego e pasade un bo rato con el. Logo completade no caderno os datos sobre o mesmo; xa sabedes: Título, Autor, Editorial e Resumo (ou selección dunha páxina ou trozo de texto ) Escribide o título de cada apartado en vermello e os datos co bolígrafo azul. Logo gravade un vídeo lendo un anaquiño. Todos ledes xa moi ben en lingua castelá. Agora toca de mostrar que sabedes ler igual de ben en lingua galega. 

    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:

    E estas son as que vos corresponde realizar a todos nesta semana:



    CastelánSeguro que a moitos de vós vos gusta xogar á consola. Pero saberiades entender os datos e a información que falan de como é un videoxogo. Pois ides ter que demostrar que si!!! E como non todo vai ser xogar, tamén imos ter que repasar algo de ortografía do H. Respondede ás preguntas no caderno de castelán. Recordade: poñede a data con boli azul e tamén os enunciados das preguntas, as respostas con lapis e o número dos exercicios e o título de hoxe con vermello. Tendes o cocumento que precisades nun pdf  de 22 de maio en Aula Virtual.

    C. da Natureza: Xa sabemos moito sobre a enerxía e o coidado do medio ambiente. Como xa estudastes,  a enerxía é a capacidade de producir cambios e movementos; é a que consigue que se movan e funcionen as máquinas. E coas máquinas imos traballar agora. Xa montamos os robots na clase, xa os programamos e xa xogamos con eles. Moitos de vós tamén fixestes xa un montón de construcións cos legos. Certo, claro que xa sabedes moitas cousas sobre máquinas. Imos aprender algo máis. Tendes que ler no libro dixital o tema completo e descubrir que cousas sabiades e cales son novas e iremos descubrindo pouco a pouco. Adiánte ... a toda máquina!:


    Matemáticas: Un pouco de cálculo para rematar a mañá? Seguimos repasando as figuras planas !!!   Atoparédelas no documentos  pdf 22 de maio de Aula Virtual. (30 min)





    Xoves, 21 de maio de 2020. 

    Matemáticas: Un pouco de cálculo para espertar as neuronas? Imos empazar repasando as figuras planas que xa aprendéchedes o ano pasado, pero non podedes esquecer!!!   Atoparédelas no documentos  pdf 21 de maio de Aula Virtual. (30 min)



    Música: A profe Lucía ten unha preciosa e moi divertida proposta para seguir  reflexionando sobre o coidado do Medio Ambiente.

    MÚSICA 3º

    NOVA ACTIVIDADE: "O RAP DO MEDIO AMBIENTE"
    Editar
    • Mover o recurso

       


    Plástica: Preparade un precioso cartel para darlle a coñecer a toda a xente unha das vosas recomendacións para coidar o medio ambiente. Podedes empregar a técnica que queirades, pintura, ceras, collage, poliedros, monecos, stopmotión, vídeo ... Iso si, se usades o vídeo tendes que ter en conta, ademais da imaxe a música que acompaña o anuncio. En calquera caso tendes que inventar un eslogan que rime e moi chamativo, curo e con letras dobles. Todo ten que estar moi ben coloreado (se empregades cores). Sorprendédenos coa vosa creatividade e que as vosas mensaxes sirvan para mellorar o mundo,mporque vós sodes o noso futuro. (50 min)
    Para os que rematedes,  queremos propoñervos que vos rexistredes nuha aplicación que vos permitirá crear cómics e personaxes de forma moi fácil e divertida: 
    Que vos parecen os vosos profes, parecémonos? Pinchade na imaxe e creade o voso. Logo podédesmos enviar as vosas creacións:
          



    Galego: Hoxe imos inventar un conto. Xa case somos expertos! Cada un é aínda máis bonito misterioso e máxico que o anterior. Esperamos con ansia as vosas marabillosas historias.   Tendes o documento nun pdf de 21 de maio en aula Virtual. (50 min)

    C. da Natureza: Ides ver unha factura da luz. Na parte final indícabos que fontes de enerxía produciron a electricidade que chegou á vosa casa; indícabos que parte é de fontes renobables e limpas e indícavos se a vosa electricidade é altamente contaminante ou pouco contaminante. Investigade como é a factura da luz da vosa casa e como se produce a electricidade que consumides. Tendes a información nun documento pdf do 21 de maio en Aula Virtual. (10 min)









    Mércores, 20 de maio de 2.020. 

    Educación Física: Fai exercicio  en familia co xogo da oca que o profe Jorge vos deixou preparado ou calquera outro que poidades facer mellor en familia.Se vos toca a cuarta casiña teredes que facer este exercicio, co xogos do proxecto Ludos.



    Facede o quecemento, as rutinas os bailes que tendesn en Aula Virtual de Educación Física e logo os retos e mandade os vídeos. Mirade que bonitos quedaron os de Óliver e Samuel:



    RETOS..

      Pon a proba as túas habilidades, coordinación, equilibrio, forza... cos seguintes retos!! Pasaredes un rato entretido e estaredes en forma!! Ánimo!!
      Podedes enviarnos algunha foto, debuxo ou pequeno vídeo se vos parece: yuyu_vb@edu.xunta.es / efmagarinhos2020@gmail.com tanto facendo algún dos retos como practicando deporte agora que podedes saír á rúa (coa bici, patins, correndo, facendo rutas a pe..)
    Unha aperta mooooooooi forte a tod@s!!
    • Primeiro clicade na imaxe do Superheroe / Superheroína que queirades.  Unha vez dentro da actividade clicades no nome do que elixades para coñecelo un pouco mellor, as súas habilidades e destrezas; e logo dun pequeno quecemento, os catro mini-retos que vos proporá cada un deles!!
            Thor
        Cap.Marvel
            Hulk
    Flash
         Iron Man
       Spiderman
    • E aquí algúns dos miniretos que propoñedes vós (no poremos todos), para que tentedes facer os que propoñen os vosos compañeiros de todo o cole...
               
    Castelán: Imos repasar as fábulas (contos breves con protagonistas animais e que rematan cunha ensinanza "moraleja") e aprender a escribilas tendo en conta que han de ter catro partes. Verédelo no voso libro dixital edebé ou nun pdf do 20 de maio en Aula Virtual  (40 min) . 


    Contraseña: 123456


    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:

    E estas son as que vos corresponde realizar a todos nesta semana:


    Galego:Hoxe imos gozar dunha fantástica lectura que fará voar a vosa imaxinación "A cidade de Todo é Posible" (páxinas 158 e 159 do voso libro dixital de Anaya. Logo tendes que resonder no caderno de galego os exercicios 2, 3, 4, 5 e 6 das páxinas 160 e 161  Tendes o documento nun pdf de 20 de maio en aula Virtual. 
    Recordade que cada familia ten o seu contrasinal.

    C. da Natureza: Volvede ler as páxinas 86 e 87 do libro dixital de sm en C. da Natureza o tema que trata da enerxía e o medio ambiente,  logo facede os exercicios 7 e 8 da páxina 90 e os exercicios no caderno de ciencias. Escribide a data con boli azul, o título e o número dos exercicios con vermello, os enunciados con azul e respostade con lapis. Separade cada exercicio dous renglónsNun folio con título destacado e letras dobres, tendes que escribir 10 normas ou recomendacións para que todas as persoas fagan e poidamos aforrar enerxía e coidar o medio ambiente. Fai os números destacados noutra cor, debuxos ou ilustracións que convirtan o decálogo nalgo moi bonito para ter sempre en conta. Tendes a información nun documento pdf do 20 de maio en Aula Virtual . (40 min). Recordade o usuario e contrasinal:






    Martes, 19 de maio de 2020. 

    Matemáticas:  Despois dunha quincena retomemos de novo o cálculo rápido de divisións.  despois tócanos repensar e pensar se saberemos resolver uns problemas. Podedes facelos na ficha, pero mellor para o medio ambiente e para a economía familiar será que os fagades no caderno de matemáticas. Poñede a data con azul, o número de exercicio con vermello, os enunciados con azul e as palabras: datos, operacións e solucións con vermello; deixade espazo suficiente. Recordade que as solucións son oracións completas que empezan con maiúscula e rematan con punto. Han de incluír o verbo da pregunta do problema. Ídelo facer moi ben. Tendes o documento nun pdf  de 19 de maio en Aula Virtual. (40 min)

    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:
    E estas son as que vos corresponde realizar a todos nesta semana:
    Castelán: Imos repasar o artigo e o substantivo. Tendes nun pdf do 19 de maio en Aula Virtual  (40 min) . Logo collede un dos libros que queirades  e lédenos un trozo ... gravádelo e mandádenolo  (especialmente os que non o gravastes o venres pasado).  (10 min).







    C. da Natureza: Mirade en Clan TV o programa sobre C. Sociais. Logo lede no voso libro dixital de sm en C. da Natureza o tema que trata da enerxía e os seus usos,  logo facede os exercicios 7,8 e 9 da páxina 85 e os exercicios do 1 ao 5 da páxina 90 no voso caderno de ciencias. Escribide a data con boli azul, o título e o número dos exercicios con vermello, os enunciados con azul e respostade con lapis. Separade cada exercicio dous renglóns. Tendes  nun documento pdf do 19 de maio en Aula Virtual . (40 min). Recordade o usuario e contrasinal:


    Galego - Valores: Ao igual que faciamos na clase coa libreta de "Aprendo a pensar" hoxe ides facer unha reflexión, desta volta nun folio que recolla os catro apartados que vos sinalo facendo referencia a este tempo de corentena e ás actividades escolares realizadas.  Os apartados son: "Nesta corentena aprendín ... " (indicade o que aprendéchedes, o que agora sabedes facer moito mellor) ... "Sentinme ... " (falade nneste apartado de como vos sentistes en diferentes momentos; exlicande cando vos sentistes alegres e felices, cando agobiados, cando frustrados, cando impotentes, cando ilusionados ... en relación aos exercicios e actividades escolares); "Relacioneime con ... (falade de todas as persoas coas que estivestes en contacto e que vos axudaron a aprender máis e mellor); "Paseino moi ben con ..."  (expresando aquilo que realmente vos gustou moito facer)(50 min)




     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais.









    Venres, 15 de maio de 2020. 


    Galego: Xa aprendéchedes moito sobre don Ricardo Carvalho Calero. Agora ides ler un conto dos Bolechas e xa estaredes listos para facer dous novos xogos: Preguntoiro Musical e Xogo de dardos. Pasádeo moi ben . (30 min).
    Clicade nas imaxes para empezar





    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:

    Castelán: Imos repasar  de pronomes e verbos para nos esquecelos.  Facede os exercicios que tendes nun pdf do 15 de maio en Aula Virtual  (40 min) . Logo collede un dos libros que queirades  e lédenos un trozo ben divertido, que nos fai boa falta rir ... gravádelo e mandádenolo.  (40 min).




    C. da Natureza: Imos asegurar que estades entendendo ben as fontes de enerxía e como se transforma a enerxía . Facede os exercicios do documento pdf de 15 de maio en Aula Virtual que sabedes diferenciar as fontes de enerxía e as formas de enerxía. (40 min)


    Matemáticas:Rematamos a semana cun pequeno repaso de sumas e divisións (con proba).  Atoparédelas no documentos  pdf 15 de maio de Aula Virtual. (30 min)





    Xoves, 14 de maio de 2020. 

    Matemáticas:Imos empazar repasando as figuras planas que xa aprendéchedes o ano pasado, pero non podedes esquecer!!! Ademais necesitamos que as coñezades moi ben para empregalas na hora de plástica.  Atoparédelas no documentos  pdf 14 de maio de Aula Virtual. (30 min)


    Música: A profe Lucía continúa á espera das vosas palabras para compoñer cancións. Moitos xa as mandáchedes a semana pasada, ben bonitas por certo, e aínda se necesitan máis. Animádesvos a encher a clase de preciosas palabras para inspirar cancións? Tamén tendes que seguir practicando coa frauta. Gravade un vídeo co voso ensaio para enviar. Repasade a primeira partitura e animádevos logo con   Un ratón me persigue

    Probáchedes este xogo? 
     Atrapa la nota


    Plástica: Xa construíchedes unha cidade con prismas e cubos xa tendes dous elementos máis: teatraedros e pirámides. Sabedes cal  é a diferenza, preguntábavos a semana pasada? Ben pois agora tendes que collelos e miralos con moito detalle para anotar cantas arestas (bordes), caras (lados) e vértices (esquiniñas) teñen en total. Cubride a ficha e mañá veremos cantos acertáchedes contando!!! Logo de tanto observar tendes que debuxar un animal inventado (por exemplo unha xiravaca; metade vaca e metade xirafa) usando so figuras planas (triángulos, cadrados, pentágonos, rombos, círculos ...) Pintade moi ben o animal (ten que ser ben grande e ocupar case todo o folio) e mandádenos unha foto. Quen fará o animal máis orixinal????  Tendes o documento para observar poliedros nun pdf 14 de maio en Aula Virtual (50 min)


    Galego: Onte fixéchedes todos moi, moi ben os exercicios sobre "As pitas baixo a choiva". Hoxe temos outro texto moi pequeniño (e igual de difícil) de Carvalho Calero: "Agora". Lédeo con atención e usade o dicionario se precisades. Logo respondede a unhas preguntiñas relacionadas coa lectura . Tendes o documento pdf  do 14 de maio en AulaVirtual (80 min).

    C. da Natureza: . Acordádesvos de todo o que xa aprendéchedes sobre a enerxía, as fontes e as formas de enerxía ?   Pero que é a enerxía? A enerxía estase transformando e pasa de eléctrica a calorífica, luminosa, cinética ... nun tris. Seredes capaces de descubrir que en que aparatos da vosa casa se ben esas transformacións da enerxía? Investigade e demostrade todo o que xa sabedes.  Adiante. Tendes o documento nun pdf en Aula Virtual.  (10 min).



    Interdisciplinar: O profe Jorge proponvos estes retos. Esperamos os vosos vídeos:

    RETOS..

    Pon a proba as túas habilidades, coordinación, equilibrio, forza... cos seguintes retos!! Pasaredes un rato entretido e estaredes en forma!! Ánimo!!
    Podedes enviarnos algunha foto ou pequeno vídeo se vos parece: yuyu_vb@edu.xunta.es / efmagarinhos2020@gmail.com tanto facendo algún dos retos como practicando deporte agora que podedes saír á rúa (coa bici, patins, correndo, facendo rutas a pe..)
    Unha aperta mooooooooi forte a tod@s!!



    Mércores, 13 de maio de 2.020. 

    Educación Física: Fai exercicio  en familia co xogo da oca que o profe Jorge vos deixou preparado ou calquera outro que poidades facer mellor en familia.Se vos toca a cuarta casiña teredes que facer este exercicio, co xogos do proxecto Ludos  para 3º e 4º  ou a Batería de rutinas: 
    Seguide preparando novas fichas sobre os xogos aos que xogaban os vosos pais e avós de pequenos. Pintade os debuxos e facede unha letra preciosa. Formarán parte dun libro que formará parte da nosa historia. Procurade non facer sombras coa cámara ao sacarlle a foto á ficha. Van quedar moi bonitas
     Aínda faltan moitas!:



    E bailade moito coas actividades e cancións que tendes en Aula Virtual


    Castelán: Onte lemos chistes, a  semana pasada fábulas ... Pero que é dos contos? Hoxe tócanos inventar un conto, escribilo ben, ben, bonito, ilustralo como profesionais e concluír a tarefa léndonolo aos demais. Así é que ademais de escribir o conto teredes que lérnolo nun pequeno vídeo. Deixade voar a vosa imaxinación, porque a imaxinación non ten cancelas e nunca a poderá derrotar o Coronavirus. Completade a ficha que tendes en Aula Virtual no pdf de 13 de maio... e a escribir!!!

    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:



    Galego: Xa aprendéchedes moito sobre don Ricardo Carvalho Calero. Agora ides ler un anaquiño moi curto dun dos seus libros "As pitas baixo a choiva".  Hai moitas palabras que posiblemente non coñezades. Podedes preguntarllas aos vosos pais, aos vosos avós e avoas ou podedes miralas no diccionario RAG que tedes nunha das pestanas deste blogue. Tendes o documento nun pdf de 13 de maio en aula Virtual. Despois podedes explorar e seguir este xogo de pistas que vos levará a conseguir un tesouro. Conseguirédelo? Pincha na casa para comezar.




    C. da Natureza: Continuamos facendo ciencia na cociña ... e na casa. Hoxe toca explorar. Tendes que anotar na táboa todos os aparatos eléctricos que temos na casa e todos os que funcionan con pilas e baterías! Logo tendes que demostrar noutro documento pdf de 13 de maio en Aula Virtual que sabedes diferenciar as fontes de enerxía e as formas de enerxía.



    Martes, 12 de maio de 2020. 

    Matemáticas: Tócanos repasar un pouco máis a fondo a mecánica da resta, pois non podemos permitirnos esquecela!! Recordade que ao rematar a resta tendes que facerlles a proba (sumando o sustraendo e a diferenza tenvos que dar o número que tiñades no minuendo). Tendes o documento nun pdf  de 12 de maio en Aula Virtual. (40 min)


    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:



    Castelán: Imos repasar tamén algo de ortografía. Recordamos que RR so vai entre vogais . Facede os exercicios que tendes nun pdf do 12 de maio en Aula Virtual  (40 min) . Logo collede un dos libros que queirades  e lédenos un trozo ben divertido, que nos fai boa falta rir ... gravádelo e mandádenolo.  (10 min).


    C. da Natureza: Mirade en Clan TV o programa sobre C. Sociais. Logo lede no voso libro dixital de sm en C. da Natureza o tema que trata da enerxía e os diferentes tipos de enerxía. Seguro que xa sabiades moitísimas cousas sobre a enerxía. Pero saberiades contalas? Podedes probar a preparar a vosa exposición oral sobre a enerxía; seguro que o facedes máis entretido que a profe!!!!  Facede tamén as actividades interactivas que tendes no libro. (40 min). Recordade o usuario e contrasinal:


    Galego - Valores:  Tócanos exercitar un pouco máis a paciencia, a constancia e o non rendirse ante os erros, mantendo sempre o espíritu de superación. Volvede mirar este curto do alfareiro e compartídeo se é posible cos vosos pais. Logo, nun folio escribide un pequeno texto titulado "O meu maior logro". Podedes inicialo cunha oración parecida a esta "O maior logro que conseguín ata o día de hoxe foi ...      Pero non foi doado". (punto e aparte)  Nos parágrafos seguintes explicades todas as dificultades que tivestess que pasar, todas as veces que vos saíu mal, a sensación de fracaso, se a sentistes, a rabia, a impotencia  ... No último parágrafo contades como fostes logrando superar as dificultades e conseguistes o resutado esperado. Tendes que completar o escrito cun debuxo moi ben coloreado (con moita PACIENCIA).  O título, como sempre coloreado e con letras dobres.(50 min)










     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais.









    Luns, 11 de maio de 2.020. 

    Matemáticas.  Hoxe ides resolver algún problemiña ou uns pasatempos. Ollo! Hai datos que tal vez non precisedes.   Tendes o documento pdf en Aula Virtual 11 de maio (40 min).

    Castelán: Xa fai tempo que non falamos dos determinantes. Recordádelos todos? Para comprobalo completade a ficha que tendes en Aula Virtual no pdf de 11 de maio.

    Educación Física: Fai exercicio  en familia co xogo da oca que o profe Jorge vos deixou preparado ou calquera outro que poidades facer mellor en familia.Se vos toca a cuarta casiña teredes que facer este exercicio, co xogos do proxecto Ludos  para 3º e 4º  ou a Batería de rutinas: 


    Seguide preparando novas fichas sobre os xogos aos que xogaban os vosos pais e avós de pequenos. Pintade os debuxos e facede unha letra preciosa. Formarán parte dun libro que formará parte da nosa historia. Procurade non facer sombras coa cámara ao sacarlle a foto á ficha. Van quedar moi bonitas
    Estas son as que temos en 3º. Aínda faltan moitas!:










    E bailade moito coas actividades e cancións que tendes en Aula Virtual




    Galego: Empezamos a Semana das Letras Galegas, que este ano se adica a don Ricardo Carvalho Calero. Hoxe aprenderemos algo sobre a súa biografía. Prestade atención porque o venres teredes un xogo interactivo moi divertido, e igual tendes que recordar algúns datos! Tendes o documento nun pdf en aula Virtual.


    C. da Natureza: Continuamos facendo ciencia na cociña. Xa falamos da masa, do volume, da densidade, da flotabilidade e hoxe engadimos dous ingredientes ao traballo científico: a forza e a paciencia,  como nos di esta amiga nosa. (20 min ou toda a tarde!!!). Tendes un vídeo coa receita completa do PAN e un documento en Aula Virtual para descubrilo. O experimento non tedes que facelo hoxe, cando teñades tempo e ganas. Hoxe so calculades masa... e tempo!



    Interdisciplinar: Seguide preparando as exposicións orais.
    Nota: Recordade que hoxe teremos a clase virtual "Reencontro" ás 11:15 en 3ºB.



    Venres, 8 de maio de 2020

    Galego:  Hoxe recordaremos  os tempos dos verbos. Tendes un documento de traballo no pdf de 8 de maio.



    English:  Continuade a realizar as actividades online que Carlos e Paula vos deixaron en Aula Virtual:
    Castelán: Seguimos afondando no estudo dos verbos cos exercicios que tendes nun pdf do 8 de maio  en Aula Virtual. 


    C. da Natureza: Hoxe faredes un experimento sobre a flotabilidade.  Tendes que ver un vídeo e logo facer e gravar o voso propio experimento sobre flotabilidade!!! Adiante. Tendes o documento nun pdf 8 de maio en Aula Virtual (40 min).


    Matemáticas:Imos seguirrepasando algo das multiplicacións e teredes un pequeno reto.  Atoparédelos no documentos  pdf de Aula Virtual.

    Interdisciplinar: Acordádevos de preparar as exposicións orais..



    Xoves, 7 de maio de 2020. 

    Matemáticas:Imos empazar repasando algo das multiplicacións e as división e teredes un pequeno reto.  Atoparédelos no documentos  pdf de Aula Virtual.


    Música: Tendes unha nova proposta da profe Lucía en Aula Virtual


























































  • Plástica: Xa construíchedes unha cidade con prismas e cubos. Agora ides ter dous elementos máis: teatraedros e pirámides. Sabedes cal  é a diferenza? Pintádeos, recortade, pegade e comparade. Non perdades ningunha das figuras. Pronto necesitaredes as catro!!! Tendes o pdf do tetraedro e da pirámide nun pdf en Aula Virtual (50 min)

    Galego: Onte fixéchedes todos moi, moi ben os exercicios de verbos. Imos aprender un pouco máis sobre eles. Tendes o documento pdf  do 7 de maio en AulaVirtual(40 min).

    C. da Natureza: Retomamos as C. da Natureza. Acordádesvos de todo o que xa aprendéchedes sobre a materia e dos experimentos que vimos na clase do profe Rodiño? Hoxe empezaremos a traballar sobre a enerxía. O científico Albert Einstein  descubriu que a enerxía era a masa multiplicada pola velocidade da luz ao cadrado!! Si. Algo moi complexo que estudarán os futuros científicos. Pero o que si ides saber como pequenos científicos é que a enerxía e a masa están moi relacionadas. Tamén o están a masa e o volume (as propiedades principais da materia. Empezaremos xustamente facendo un experimento que ten moito que ver con masas e volumes: coa densidade. Tendes que ver un vídeo e logo facer e gravar o voso propio experimento sobre: densidades!!! Adiante. Tendes o documento nun pdf en Aula Virtual (40 min).





    Interdisciplinar: Acordádevos de preparar as exposicións orais..





    Mércores, 6 de maio de 2020

    Educación Física: Facede exercicio  en familia co xogo da oca que o profe Jorge vos deixou preparado ou calquera outro como o do proxecto Ludos  para 3º e 4º  ou a Batería de rutinas: 
    E bailade moito coas actividades e cancións que tendes en Aula Virtual

     SE VOS APETECE PODEDES PREPARAR ALGO MOI ESPECIAL PARA AS VOSAS NAIS


    Castelán: Seguimos afondando no estudo dos verbos coa exercicios que tendes nun pdf do 6 de maio  en Aula Virtual. 


    English:  Continuade a realizar as actividades on line que Carlos e Paula vos deixaron en Aula Virtual:


    C. Sociais. Repasamos os conceptos estudados sobre a poboación e afondamos en aspectos como mortandade, natalidade .... Podedes accedes  ás actividades no documento pdf  6 de maio  de Aula Virtual


    Galego:  Tamén temos que aprendernos os verbos en galego. Tres deles sonvos máis difíciles aos non galego falantes ( ser, facer, ir) así é que os tendes os verbos con pictos en Aula Virtual (Atención á Diversidade Galego) e tamén tendes un documento de traballo no pdf de 6 de maio.



    Martes, 5 de maio de 2020. 

    Matemáticas: A demografía, a ciencia que estuda a poboación realiza nos seus estudos moitas gráficas. Hoxe vós ides aprender tamén como se analiza e como se fai unha gráfica de poboación; nada máis e nada menos que a da evolución dos homes e as mulleres no Concello de Cambados dende os últimos dez anos. Tendes o documento pdf en Aula Virtual. Xa veredes que interesante! (40 min)


    English: As actividades de inglés desta semana van resultar moi entretidas, pois todas son online. Seguro que vos gustan. Tendelas na Aula Virtual de Inglés. Estas son as de ampliación:




    Castelán: Collede un dos libros que queirades compartir hoxe cos vosos compañeiro, cubride os datos do libro  e compartídeo cos demais. Podedes facelo no caderno, nun folio ou na ficha do documento pdf que tendes en Aula Virtual.  Preguntade na vosa casa cal é o  libro favorito de cada un (dos últimos que leu) (40 min).


    C. Sociais: Mirade en Clan TV o programa sobre C. Sociais. Logo lede o documento pdf que vos deixamos en Aula Virtual e respondede ás preguntas no caderno. (40 min)


    Galego - Valores:  Escribide unha carta ao señor presidente expresando os vosos desexos e propostas respecto á como saír desta corentena. Facede tamén un debuxo que esprese como vos ides sentindo en distintos momentos do día con etiquetas cambiables, ou tapóns de botellas, como fixo a nosa compañeira Julia. (50 min)



     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais.




















    Luns, 4 de maio de 2.020. 

    Matemáticas.  Hoxe ides resolver outro problema que ten moito que ver coas saídas para cando dentro dentro de nadiña xa poidamos tamén saír do concello. Preparados para calcular distancias? Tendes o documento pdf en Aula Virtual 4 de maio (40 min).

    Castelán: Xa vai quedando menos da Corentena completamos logo o libriño  cunha entrevista aos teus pais e cunha carta deles para ti, podedes encontrar o documento en Aula Virtual no pdf de 4 de maio.. Logo demostraredes todo o que xa aprendestes de lingua castelá neste Quizziz 967708. (30 min). Preguntade na casa se tendes o xogo do Scrabble, Intelec (ou similares de palabras cruzadas) ... Asegúrovos que é moi divertido para xogar en familia e melloraredes moito a fluidez verbal e o vocabulario.

    Educación Física: Fai exercicio  en familia co xogo da oca que o profe Jorge vos deixou preparado ou calquera outro que poidades facer mellor en familia.Se vos toca a cuarta casiña teredes que facer este exercicio, co xogos do proxecto Ludos  para 3º e 4º  ou a Batería de rutinas: 
    Acordádevos de preguntarlle a vosos pais e avós polos seus xogos de infancia e recollede a información na ficha para formar parte do libro de xogos tradicionais do colexio. Acordádevos de escribir a ficha en galego.  Ánimo! 

    Podedes encontrala tamén nun documento  pdf en Aula Virtual Galego

    Tamén podedes facer moitísisma EF bailando. Se vos atrevédes mandádenos un vídeo que o demostre!!!
     Jorge proponvos estes bailes para mover o esqueleto: 

    Galego: Xa sabemos moitas cousas sobre o Concello de Cambados. Estes días foi imprescindible coñecer a poboación dos concellos para saber se había que respectar ou non as franxas horarias. Así é que foi necesario consultar o padrón municital e o censo. Pero que é iso do censo? Na lectura de galego de hoxe ides aprendelo e logo xa poderedes responder. Tendes o documento nun pdf en aula Virtual.


    C. Sociais: Xa dominades o tema dos sectores de produción. Para comprobalo tendes que facer o quizziz  509985 que vos temos preparado ( 15 min) Para saber algo máis sobre a poboación  temos que aprender algo de "demografía". Así é que ides coñecer un montón de conceptos dos que sentides falar moito e que ides dominar xa! Lede o documento pdf do que vos fala da Poboación  e comprobade se xa empezades a ser uns expertos nesta nova ciencia que vos presentamos. (20 min)







    Xoves, 30 de abril de 2020. Día dos Maios

    Matemáticas: Despois de tantos retos hoxe tócanos volver a repasar algo de cálculo. Así é que tendes dous documentos para repasar a multiplicación pola unidade seguida de ceros. Xa sei que o faciades moi ben, pero queremos asegurarnos de que seguides facéndoo igual de ben. Para traballar co primeiro documento podedes usar .... a calculadora! ( ou a calculadora do móbil ou do ordenador).  Logo tedes que facer no caderno de mates as multiplicacións que vos propoñemos.  Atoparédelos no documentos  pdf de Aula Virtual.

    Música: Os que non rematáchedes onte a  canción de maio, revisade as indicacións de Lucía

    •  
    • Mover o recurso

    Practicade un pouco coa frauta, Lucía deixouvos instrucións en Aula Virtual Música 2.020.
    Como podedes ver tendes unha nova canción para practicar:
    Cando vos saia ben, gravade o ensaio e mandámosllo á profe Lucía.

    Volvede practicar un pouquiño coa nova canción do coro das emocións "El guerrero zulú" ademais da de "Vamos todos a cantar" para sentir e disfrutar con todos os da casa. Non esquezades que está pendente ese reto que vos propón de compoñer unha parte da canción "Resistiré" falando de como vivides a Corentena. Practicade un ratiño co xogo Pasapalabra musical de 3º e con calquera dos bailes.  Tamén podedes mirar en:  aprendomusica.com
    (30 min). 
    E bailade:


    Plástica: Como estamos estudando a fondo a nosa localidade,as rúas, os sinais, o tipo de edificios, que menos que intentar reproducir o lugar onde vivimos cogando cos prismas e cubos. Temos un reto dobre: pintar e colorear un prisma (ou un cubo) e convertilo nun dos edificios de Cambados, situar ao seu redor outras casas e edificios, as rúas e, se temos monecos, pois tamén os incorporamos. Os vosos compañeiros de segundo lévannos a dianteira e xa fixeron este tan bonito. Quen o mellora? (50 min)

    Galego: Hoxe é o día que teriamos que estar cantando o maio no cole; moitos de vós xa mandáchedes as cancións, os versos  e as flores. Seguimos necesitando as vosas cancións, os vosos versos e a vosa alegría. Como xa estades facendo moi ben os versos a proposta de hoxe vai ser a de facer  caligramas, isto é, escribir un poema colocando as palabras de xeito que van creando un debuxo, "as ondas do mar" (como teredes no documento de que vos deixo en Aula Virtual) ou , porque non, "un maio" (40 min).

    C. Sociais: Imos coñecer un pouco máis do Concello, en concreto as rúas polas que nos movemos e os sinais de tráfico. Na saída que fagades hoxe, ou estes días tendes a tarefa de observar xustamente os sinais, debuxalos e explicar o que significan. Tendes a información sobre os sinais e os exercicios a reaizar en dous  documentos pdf de Aula Virtual. (40 min).



    Interdisciplinar: Acordádevos de preparar as exposicións orais..



    Mércores, 29 de abril de 2020

    Educación Física: Clan TV con educación Física e EducaciónArtística. Logo fai exercicio  en familia co xogo da oca online. Podedes acceder en Aula Virtual e  continuar co proxecto Ludos:

     3º e 4º

    Batería de exercicios sinxelos

    • Dádelle unha ollada a estes xogos tradicionais. As vosas nais e pais coñecerán moitos deles, ou as vosas avoas. Preguntade, como vos propón o profe Jorge. INVESTIGADE:

    Castelán: Moito temos falado dos verbos, pero pouco os temos estudado. Chegou o momento e ides empezar con estes apuntamentos e uns exercicios moi sinxelos para avaliar como vos vai. Atoparédelos nun pdf do 29 de abril en Aula Virtual. Logo continuaremos con tres páxinas do libro memoria moi bonitas "Para mantenerte ocupado", "Momentos especiales" (este apartado non tendes que cubrilo todo, porque aínda viviredes moitos momentos especiais) e "Carta a mi mismo"


    English: Do the exercises.  (45 min) En Aula Virtual encontraredes as solucións ás actividades da anterior quincena para que poidades correxilas e novas actividades). Continuade realizando as fichas anteriores.Se vos apetece escoitade as canción e vídeos que tendes na parte superior de Aula Virtual onda o Foro de novas.


    C. Sociais. Volvede ler as páxinas   72, 73 e 74 ou o documento Sectores de produción con pictos que vos deixei en Aula Virtual e contestade no caderno de Ciencias ás preguntas desas páxinas. Podedes accedes so ás actividades no documento pdf 29 de abril  de Aula Virtual


    Galego:  Como se achega a festa dos maios, a actividade de hoxe en ler o documento pdf de Aula Virtual 29 de abril e logo consiste en escoitar o ritmo, o retrouso e algunha das cancións de maio que temos cantado no colexio en anos anteriores e que nos recorda a profe Lucía nestes no audios: base ritmica percusiónCanción de maio 1 e Canción de maio 2


    A profe Lucía deixouvos tamén unha nova proposta para gozar da música coa vosa familia co Coro das emocións.



    A tarefa que tendes para hoxe consiste en preparar dúas estrofas para a nosa canción de maio So tendes que escribila, pero tamén podedes mandar unha gravación interpretándoa.



    Martes, 28 de abril de 2020. 

    Matemáticas: Hoxe imos  aprender máis a fondo sobre os traballos e profesións que realizan as persoas que nos rodean, os nosos familiares e os nosos veciños. Empezaremos facendolle unha visita virtual á praza. Cambados rodeada de mar, ten moitos traballadores adicados ao mar: mariñeiros,  mariscadoras ... e moita xente traballando as terras. Todos eles pertencen ao sector Primario.

    Despois de ver este vídeo sobre os peixes que podemos atopar na praza de Cambados imos mercar, co asesoramento da nosa familia, algún peixe e algúns legumes e hortalizas. Tendes os datos no pdf 28 de abril en Aula Virtual. (40 min).


    English: Tamén en inglés empezaredes hoxe cun vídeo cunha canción que compuxo Freddie Mercury do grupo Queen, cando xa estaba moi enfermo:

    Continuade realizando as fichas e comprobando que as tendes ben feitas pois tendes as fichas coas correccións en Aula Virtual.
    As actividades seguintes son voluntarias, de ampliación:
    • Mover

       
    • Mover

       
    • Mover

    Castelán: Continuades co libriño que empezáchedes onte e tendes en Aula Virtual pdf martes 28 de  abril. Hoxe tocaríavos completar as fichas:"Todo sobre mi" e "Como me siento" (40 min)

    C. Sociais: Mirade en Clan TV o programa sobre C. Sociais.. Logo lede as páxinas 72, 73 e 74 sobre os oficios do sector primario (agricultura, gandería, pesca ...) e do secundario (industrias e fábricas, talleres de artesanía...)  que nestes días volven  reanudar as actividades ou do terciario que tanto nos coidaron na corentena (15 min) ; no libro dixital sm de C Sociais:
    Usuario: aulaterceiromag
    Contrasinal: Somosunequipo3
     Logo completades a ficha que tendes en Aula Virtual "O traballo dos veciños" (15 min)


    Castelán - Valores:  Completades a ficha "Mi comunidad" do libriño da memoria da Corentena.
    Por último escribídelle unha carta de agradecemento a unha persoa que  coñezades e que traballe no sector primario ou no  sector terciario (transporte, sanidade, limpeza, policías e corpos de seguridade ...) e que, nestes días, tanto estiveron a traballar por todos nós.(50 min)

     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais.




    Luns 27 de abril 2020. 

    Matemáticas.  Hoxe ides resolver un problema que ten moito que ver coas saídas a menos de 1 km (1.000 metros) da vosa casa e dunha hora de duración. Tam´ne vos propoñemos un xogo que consiste en "Fundir e liquidar os virus" que poida haber po Cambados. Tendes os documentos pdf Luns 27 de abril en Aula Virtual. Preparados ? Pasade un moi bo rato xuntos.(40 min).

    Castelán: Xa camiño do final da Corentena empezaredes hoxe un libriño de oito páxinas que logo poderedes encadernar poñéndolle unha portada bonita. Nela recolleredes as vosas vivencias destes dís. As dúas primeiras páxinas son moi faciliñas. Na primeira coloreades o virus e rotulades o voso nome con letras dobres. Na segunda debuxades á vosa familia na cas (mascotas incluídas). Tendes no pdf 27 de abril  en Aula Virtual (30 min).

    Educación Física: Fai exercicio  en familia co xogo que o profe Jorge vos deixou preparado ou calquera outro que poidades facer mellor en familia.Se vos toca a cuarta casiña teredes que facer este exercicio.












    Tamén tendes máis novidades en Aula Virtual de EF, que vos deixou o profe Jorge, como o prexecto Ludos:

    Proxecto LUDOS



       Neste recuncho poderedes entrar (sempre que vos pete), para divertirvos un rato repasando os contidos de Educación Física, que de seguro recordades (partes do corpo, alimentación, hixiene...  son algúns dos contidos que atoparedes!!
      É recurso interactivo e moi divertido elaborado polo MEC en colaboración coas Comunidades para desenvolver os contidos teóricos dun xeito máis ameno. 
      Aparecerán abaixo  tres enlaces: nos que o primeiro será para @s nen@s de 1º e 2º, segundo para 3º e 4º e o terceiro para 5º e 6º. (Aínda que podedes entrar en calquera deles porque seguro saibades e lembredes moitas das cousas que aparecen neles). Ánimo Campión@s!!

    Batería de exercicios sinxelos


    Galego:  Despois deste fin de semana de buscar e practicar o recitado dun poema en lingua galega, (Rosalía, Cabanillas, García Teijeiro, Mónica Varela ... ) agora tócavos gravar un bonito vídeo que recolla o ben que o facedes, igualiño que no Recital de poesía do colexio. Noa e Miguel xa escolleron o seu. Esperamos a vosa selección.

    Se escolledes un poema de Uxío Novoneira e facedes un debuxo dese poema podedes participar no concurso seguinte:


    C. Sociais: Volvede mirar o vídeo que preparou a alcaldesa para vós. Agora temos que saber agradecerlle o seu cariño e as súas palabras. Escribide unha carta de agradecemento por algo especial que vos di ela no vídeo ou que aprendéchedes ao escoitala coa  explicación sobre as actividades que realizan no Concello. Recordade que ao ser unha carta formal debedes empezar dunha maneira formal (Estimada alcaldesa:    ). Acórdádevos de poñer o punto e aparte despois do saúdo, poñede o lugar e a data da carta na parte superior dereita e usade o tratamento de cortesía sempre: "Vostede". Tamén tendes que usar a fórmula da despedida formal ("Un saúdo afectuoso", ou "Atentamente") e logo a sinatura.

                 Fátima Abal, alcaldesa de Cambados: saúdo.






    Venres 24 de abril 2020. 

    Galego:  Estivestes lendo e presentando propostas preciosas. Agora o reto é máis difícil porque  o que vos propoño require dunha gran sensiblidade e de transmitir unha profunda emoción. Polo tanto, non tendes que mandalo hoxe; tedes de tempo ata o luns. Tendes que gravar a lectura  ou o recitado (sen ler, se o memorizades) dun poema en lingua galega, igualiño que cando fixemos o Recital poético no cole! Se non tendes libros de poesía en galego na casa podedes buscar en internet poemas de Rosalía de Castro, de Ramón Cabanillas, Manuel María, García Teijeiro ... Podedes explorar tamén entre os libros en galego que de forma gratuita ten en internet a editorial Baía. Pero preparade un recitado que nos faga palpitar intensamente. Logo de ter tan ben preparado ese poema ides ter que inventar o voso propio poema. Como tendes ata  o luns para buscar,  escoller ensaiar ... o tempo de galego de hoxe vai ser para escribir. Hoxe é o último día de encerro total porque o luns xa poderedes saír a pasear. O domingo remata o encerro completo . Así é que hoxe ides escribir un poema, ou un relato no que nos contedes as vosas emocións ao longo deste tempo de confinamento,  un pequeno texto (pode ser en prosa ou en verso) cun debuxo falando de cómo vos sentíchedes estes días. 
    Este caderno servirá para construír os vosos soños. Agora que todos estamos nas nosas casas aproveitaremos para compartir os nosos mellores e peores momentos coa familia, as persoas educadoras e as coidadoras. É o mellor momento para facer todo o que axude a sentirse ben a participar nunha actividade para poder realizar na casa",  explica o director do colexio, Alfonso, e pídenos algo máis: 
    "Logo enviádenoslas ao centro por correo electrónico (cep.antonio.magarinhos@edu.xunta.es) e así para poder realizar un libro recordo."


    English: Do the exercises.  (45 min) En Aula Virtual encontraredes as solucións ás actividades da anterior quincena para que poidades correxilas e novas actividades. Carlos e Paula deixaron para vós varios vídeos na parte de arriba (debaixo do foro de novas) e varios exercicios para que fagades, mirade os desta semana.TODO ESTE APARTADO É DE TIPO VOLUNTARIO. SON PROPOSTAS DE AMPLIACIÓN:

    A partir de hoxe tendes que enviarlle as tarefas de inglés aos profes Carlos e Paula, para que poidan verificar que as estades facendo e correxindo. O seu correo é o seguinte:

    Isto foi o que prepararon para vós. Tendes que descubrilo en Aula Virtual English 2020. Como vedes xa están publicadas as correccións da fichas desta última quincena de abril e indícase a secuencia proposta para realizar as actividades de inglés: 


    Castelán: Realizade os exercicios de Competencia Lectora que tendes no pdf 24 de abril  en Aula Virtual (30 min). Explora  os libros que vos deixei na Tómbola en Aula Virtual e pensa en cal deles che apetecería ler ou mirar. Colle un  libro  e comenta coa túa familia un anaquiño que che guste, como facemos no cole. Pídelle aos teus familiares que compartan tamén contigo un anaquiño dun dos seus libros preferidos. (20 min).


    C. Sociais:  Onte escribíchedes un discurso como alcaldes e alcaldesas de Cambados. Hoxe ides convertirvos en guías turísticos e tedes que facer unha ruta por Cambados. Tendes que seleccionar os lugares que queredes presentar e o orden que ides seguir na vosa camiñata por Cambados para ilos presentando. Ides ofrecerlle aos turistas do voso grupo un folleto (acordádesvos de todos os folletos que tiñamos na auls?) . Para preparalo tendes dous documentos en Aula Virtual, un sobre a Vila de Cambados e o outro sobre Fefiñáns e unha plantilla. Podedes recortar, pegar, debuxar ou crear vos mesmos o folleto como máis vos guste. Podedes tamén consultar a información que vos ofrece o  propio Concello sobre os lugares de interese ou a Wikipedia. Sorprendédenos!Acordádevos de marcar co número 1 o lugar de encontro onde empezaredes a visita, co número 2, o seguinte lugar, así ata o último lugar (que pode volver ser o punto de inicio)


    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións 10 (5 min).  Agora toca resolver en familia uns novos Retos 14-17  para que todos pasedes un moi bo rato xuntos cos arquivos sempre en Aula Virtual e continuar co  repaso.(30 min). Se precisade revisar como se facían as aproximación dádelle unha ollada ao caderniño de mates de Santillana na páxina 9


    Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais. Ánimo. Temos moitas ganas de vervos!!!



    Xoves 23 de abril de 2020. Día do Libro

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións  9 (5 min). Logo resolvede os retos que vos propoñemos, como vos indicamos nas instrucións, podedes resolvelos en familia e algúns dos retos poden ter varias solucións. Atoparédelos no documentos  pdf de Aula Virtual:  Retos en familia  e logo continuades cun pequeno repaso de mates  (50 min).

    Música: Practicade un pouco coa frauta, Lucía deixouvos instrucións en Aula Virtual Música 2.020.

    Continuade coa canción"Un ratón me persigue". Tende en conta estas instrucións que vos puxo en Aula Virtual:
    "Después de practicar el ejercicio anterior con las notas Sol-La-Si, puedes interpretar esta canción.
    Fíjate que en la partitura, aparece un compás para escuchar y el siguiente para que lo repitas tú, y así hasta el final.
    Primero estúdiala despacito y cuando ya hayas practicado dale al "play" y....a disfrutar!"

    Cando vos saia ben, gravade o ensaio e mandámosllo á profe Lucía.

    Volvede practicar un pouquiño coa nova canción do coro das emocións "El guerrero zulú" ademais da de "Vamos todos a cantar" para sentir e disfrutar con todos os da casa. Non esquezades que está pendente ese reto que vos propón de compoñer unha parte da canción "Resistiré" falando de como vivides a Corentena. Practicade un ratiño co xogo Pasapalabra musical de 3º e con calquera dos bailes.  Tamén podedes mirar en:  aprendomusica.com
    (30 min). 

    Plástica: Hoxe, como é o Día do Libro, tendes que debuxar e pintar a portada do voso libro favorito en calquera idioma (galego, castelán, inglés ...). Facédea perfecta, sen unha soa raia , sen un so oco branco sen pintar.Acordádevos de perfilar de negro os debuxos para que se noten ben. Podedes facer unha marxe de 2m en cada lado do folio, como na clase.  Sodes incribles e marabillosos e sempre o facedes xenial, pero hoxe máis aínda porque logo mandarémoslle a foto a Paula e formará parte da historia do colexio. (50 min)

    Galego: Hoxe, como é o Día do libro,(xa sei que me repito) toca presentar tamén o noso libro favorito en lingua galega. Como xa fixestes o martes tendes que dicirnos o título, autor e editorial do libro escollido, contar moi brevemente o seu argumento e lernos un anaquiño que vos guste moito e que teñades moi ben preparado, para que poidamos gozar da dicción entonaciónn , beleza e especialmente da emoción que nos comunicades. (40 min)


    C. Sociais: Imos coñecer un pouco máis a fondo o Concello, non so o territorio que forma o Concello de Cambados, as súas parroquias e os seus lindes, como xa vimos onte, senón como funciona e como se organiza. Para iso tendes que ler a información sobre o Concello de Cambados que vos deixamos no documento pdf de Aula Virtual. Logo tendes que escribir un Discurso. Ides imaxinarvos que sodes o alcalde ou a alcaldesa de Cambados e tendes que falar cos vosos conveciños para explicarlles que ides facer durante os catro anos do voso mandato.  Falade do voso Cambados soñado. Empezadedes dicindo "Queridos cambadedes e cambadesas:" (Nun renglón aparte iniciades o discurso preséntándovos e explicando o que ides facer para mellorar Cambados. Rematades o discurso agradecendo a confianza e a atención prestada. Mínimo 12 liñas. (40 min).


    Interdisciplinar: Como, hoxe é o Dia do Libro, (por se non o notarades) Paula e as profes do equipo de Bibloteca propóñennos sacarnos unha foto co noso libro favorito, ou debuxar a portada do nosos libro favorito. Logo eu mandareilles as fotos e elas comporán un libro e un vídeo con todas as nosas aportacións. Conto con vós. O equipo de biblioteca conta con vós. Podedes mandar a vosa foto co libro e a portada que debuxáchedes ou unha das dúas.



    Mércores, 22 de abril de 2020

    Educación Física: Clan TV con educación Física e plástica. Logo fai exercicio  en familia cun novo xogo que o profe Jorge vos deixou preparado. Podedes acceder en Aula Virtual, Diversidade deporte. (45 min). Se vos toca a cuarta  casiña teredes que facer este exercicio. Se é posible mandádenos unha foto co que se vos ocorra facer e como conseguides realizalo.



    Castelán: Comprensión lectora sobre unha parte do capítulo XX de "Don  Quijote de la Mancha"  Ides lelo nunha versión dixital do Instituto Cervantes (final da páxina 3 e inicio da 4) que vos vai permitir coñecer o significado das palabras que teñen números arábigos (1, 2, 3 ... ) so con pasar co rato por riba, ou aspectos da forma de expresión de Miguel de Cervantes na súa época (Século XVII ou Século de Ouro) pasando por riba dos números romanos (I, II, II, IV ...) co rato. Logo ledes ese mesmo texto no documento que vos deio nun pdf en Aula Virtual facedes un debuxo sobre este episodio e  respondedes a algunhas preguntas sobre o texto.


    English: Do the exercises.  (45 min) En Aula Virtual encontraredes as solucións ás actividades da anterior quincena para que poidades correxilas e novas actividades). Reed your book and study. Try to see a film in English.


    C. Sociais. Mirade o vídeo que vos preparamos facendo un percorrido con Google Earth Pro polo Concello de Cambados con destinao a ...?. A actividade que tendes que facer hoxe é localizar a vosa casa en Google Maps ou do rueiro que vos deixamos en Aula Virtual coa axuda dos vosos pais e ademais situades  tres lugares importantes de Cambados e marcades o percorrido dende a vosa casa a eses lugares. Logo aprendede o nome das parroquias de Cambados e os seus lindes no documento que tendes en Aula Virtual.




    Galego:  Hoxe imos repasar algo de ortografía. Lede, aprendede e facede no caderno os exercicios da páxinas 151 e 152 do voso libro ou do pdf que vos deixo en Aula Virtual. (30 min)



    21 de abril de 2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións  9 (5 min). Logo toca repasar a técnica da multiplicación e da división cando hai ceros polo medio no pdf de Aula Virtual do 21 de abril. Lede ben as normas, tratade de ver se as entendedes e logo poñédeas en práctica  (50 min).

    English: Do the exercises.  (45 min) En Aula Virtual encontraredes as solucións ás actividades da anterior quincena para que poidades correxilas e novas actividades. Tendes tam én vaios vídeos e actividades de comprensión na parte superios (debaixo do foro de novas) en Aula Virtual (Podedes seguir dende as 10:30 na TVG2 o inglés cos Bolechas)

    Castelán: Collede o voso libro favorito en lingua castelá e gravade un pequeno vídeo no que nolo presentades: título, autor, editorial e argumento (moi breve) e lede un dos vosos anaquiños preferidos (Asegurádevos de coidar moito a entonación, o ritmo e a emoción que lle poñedes ás palabras que ledes ) (30 min co tempo de preparación da lectura)


    C. Sociais: Mirade en Clan TV o programa sobre C. Sociais.. Logo lede as páxinas 64 e 65 sobre as normas de convivencia na familia e na escola que nos recordan os nosos deberes e os nosos dereitos; do libro dixital sm de C Sociais:
    Usuario: aulaterceiromag
    Contrasinal: Somosunequipo3

    Galego - Valores:  Completade as  táboas sobre o reparto de tempos e tarefas na casa, que tendes nun pdf 21 de abril en Aula Virtual;  reflexionade sobre se na vosa casa, a colaboración de todos, a igualdade e o respecto forman parte das normas de convivencia.  Logo terás que pasarlle unha enquisa aos teus familiares, que terán que valorar como está a ser o teu grao de colaboración e compromiso na casa. Tamén teredes que resolver un novo Reto en famila pois debedes de poñervos de acordo en cales son as cinco normas que todos debedes cumprir na casa e desas cinco cal é a norma máis importante. Por último has de valorar cal é a norma estrela da clase. Tendes en Aula Virtual un pdf con varias das normas que temos na clase e terás que escoller as cinco máis importante; a norma estrela segundo o teu parecer terá 3 puntos.  Ao final do día publicarei cal é a norma que, entre todos, foi considerada a "Norma estrela" da clase.

     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais.



    Luns 20 de abril 2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións 8 (5 min).  Agora toca resolver en familia uns novos Retos 6-7-8 e 9 e facer cálculos para resolver un problemiña de Sandra.  Preparados ? Pasade un moi bo rato xuntos cos arquivos que tendes en Aula Virtual.(40 min).

    Castelán: Realizade os exercicios de repaso dos pronomes que tendes no pdf 20 de abril  en Aula Virtual (30 min).

    Educación Física: Fai exercicio  en familia cun novo xogo que o profe Jorge vos deixou preparado. Podedes acceder en Aula Virtual, Diversidade deporte. (45 min). Se vos toca a primeira casiña teredes que facer este exercicio. Se é posible mandádenos unha foto co circuito que se vos ocorra facer e como conseguides realizalo. Pero repetide varias veces o cirtuito.



    Galego:  Facede os exercicios 1 e 2 da páxina 152.  Mirade logo este vídeo porque vos propoñe que fagades un PAREADO xogando tamén coa palabra "zapatillas" e unha parte do corpo.  Podedes ver os exercicios en Aula Virtual no pdf luns 20 de abril.





    C. Sociais:  Xa podedes ver o voso libro dixital sm de Sociais tanto no móbil como no ordenador cun montón de xogos. Entrades poñendo o nome de usuario e contrasinal que vos indico e accededes ao libro de Ciencias Sociais. Para velo mellor no móvil podedes descargar a app SMSavia. Esta ferramenta permite incluso descargar os contenidos para poder usarlos sin conexión a internet.
    Usuario: aulaterceiromag
    Contrasinal: Somosunequipo3
    Empezaremos a coñecer un pouco máis polo miudo o noso Concello de Cambados. A primeira tarefa que vos propoño é ler a carta dunha nena que fala do pobo no que está e que podedes ver no pdf en Aula Virtual. Logo escribide tamén vós unha carta falando do voso pobo e contando todas as cousas bonitas que hai e é importante visitar.



    Venres 17 de abril 2020. 

    Galego:  Hoxe toca falar. Imos facer un xogo de pensar palabras en lingua galega, pero antes tendes que intentar falar en galego. Para xogar tendes que ser polo menos dous. Cada un de vós ten que falar durante un minuto contando un conto, un chiste, unha aventura, o que quere facer dentro dun ano ... SO EN GALEGO; gana o que sexa capaz de falar máis tempo sen pasarse á lingua castelá. Despois deste tempo de quecemento xa podedes empezar a xogar ao xogo das Categorías de onte, pero desta vez pensando palabras en galego: substantivos (nomes das cousas que podemos ver, sentir), adxectivos (palabras que nos din COMO son as cousas)  ou verbos (accións). Tendes a plantilla de Categorías en Aula Virtual no pdf venres 17 de abril.

    English: Do the exercises.  (45 min) En Aula Virtual encontraredes as solucións ás actividades da anterior quincena para que poidades correxilas e novas actividades. Reed your book and study. Try to see a film in English. (Podedes seguir dende as 10:30 na TVG2 o curso de inglés cos Bolechas). Carlos deixou para vós varios vídeos na parte de arriba (debaixo do foro de novas) e varios exercicios para que fagades, mirade os desta semana.

    Castelán: Realizade os exercicios de Competencia Lectora que tendes no pdf 17 de abril  en Aula Virtual (30 min). Colle un bo libro e comenta coa túa familia un anaquiño que che guste, como facemos no cole. Pídelle aos teus familiares que compartan tamén contigo un anaquiño dun dos seus libros preferidos. (20 min). E xa que andades cos libros invítovos a que gravedes unha pequeniña montaxe facendo unha pequena frase (ou historia) xogando cos títulos de varios libros que teñades na casa tal e como fan neste vídeo que vos deixo.


    C. da Natureza: Clan TV. Xa podedes ver o voso libro dixital sm tanto no móbil como no ordenador cun montón de xogos. Entrades poñendo o nome de usuario e contrasinal que vos indico e accededes ao libro de Ciencias da Natureza, o noso corpo crece e realizades as actividades interactivas (man negra). (40 min). Para velo mellor no móvil podedes descargar a app SMSavia. Esta ferramenta permite incluso descargar os contenidos para poder usarlos sin conexión a internet.
    Usuario: aulaterceiromag
    Contrasinal: Somosunequipo3



    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións 7 (5 min).  Agora toca resolver en familia uns novos Retos 4- 5 e facer cálculos para preparar o Batido preparados para que todos pasedes un moi bo rato xuntos cos arquivos sempre en Aula Virtual.(30 min).

    Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais. Ánimo. Temos moitas ganas de vervos!!!






    16 de abril de 2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións  6 (5 min). Logo resolvede os retos que vos propoñemos, como vos indicamos nas instrucións, podedes resolvelos en familia e algúns dos retos poden ter varias solucións. Atoparédelos nos dous documentos  pdf de Aula Virtual:  Retos en familia e "Bizcocho de yogurt"   (50 min).

    Música: Practicade un pouco coa frauta, Lucía deixouvos instrucións en Aula Virtual Música 2.020.

    Tamén vos puxo unha nova canción do coro das emocións "El guerrero zulú" ademais da de "Vamos todos a cantar" para sentir e disfrutar con todos os da casa. Non esquezades que está pendente ese reto que vos propón de compoñer unha parte da canción "Resistiré" falando de como vivides a Corentena. Practicade un ratiño co xogo Pasapalabra musical de 3º e con calquera dos bailes.  Tamén podedes mirar en:  aprendomusica.com
    (30 min). 

    Plástica: Hoxe imos empezar a crear, construir e imaxinar con figuras xeométricas. Tedes que pintar moi, moi ben o prisma que encontraredes en Aula Virtual Matemáticas. Non poden notarse as raias e non pode quedar unha esquiniña sen pintar (agás as solapas nas que logo poñeredes o pegamento). Logo recortades e, coa axuda dun adulto dobrades e pegades para ter o voso prisma. Cando estea rematado tendes que facer unha construción con outras pezas que teñades na casa e compoñer unha montaxe orixinal e creativa. O prisma poderase convertir en calquera cousa que a vosa imaxinación vos diga.No caso de que non poidades facer un prisma tendes que localizar calquera prisma na vosa casa para facer a montaxe. Sorprendédenos. A creatividade ao poder!!! (50 min)

    Galego: Hoxe imos profundizar e aprender mellor os pronomes persoais dos que levamos falado tanto na clase. Primeiro mirade como os pronomes acompañan sempre ao verbo, estudando o verbo querer, que tanto vos gusta conxugar. Logo facede no caderno os exercicios que vos deixamos no pdf de Aula Virtual: Os pronomes persoais .  (45 min)

    C. da Natureza: Onte todos preparáchedes unha fantástica mestura homoxénea. Hoxe propoñémosvos unha actividade na que ides ter que xogar en familia e ten que ver co que coñecedes sobre os materiais que vos rodean (xa sabedes, a materia coa que se constrúen os obxectos que vos rodean) É un xogo moi parecido ao Scatergoris, ou ao de Categorías. Tendes as normas do xogo e a plantilla en Aula Virtual no pdf 16 de abril (30 min).






    Mércores, 15 de abril de 2020

    Educación Física: Clan TV con educación Física e plástica. Logo fai exercicio  en familia cun novo xogo que o profe Jorge vos deixou preparado. Podedes acceder en Aula Virtual, Diversidade deporte. (45 min). Se vos toca a primeira casiña teredes que facer este exercicio. Se é posible mandádenos unha foto co circuito que se vos ocorra facer e como conseguides realizalo.



    Castelán: Comprensión lectora sobre o xogo do diábolo e exercicios de repaso que podedes descargar de Aula Virtual pdf de 15 de abril.

    English: Do the exercises.  (45 min) En Aula Virtual encontraredes as solucións ás actividades da anterior quincena para que poidades correxilas e novas actividades). Reed your book and study. Try to see a film in English.

    C. da Natureza: Xa que andamos pola casa, que menos que acompañar, axudar e practicar ... no mellor laboratorio do mundo mundial: a cociña. Hoxe tendes o reto de preparar unha mestura homoxénea, si xa sabeses, esa na que non se distinguen os ingredientes. Pero como tamén sabedes en que consiste unha dieta saudable e a importancia de tomar froita cada día e algo de leite a receita que vos propoñemos seguro que vos sae bordada  (batida, máis ben!) Si. tendes que preparar un batido de froitas e se pode ser, gravar o proceso. Primeiro mirade como fai esta compañeira no vídeo e logo inventades vós o voso propio batido segundo os ingredientes que teñades na casa. Xa nos contaredes como foi a experiencia. Cando rematedes acordádevos de recoller, deixar todo moi limpiño e tirar os restos  no contedor correspondente (regla dos tres R)  ( 50 min)

    Galego:  Xa non tedes que seguir  escribindo o diario (se vos apetece podedes continuar, por suposto; tal vez  acabedes sendo uns fantásticos escritores ou escritoras, quen sabe!!! O que si tendes é que escribir a receita do batido que antes preparastes. Ou a receita do que vos gustaría preparar se é que non tiñades na casa os ingredientes e o facedes outro día. (15 min) Para rematar lede a curiosa historia de como naceu o trigo no libro de galego, páxinas 142, 143 ou no pdf do 15 de abril que vos deixo en Aula Virtual; e logo contestade ... Pensades que de veras aconteceu dese xeito ou é unha hiistoria fantástica? (30 min)

    Para os que vos guste máis a repostería, podedes facer un biscoito bicolor coa receita de biscoito que vos deixo en Aula Virtual e que tamén podedes seguir neste vídeo, que, ademais vola explica con linguaxe de signos.
     


    Martes, 14 de abril de  2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións 5  (5 min). De seguido realizade o Quizziz de repaso de numeración de 3º  co número 299947 (10 min). Logo resolvede no caderno os problemas que vos propoñemos (un deles tendes que inventalo! e que aparecen  en Aula Virtual nun pdf do 14 de abril.  (30 min).

    English: Do the exercises.  (45 min) En Aula Virtual encontraredes as solucións ás actividades da anterior quincena para que poidades correxilas e novas actividades. Reed your book and study. Try to see a film in English. (Podedes seguir dende as 10:30 na TVG2 o curso de inglés cos Bolechas)

    Castelán:  Le as páxinas136 e 137 do teu libro de castelán (en voz alta tres veces moi amodo e entonando moi ben, e logo en silencio tamén tres veces e anotando o tempo) ou do documento pdf que tes en Aula Virtual do 14 de abril.  (20 min).Logo tes que facerlle unha entrevista a un compañeiro de clase ao que poidas chamar e escribila logo nun folio, con moi boa letra e seguindo estas normas (30 min):.Escribes con letra doble y coloreada el nombre de la persona a la que entrevistas. En el primer párrafo presentas a esa persona indicando quien es y por que has querido entrevistarla.  Luego empiezas la entrevista escribiendo siempre  tu nombre en mayúsculas o en un color diferente al texto de la pregunta. Escribes punto y aparte  al terminar la pregunta.   Antes de escribir la respuesta escribes también con mayúscula, o con otro color, el nombre de tu amigo, y a continuación, la respuesta. Terminas con punto y aparte. Has de escribir por lo menos cinco preguntas y sus correspondientes respuestas. Terminas la entrevista dándole las gracias a tu amigo por su tiempo y su atención. .

    C. Sociais: Mirade en Clan TV o programa sobre C. Sociais. (30 min hora)

    C. Natureza 3ºB: Mirade o documento que tendes en Aula Virtual sobre os Hábitos saudables. Escollede un deles e preparade un cartel ben chamativo nun eslogan, mellor con rima, para concienciar a todos da importancia de seguir ese hábito que escolleches. O cartel podes pintalo ou montar un collage. Incluso podedes crear un "anuncio televisivo" e gravalo, pero neste caso a música que poñedes de fondo tamén será importante.(30 min)

    Galego - Valores:  Escribídelle unha carta á vosa profe, ao voso profe (3ºA), na que lle contedes que nestes día descubríchedes os vosos "superpoderes" (polo menos tres), ou sexa, contades cales son as vosas mellores características e o que se vos da xenial  (30 min). Recordade todas as partes da carta (data e lugar, saúdo, corpo da mensaxe, despedida, sinatura)... Escribídeo nun folio coa vosa mellor letra e rematade a carta co voso debuxo e unha capa de superheroe ou de superheroína.

     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais.



    3 de abril 2020. 

    Galego:  Recordade continuar escribindo o diario, explicade nel cal foi o momento do día, no que o pasáchedes mellor (10 min). Escribide unha fábula. Recordade que os protagonistas son animais e que debedes transmitir, coa historia, unha ensinanza (se a ensinanza vai nunha oración final con rima...mellor). No primeiro parágrafo presentades aos personaxes , situádelos nun lugar moi lonxano fai moito, moito tempo e explicaes cal é o conflito co que se atopan. No segundo parágrafo contades como vai pasando a historia, poñedes poñer un diálogo entre eles ... No último parágrafo rematades coa ensinanza ( se poden ser dous versos rimando mellor). Recordade que debedes revisar o escrito léndoo completo (frases con sentido, puntos ao rematar cada oración, ortografía ..) . Cando pensades que xa está perfecto, pasádelo a limpo nun folio (usade plantilla) cun título destacado con letras dobres e coloreadase coa mellor letra que tendes. (50 min)

    English: Do the exercises. (30 min). Reed your book and study. Try to see a film in English or sing a song in English.

    Castelán: Realizade os exercicios de Competencia Lectora que tendes no pdf 3 de abril  en Aula Virtual (30 min). Colle un bo libro e comenta coa túa familia un anaquiño que che guste, como facemos no cole. Pídelle aos teus familiares que compartan tamén contigo un anaquiño dun dos seus libros preferidos. (20 min)


    C. da Natureza: Clan TV. Escribide un pequeno resumo co que aprendéchedes hoxe no programa da tele. Que recordades? (10 min). Debuxade (ou facede un collage) creando a pirámide dos alimentos, (podedes revisar os apuntamentos de onte en Aula Virtual), pero colocando na pirámide os alimentos que escribíchedes onte no menú semanal. (40 min)

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións (5 min).  Pedídelle aos maiores que vos ensinen a xogar á escoba coas cartas e ides practicando o cálculo mental mentres xogades en familia. Se non é posible, podedes realizar a vosa actividade preferida das que tendes en Aula Virtual, ou podedes inventar dous problemas. Cada problema ten que resolverse con dúas operacións e serán os vosos pais os que o resolvan!!! (30 min)


     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais. Pasádeo moi ben con todos os que vos acompañan e que tanto vos queren. Lede, xogade, cantade, bailade e ride moito, moito.






    2 de abril de 2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións (5 min). Logo facede os problemas da páxina 115 do voso libro que podedes ver tamén no pdf xoves  2 de abril de Aula Virtual  (40 min). Sempre podedes consultar o vídeo e as páxinas LIM de exercicios anteriores na Aula Virtual  se o precisades.

    Música: Practicade un pouco coa frauta. Podedes mirar en:  aprendomusica.com
    (10 min). Gozade tamén e practicade a canción que Lucía preparou para vós no Coro das Emocións en Aula Virtual Música 2020. 

    Plástica: Hoxe tendes que debuxarvos co vosos compañeiros de clase (polo menos catro) dándovos a man; porque aínda que non poidamos darnos a man de verdade, nun debuxo podemos facelo sempre. Sentide a presenza, a alegría e a proximidade de cada un deles, como no cole e, se queredes, podedes incluírme a min tamén que teño moitas ganas de volver abrazarvos e ao profe Rodiño e aos outros profes, se vos cabemos todos nese abrazo grande.   (40 min) Nota: Se vos gusta máis a técnica do collage podedes facer a composición cos amigos con diferentes recortes e texturas en vez do debuxo, ou facelos con plastilina e mandarme a foto. Incluso podedes facer un Stop Motion como vos ensinaron onte en Clan. A creatividade ao poder!!!

    Galego:  Recordade continuar escribindo o diario. (15 min). Repasade a ortografía practicando con algunhas actividades interactivas que encontraredes en aula virtual. (10 min) Hoxe tócanos ler unha fábula, ou moitas! As fábulas son contos nos que os animais son os protagonistas. As fábulas sempre teñen unha ensinanza, unha mensaxe que debemos aprender. Saberedes descubrila? As fábulas máis bonitas e coñecidas son as de Iriarte e Samaniego. Podedes preguntarlles aos vosos pais, seguro que saben moitas! Lede a fábula da páxina 133 do voso libro ou do pdf  de Fábulas que tendes en aula virtual e facede os dous exercicios. (15 min)

    C. da Natureza 3ºA e 3ºB: Todos sabemos o importante que é a hixiene. Estes días máis que nunca hai que lavar moi ben as mans. Tamén sabemos da importancia do exercicio físico, como nos recorda sempre o profe Jorge. E da alimentación saudable que sabemos? Lede con moita atención o pdf que vos fala dos alimentos e a dieta saudable en Aula Virtual. Logo tendes que preparar, coa vosa familia, unha proposta de menú saudable para toda a semana: Déixovos a plantilla tamén en aula virtual. Un menú saudable debe incluír cada día algo de froita e algo de verduras. (50 min)




    1 de abril de 2020

    Educación Física: Clan TV con educación física. Logo fai exercicio  en familia cun novo xogo que o profe Jorge vos deixou preparado. Podedes acceder en Aula Virtual , Diversidade deporte. (45 min)

    Castelán:Polisemia. Ficha de actividades sobre as palabras polisémicas do pdf do 1 de abril de aula virtual. Páxina 145, exercicios 20, 21 e 22.  (45 min). Contades dende hoxe co libro dixital de edebé co código e contrasinal que vos deixo en Aula Virtual castelán na parte superior debaixo do foro.  

    Contraseña: 123456

    English: Do the new exercises. (30 min). Reed your book and study. Try to see a film in english.


    C. da Natureza 3ºB: Toca demostrar o que sabedes. Ides realizar a ficha de avaliación deste tema sen consultar os apuntes e poñedes a puntuación que vos correspondería. Logo nun folio en branco debedes escribir todo o que recordades do tema como fixemos na clase. Cos apartados en vermello e o contido en azul. Teredes que poñer como apartados na materia, a definición, propiedades, tipos, estados, cambios de estado. Na parte de materiais a definición as clases de materiais segundo a orixe e as propiedades  e usos así como a regla dos tres R.  ( 50 min)

    C. da Natureza 3ºA. Debuxade no caderno de ciencias os aparatos respiratorio e excretor coas súas partes. Podedes consultar o   pdf Aparatos da nutrición de aula virtual. Logo facede un resumo sobre o aparato circulatorio e tentade debuxar o corazón por dentro.

    Galego:  Recordade continuar escribindo o diario. (15 min) Repetide Quizziz Posesivos co código 766238 os que aínda non conseguíchedes completar correctamente todos os items. Logo realizade os exercicios de ortografía sobre o G que tedes no pdf do mércores 1 de abril en aula virtual, páxina 130- 131 do libro, exercicios do 2 ao 6. (30 min)

    Música:Practicade un pouco de flauta en:  aprendomusica.com
    (10 min)


     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais. 



    31 de marzo 2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións (5 min). Relizade no caderno os exercicios que aparecen tamén en Aula Virtual nun pdf do 30 de marzo.  (40 min).

    English: Do the exercises. (45 min). Reed your book and study. Try to see a film in English.

    Castelán: Ficha de Comprensión da lectura Martes, 30 de marzo. (20 min). Le e goza co teu libro favorito. (25 min)

    C. Sociais: Mirade en Clan TV o programa sobre C. Sociais. (1 hora)

    C. da Natureza 3ºA: Escribide un texto que empece así: "Son unha mazá ..." no que viades describindo todo o voso percorrido polo tubo dixestivo dende que entrades na boca dun rapaz; contade o que vos vai pasando en cada lugar ata chegar ao ano ... ou máis alá. Mínimo 8 liñas con boa letra e moi ben presentado. (30 min)
    C. Natureza 3ºB: Fichas sobre os Materiais e sobre Materiais e medio ambiente que tendes en Aula Virtual. (30 min)

    Galego - Valores:  Recordade continuar escribindo o diario. (15 min) Hoxe  imos realizar unha actividade en familia do programa Educación Emocional no que participamos. Tedes que empezar reflexionando sobre estas preguntas: Podemos vivir sen emocións? Que nos aportan? Que nos quitan? Son necesarias todas as emocións? Logo vemos un anaquiño da película "Del Revés" (que podedes encontrar en Aula Virtual- Atención á diversidade- Cine); son so catro minutos (o ideal sería que puidésedes vela enteira en familia). Ao rematar debedes responder a estas preguntas: Que emocións aparecen no vídeo? Cales pensades que sentides con máis frecuencia? Que opinades das cores que representan a cada emoción? Logo nun folio pintade unha silueta do voso corpo e enchede ao longo do día a silueta de cores, das cores que máis representen as emocións que ides sentindo ( ira: vermello; tristeza, azul; medo, morado; alegría, amarelo ou laranxa; asco ou desagrado: verde e sorpresa, rosa). Estade atentos a como vos sentides ao longo do día e cando sintades ira ou rabia, tristeza, medo, alegría ... debuxades a cor de cada emoción no lugar da silueta onde o sintades no corpo. Ao remate do día facedes un repaso de como vos foi o día e se vedes que vos esquecéchedes dalgunha emoción completádela. (30 min)


    Música: Mirade os vídeos tan bonitos sobre o Coro das emocións que colgou Lucía en Aula Virtual Música 2020, especialmente o voso de terceiro.


     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. 




    30 de marzo 2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións (5 min).  Consultade, se o necesitades o vídeo para aprender a dividir que tendes en Aula Virtual para recordar como facer as divisións . Logo facede algúns exercicios das actividades  "Aprender a dividir" , Dividir entre 2, Dividir entre cualquier divisor  (10 min) e por último realizade no caderno os exercicios 1 e 2 da páxina 114 do Libro de Santillana que tendes en aula virtual ou no pdf do 29 de marzo.  (50 min)
    Mirade en Clan TV o programa sobre matemáticas.
    Recordade  que para acceder ao libro dixital debedes poñer a 
    Licenza: 99999980-18078-0001 
    Contrasinal: uWn94tgi

    Castelán:
     Repasa as normas para clasificar as palabras segundo a acentuación e logo fai os exercicios que tes no pdf 29 de marzo en Aula Virtual. (20 min).  Colle un bo libro e comenta coa túa familia un anaquiño que che guste, como facemos no cole. Pídelle aos teus familiares que compartan tamén contigo un anaquiño dun dos seus libros preferidos. (20 min)

    Educación Física: Xoga 45 minutos en familia cada día ou ao xogo da oca que vos deixou o profe Jorge. En cada  casilla que vos toque tendes que repetir os exercicios entre 10 e 15 veces. (45 min)

    Galego: Recordade continuar escribindo o diario (cinco oracións de oito palabras) e explicade nel cal foi o mellor momento do fin de semana, contade como vos sentides e o que desexades (15 min). Vocabulario de animais. Páxinas 126 e 127 do libro de galego (ou documento pdf do 29 de marzo en Aula Virtual). Usade o diccionario RAG que tedes nunha das pestanas deste blog, pero recordade que os verbos so aparecen en infinitivo: bruar, rinchar, bear, ouvear ... (30 min)


    C. Natureza 3ºB: Toca seguir estudando a materia; hoxe repasade os materiais coa presentación que vos deixo en Aula Virtual ou no pdf Materiais. Nun papel vello probade a facer a táboa para ver de cantos materiais e propiedades vos acordades.
    C. Natureza 3ºA: Hoxe empezaredes a aprender os catro aparatos que participan na Nutrición: aparato dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. Revisade a presentación que tendes en Aula Virtual sobre as Funcións vitais e logo a dos Aparatos da Nutrición (20 min) con audio ou en pdf Aparatos. No caderno de ciencias debuxade o aparato dixestivo con todas as partes do tubo dixestivo e as glándulas. Coloreádeo. (15 min).

    Música: Estudade a partitura e practicade coa frauta.
    (10 min)

     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais.


    27 de marzo 2020. 

    Galego:  Recordade continuar escribindo o diario, explicade nel cal foi o momento do día no que o pasáchedes mellor (10 min). Escribide unha carta na que lle contedes a un amigo doutro cole que é o que máis vos gusta do cole Magariños e da vosa aula de 3ºB. Recordade o formato que han de ter as cartas (data e lugar arriba á dereita, encabezado na  esquerda con dous puntos e aparte, o corpo da carta , a despedida e a sinatura.) (30 min) Recordade a importancia de usar plantilla, escribide coa vosa mellor letra e sede moi coidadosos coa puntuación e  a ortografía. Repaso dos Quizziz  Demostrativos co código 900621 e Quizziz Posesivos co código 766238 . (10 min)

    English: Do the exercises. (30 min). Reed your book and study. Try to see a film in English or sing a song in English.

    Castelán: Realizade no caderno os exercicios de Competencia Lectora sobre o chocolate do Caderno Santillana, páxinas 12 e 13 (30 min)

    C. da Natureza: Clan TV. Escribide un pequeno resumo co que aprendéchedes hoxe no programa da tele. Que recordades? (30 min)

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións (5 min).  Consultade, se o necesitades o vídeo para aprender a dividir que tendes en Aula Virtual para recordar como facer as divisións . Logo facede algúns exercicios das actividades  "Aprender a dividir" , Dividir entre 2, Dividir entre cualquier divisor  (20 min) e por último realizade no caderno os exercicios que aparecen tamén en Aula Virtual do Caderno Santillana, páxina 23  (30 min)


     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais. Pasádeo moi ben con todos os que vos acompañan e que tanto vos queren. Lede, xogade, cantade, bailade e ride moito, moito.



    26 de marzo 2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións (5 min). Lede o texto: La división en 3º.   Facede o Quizziz 752101 sobre a división (5 min). Logo facede o test  sobre a división e os exercicios sobre os reloxos que aparecen tamén en Aula Virtual  (50 min). Sempre podedes consultar o vídeo e as páxinas LIM de exercicios anteriores na Aula Virtual  se o precisades.

    Música: Estudade a partitura e practicade coa frauta. Podedes mirar en:  aprendomusica.com
    (10 min). Gozade con este vídeo da 5ª Sinfonía de Beethoven. en Aula Virtual: Diversidade

    Plástica: Xogade con diferentes materiais e texturas para facer unha composición plástica como víchedes onte en Clan TV ou facede un collage recortando e pegando. Procurade ter un fondo moi chamativo.   (40 min)

    Galego:  Recordade continuar escribindo o diario. Falade dos vosos amigos, do que  vos une, do que botades de menos de cada un. (20 min). Lede varias veces en silencio e logo en voz alta a lectura das páxinas 122 e 123 que vos deixo en Aula Virtual. (10 min) Anotade o tempo que tardade en cada vez. Logo facede no caderno os exercicios de comprensión lectora das páxinas 124 e 125, do 1 ao 6, cos debuxos, e sen facer as raias da táboa, senón escribindo as respostas en fila.(30 min)

    C. da Natureza: Tratade de realizar, sen consultar o libro ás preguntas das fichas que vos deixo en Aula Virtual sobre as propiedades da materia e os estados da materia. Logo abride o libro para buscar a información e comprobar que o fixestes ben. (50 min)


     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais. 



    25 de marzo 2020. 

    Educación Física: Clan TV con educación física. Logo xoga en familia cada día ou ao xogo da oca que tendes da semana pasada. (45 min)

    Castelán: Quizziz dos demostrativos 614402, intentade mellorar os vosos resultados (10 min).  Exercicios de repaso dos determinantes: pdf en aula virtual do mércores 25. (30 min)

    English: Do the exercises. (30 min). Reed your book and study. Try to see a film in english.


    C. da Natureza: Toca investigar: Collede cinco prendas de roupa distintas e escribide no caderno a súa composición (la, algdón, poliester ... indicando, se o pon a etiqueta a % de cada compoñente. ). Escribide na libreta o que coméchedes en todo o día e valorade cales vos aportaron proteínas, cales vitaminas e minerais e cales hidratos de carbono ou graxas. (30 min)

    Galego:  Recordade continuar escribindo o diario. Falade dos vosos amigos, do que  vos une, do que botades de menos de cada un. (20 min). Como remate da unidade 7 volvede facer un cómic que teña como temática o coronavirus. Podedes poñer o número de viñetas que queirades e os globos que queirades tamén, pero recordade que o que ides escribir estará en letra MAIÚSCULA. Ten que estar moi ben pintado. (50 min)Tendes que usar regra obrigatoriamente na liñas. Deixade 2 cm de marxe en cada lateral.

    Música: Estudade a partitura e practicade coa frauta. Podedes mirar en:  aprendomusica.com
    (10 min)


     Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais. 



    24 de marzo 2020. 

    Matemáticas: Practicade o cálculo rápido de divisións (5 min). Lede o texto: La división en 3º. Consultade, se o necesitades o vídeo para aprender a dividir que tendes en Aula Virtual para recordar como facer as divisións . Logo facede algúns exercicios das actividades  "Aprender a dividir" , Dividir entre 2, Dividir entre cualquier divisor  (20 min) e por último realizade no caderno os exercicios que aparecen tamén en Aula Virtual nun pdf do 24 de marzo.  (30 min). Para facer os repartos, pensade en euros a repartir, lacasitos, sementes, mascarillas dos sanitarios...

    English: Do the exercises. (45 min). Reed your book and study. Try to see a film in english.

    Castelán: Ficha de Comprensión da lectura Martes, 24 de marzo. (20 min). Ficha de repaso da análise dos substantivos (Podes responder no caderno). Le e goza co teu libro favorito. (25 min)

    C. Sociais: Mirade en Clan TV o programa sobre C. Sociais. (1 hora)

    Galego - Valores:  Recordade continuar escribindo o diario. Hoxe  poñede en valor todo o que fan por vos os que vos rodean  e anotade que tarefas estades a facer cada día na casa para axudar: poñer a mesa, recoller, pasar a aspiradora, limpar o po, facer a cama ... (20 min)


    Música: Estudade a partitura e practicade coa frauta. Podedes mirar en:  aprendomusica.com
    (10 min)



     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. 



    23 de marzo 2020. 

    Matemáticas: Consultade o vídeo para aprender a dividir que tendes en Aula Virtual para recordar como facer as divisións dun número de tres cifras entre un número dunha cifra. Logo facede algúns exercicios da actividade  "Aprender a dividir" e por último realizade no caderno os exercicios que aparecen tamén en Aula Virtual nun pdf do 23 de marzo.  (50 min)
    Mirade en Clan TV o programa sobre matemáticas.

    Castelán:
     Describe nun folio, ao teu pai. Primeiro revisa os pasos para facer unha descrición da páxina 122 e 123 do libro , cubre a ficha para tomar datos que está en Aula Virtual (ou anota os datos interesantes nun papel) e logo fai a descrición seguindo as indicacións propostas no pdf do día 23 de marzo. (40 min)

    Educación Física: Xoga 45 minutos en familia cada día ou ao xogo da oca que tendes da semana pasada. (45 min)

    Galego: Anuncio. Lede a información sobre como facer un anuncio na páxina 116 do libro e  inventa un anuncio seguindo as indicacións que tes no pdf sobre anuncios da aula virtual.(45 min). Recordade continuar escribindo o diario.


    C. Natureza: Toca seguir estudando a materia. Estudade a parte do texto que fala sobre a materia. Tendes varios textos: texto do libro, texto lectura fácil, texto con pictos. Probade a ler e gravar o voso propio audio (7 min) e escoitádeo varias veces. Logo escribide nun folio, sen mirar, o texto completo como fixestes na clase usando o bolígrafo vermello para os títulos e o azul para o texto. Tendes un máximo de 30 minutos, como na clase, para escribir, sen mirar o libro. Logo comprobade qué vos falta e qué fixéstes moi ben.

    Música: Estudade a partitura e practicar coa frauta.
    (10 min)



     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. 







    18 de marzo 2020. 

    Educación Física: Xogade 45 minutos en familia cada día. Imprimide, se vos é posible este outro xogo da oca e realizade os exercicios en familia. Neste xogo habedes de facer entre 10 e 15 repeticións en cada casilla que vos toque (45 min).



    Castelán: Estudade os determinantes demostrativos e os posesivos. Logo realizade as actividades que están en Aula Virtual neste orde: LIM demostrativos, Actividades demostrativos, Actividades demostrativos II, Quizziz demostrativos código 614402, LIM posesivos. Nas actividades de demostrativas tendes que habilitar co botón dereito do rato Flash Player. Algunhas destas xa as fixestes no cole e iredes moi rápido, válenvos para repasar. Logo, no caderno, despois de escribir a data, analizade  morfolóxicamente esta oración: "Esta casa está preciosa". (50 min)

    English: Do the exercises. (45 min). Reed your book and study. Try to see a film in English.


    Galego: Páxina de diario sobre o día de onte  no caderno de galego: Cinco oracións con oito palabras cada unha aproximadamente no que contaredes as  vosas vivencias e sentimentos no día de onte. Recordade que é fundamental escribir primeiro a data e logo o encabezado "Querido diario:" Continúade coa páxina de diario para o día de hoxe coas mesmas normas (Cinco oracións ...). Quizziz Demostrativos co código 900621 e Quizziz Posesivos co código 766238 . (45 min)


    C. Natureza: Estudade a parte do texto que fala sobre a materia. Tendes o texto "A materia" en Aula Virtual, para os que non puidestes coller o libro. Déixovos un audio para escoitar co texto. Probade a ler e gravar o voso propio audio (7 min) e escoitádeo varias veces. Logo escribide nun folio, sen mirar, o texto completo como fixestes na clase usando o bolígrafo vermello para os títulos e o azul para o texto. Tendes un máximo de 30 minutos, como na clase, para escribir, sen mirar o libro. Logo comprobade qué vos falta e qué fixéstes moi ben.

    Interdisciplinar: Preparade as exposicións orais en lingua galega. Recordade que os que tendes a exposición en castelán teredes que preparar outra distinta en lingua galega. Os que xa a fixestes en lingua galega, prepararedes a seguinte en lingua castelá.

    Música: Estudade a partitura e practicade coa frauta. (10 min)





    17 de marzo 2020. 

    Matemáticas: Exercicios sinalados na Aula Virtual no apartado de matemáticas tema 8, día 17 .  (50 min): Cálculo rápido día 17 ou cálculo rápido on line (non tedes que imprimir, podedes facelo directamente no ordenador, recordade que en moitos ordenadores tendes que permitir, co botón dereito do rato, que se active o Flash Player)), quizziz de repaso de reloxos e de inglés, páxina 89, exercicios 4, 5 e 6 (Copia las palabras del enunciado de la página 89  del libro escritas en azul  con bolígrafo y copia también el enunciado del ejercicio 4. En el margen de tu cuaderno escribe: “Página 89”. Al teminar de copiar el enunciado recuerda que has de escribir las palabras “Datos, Operación, Solución” con bolígrafo rojo.Al terminar de resolver la pregunta que te plantea el ejercicio 4, te inventas una nueva pregunta con los datos del ejercicio que no has utilizado. Al terminar de escribir la pregunta escribes nuevamente en rojo  “Datos, Operación, Solución”. Cuando termines, separas cuatro cuadraditos y copias el enunciado del ejercicio 5; lo resuelves, inventas una nueva pregunta con los datos que no usaste antes, la resuelves; separas cuatro cuadraditos y haces el ejercicio 6 de la misma forma. Siempre, en cada problema, asegúrate de escribir las palabras: “Datos, Operación, Solución” en rojo.) 
    En aula Virtual tendes varias ligazóns para que vaiades recordando a técnica da división.


    English: Do the exercises. (45 min). Reed your book and study. Try to see a film in english.

    Castelán: Biblioteca. Fai uso dos marabillosos libros da biblioteca da túa casa. Relé un dos teus favoritos ou inicia un novo. Le en silencio, lonxe da tele, do tfno ou do ordenador 30 min. Logo, no caderno escribe o título do libro, autor, editorial e o argumento do mesmo ou resume o apartado que queiras compartir. (30 min, lectura, 20 escrita)

    C. Natureza: Cambios físicos e cambios químicos. Realizade na casa un dos experimentos que vos propón o libro ou dos que fixemos na clase de cambios físicos: Pode ser o de fundir o chocolate no microondas cun pouquiño de auga, que tanto vos gustou, o de fundir azucre para facer caramelo se poden acompañarvos os vosos pais, ou simplemente o de colocar nun pratiño unha disolución de auga con sal, poñela onda a ventá ou nun radiador e ver como se vai evaporando. No caderno pon un título para o experimento, explica a finalidade do experimento, os ingredientes, o procedemento, as conclusións e fai un debuxo.  Estuda o apartado de cambios físicos e cambios químicos. Proba a facer un esquema ben feito e ben limpio.  (45 min)

    Valores: Se vos é posible, mirade en familia a película "El hombre que domó el viento"  (Netflix e outras plataformas) e comentádea na casa. Escribide un texto (artigo de opinión) no que  poñades as vosas reflexións sobre a importancia da solidariedade e de quedar na casa estes días. Debe ter, como mínimo, 8 liñas e tres parágrafos. Título destacado, nome do autor debaixo do título, os dous primeiros parágrafos escritos en terceira persoa (sodes xornalistas) e o último, en primeira persoa, recollerá a vosa opinión sobre o tema. (30 min)

    Música: Estudade a partitura e paracticar coa frauta. (10 min)


     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais en lingua galega. Recordade que os que tendes a exposición en castelán tendes que preparar outra distinta en lingua galega. Os que xa a fixéchedes en lingua galega, prepararedes a seguinte en lingua castelá.



    16 de marzo 2020. 

    Matemáticas: Exercicios sinalados na Aula Virtual no apartado de matemáticas tema 7, día 16 .  (45 min).

    Castelán: Comprensión lectora que atoparás en Aula Virtual no apartado de castelán tema 8, día 16.  Tes que lela tres veces en voz alta e outras tres en lectura silenciosa e anotar o tempo que tardas de cada vez. Logo contesta ás preguntas de comprensión lectora. (30 min)

    Educación Física: Xoga 45 minutos en familia cada día. Imprime, se che é posible este xogo da oca e realiza os exercicios en familia. (45 min)

    Galego: Páxina de diario  no caderno de galego: Cinco oracións con oito palabras cada unha aproximadamente no que contaredes as  vosas vivencias e sentimentos no día de hoxe. Recordade que é fundamental escribir primeiro a data e logo o encabezado "Querido diario:" 113, Completade a táboa de posesivos e estudade os posesivos e os demostrativos (20 min). Colle un libro en galego e le, sen interrupcións, durante 10 min.


    C. Natureza: Cambios físicos e cambios químicos. Realizade na casa a experiencia que podedes ver neste vídeo sobre o xabón e os virus e escribide no caderno (no de galego, no de ciencias ou nun folio un texto instrutivo co título destacado e dous apartados: ingredientes (e utensilios) e preparación indicando de forma numerada cada paso. (30 min). Le no teu libro o apartado sobre cambis físicos e cambios químicos e repasa os nomes dos cambios de estado. (15 min)


    Música: Estudade a partitura e paracticar coa frauta.
    (10 min)


     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. 






    12 de marzo de 2020

    Traballo na casa para os días de peche da escola: Cada día teredes que acceder á Aula Virtual e buscar en cada área no tema que estamos traballando as actividades propostas día a día. Xa esán subidas as do vindeiro luns nas área s de matemáticas, galego e castelán. En breve iremos subindo as de C. da Natureza, música,  EF e Inglés.

    A diferenza do tempo de vacacións tendes que adicar, como no colexio, catro horas ao traballo na casa das distintas áreas. Quédavos moito tempo para estar coa familia e tempo para o lecer.

    Dado que algunha das libretas de cadrícula e de pauta están a piques de rematar, recomendámosvos compralas antes de que pechen as librerías.


    Recordámosvos a importancia de lavar moito as mans e quedar na casa.

    Desexámosvos a vós e ás vosas familias que todos esteades ben neste tempo.


    11 de marzo 2020. 

    Naturais
    : Estudar tema completo, especialmente os apartados que hoxe non soubéchedes contestar.   (15 min)

    English. Activity Book, page 35: Copy (15 min).

    Castelán: Descripción (15 min).

    Galego: Páxina 110. Exercicios 1, 2 e 3. (15 min).

    Música: Estudade a partitura e practicar coa frauta.

     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. Empezamos nesta semana.





    10 de marzo 2020. 

    Naturais
    : Páxina 66. Realizar a táboa coas columnas: fabricado de ..., materiais, propiedades ... e estudos de diversos materiais e as súas propiedades.   (30 min)

    English. Study your notebook (15 min).

    Música: Estudade a partitura e practicar coa frauta. (15 min)




     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. Empezamos nesta semana.





    9 de marzo 2020. 

    Galego: Páxinas 114-115. Copiade o recadro azul. Exercicios, do 1 ao 5.  (30 min)

    Matemáticas: Páxina 101, exercicio 5 (10 min).

    Castelán. Analiza morfolóxicamente as palabras da oración que está escrita no caderno (10 min).

    Música: Estudade a partitura e practicar coa frauta.


     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. Empezamos nesta semana.



    6 de marzo 2020. 

    C. Natureza: Estudade os materiais: que somn, os tipos de materiais e as propiedades. Usade a técnica LER; lede dúas veces polo menos, facede o esquema nun papel vello e repetíde varias veces oralmente cada apartado. Logo buscade no dicionario o significado de cada propiedade dos materiais e escribide as definicións no caderno. (30 min).

    Galego: Páxinas 113, Exercicios, 4, 6 e 7. Ficha de lectura (15 min)

    English: Activity Book, page 36 copy; page 35, exercises 25 & 27.; page 80, exercises 1, 2, 3; page 81, exercises 1, 2 &3. 2Worksheet (15 min).

    Música: Estudade a partitura e practicar coa frauta.


     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. Empezamos nesta semana.



    5 de marzo 2020. 

    C. Natureza: Estudade as características de cada estado e os nomes dos cambios de estado. Recordade os experimetnos que fixemos na clase (10 min).

    Galego: Páxinas 113, Completade a táboa de posesivos e estudade os posesivos e os demostrativos (20 min)

    Matemáticas: páxina 99, exercicio 2: as divisións e a súa proba.  (20 min).


    Música: Estudade a partitura e paracticar coa frauta.
    (10 min)

     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. Empezamos nesta semana.


     4 de marzo 2020. 

    C. Natureza: Escribide na libreta o esquema coas propiedades, tipos e estados da materia. (5 min).

    Castelán: Páxinas 120-121, copiado do recadro verde; exercicios 1, 2, 3, 4 e 5 (40 min)

    English:Activity Book, page 34 copy; page 35, exercises 23 & 24. (10 min).


    Música: Estudade a partitura e paracticar coa frauta.
    (5 min)

     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. Empezamos nesta semana.



    3 de marzo 2020. 

    C. Natureza: Escribide na libreta que é a materia, a masa e o volume e logo facede un esquema con estes aspectos : materia: definición e propiedades (masa e volume) Páxinas 60 e 61 do libro, exercicios 1, 2 , 3 e 4. (20 min).

    Matemáticas: Páxina 68, exercicios 1, 2 e 3 (no exercicio 2 non se fan restas parciais ao dividir, no exercicio 3 escribimos datos, operacións e solución en vermello despois do enunciado do problema) (10 min)

    English:Worksheet. (10 min)

    Música: Estudade a partitura e paracticar coa frauta.
    (10 min)

     Interdisciplinar: Preparada as exposicións orais. Empezamos nesta semana.(10 min)



    2 de marzo 2020. 

    C. Natureza: Lede aunidade 4 completa. Facédevos estas preguntas: "Que sei eu xa deste tema? Que quero aprender?". (30 min).

    Castelán: Páxina 129, copiado do recadro verde; exercicios 21 e 22 (10 min)

    Galego: Terminade o cómic. (10 min)(. Os personaxes han de estar coloreados e perfilados de negro.Todo o texto estará en letras maiúsculas. ( 10 min)

    Música: Estudade a partitura e paracticar coa frauta.
    (10 min)




    27  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Estudar todo o que estivemos vendo ata agora. Mañá teremos o exame. Ficha de repaso. (45 min). Acordádevos do método LER: Ler dúas veces, facer esquemas nun papel vello e repetir, repetir e repetir ata que os nomes vos saian perfectos.

    Música: Estudar a partitura e paracticar coa frauta. 
    (15 min)


    21  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Estudar todo o que estivemos vendo ata agora. Faremos o exame o venres, 28. Preparade, co voso equipo, un experimento que deixe a todos coa boca ben aberta. Tendes que presentar un informe escrito de sete a  dez páxinas: portada, índice, introdución, materiais, proceso, conclusión, bibliografía.Tendes todo o mes de marzo para presentalo.

    Castelán/ Galego: Exposición oral de 20 minutos sobre o tema que vos queirades. Podedes usar vídeos ou unha presentación ppt, para acompañar a exposición. As exposicións irédelas presentando ao longo do mes de marzo. Faremos o exame de galego o xoves, 27.

    Galego: Noticia "O festival de Entroido no Magariños". Recordade: sodes reporteiros e tendes que escribir a noticia en terceira persoa. No último parágrafo ncluiredes a opinión dos nenos ou dos pais e nais que acodiron ao festival ...

    Matemáticas:Páxina 107 de repaso acumulativo (todos). Nos problemas, despois de escribir o enunciado poñedes en vermello datos, operacións, solución e facedes un debuxo se vos parece oportuno.


    English:
    Pupil´s Book. Paxe 34, exercise 14, in your notebook. Activity: page 31, exercises 8, 9 e 10; page 79, exercise 12.  Worksheet.



    20  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Estudar todo o que estivemos vendo ata agora. Mañá aprenderemos máis sobre o aparato excretor e o sistema circulatorio. (30 min).Traede a folla de rexistro das comidas desta semana.

    Castelán/ Galego: Páxina de diario sobre os robots que esta semana tivemos na clase.  Acordádebos de poñer un título destacado e facer un debuxo.  (20 min)



    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.  Hai que aprendela ben. Tratade de practicar o baile facendo todos os xestos. (10 min)


    NOTA: Mañá podedes traer orellas e filloas para compartir na media mañá. 
    Vinde xa disfrazados de roqueiros. Podedes traer os pelos pintados, cardados e como máis vos guste.




    19  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Son unha mazá. Texto escrito en primeira persoa contando o que me pasa dende que un neno me mete na boca... Menciono as partes do aparato dixestivo polas que paso é o que me pasa en cada parte. (30 min). Mañá tendes que entregar a folla de rexistro das comidas desta semana.


    English: Páxina 30, exercicios 4, 5 e 6. (10 min)

    Castelán: Estudar os artigos determinados e indeterminados, xénero e número, así como os sufixos e as palabras con ga, gue, güe... para o exame de mañá (10 min)


    Galego: Receita de filloas ou orellas. A receita terá como mínimo dúas partes, ingredientes e preparación. Nos ingredientes han de especificar os gramos. Na preparación cada paso irá cos numerais 1°, 2°, 3° ... (10 min)


    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.  Hai que aprendela ben.




    18  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Ler  co moita atención as páxinas 48, 49, 50 e 51. Facede un esquema na libreta usando regra se o precisades e a pirámide dos alimentos ben coloreada cos alimentos de cada tipo e a frecuencia de consumo.para comprobar que o facedes ben. Estudar os tipos de nutrientes e a pirámide alimenticia.  (45 min). Acordádevos do que gardamos na nevera para recordar cada tipo de alimentos e de nutrientes.
                                           
         
    English: Worksheet. (15 min)


    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.  Hai que aprendela ben.




    17  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Ler  co moita atención as páxinas 48, 49, 50 e 51. Facede un esquema nun papel velo para comprobar que o facedes ben. Estudar os tipos de nutrientes e a pirámide alimenticia.  (15 min).


    Castelán: Páxinas 112, todos (agás o ditado). (45 min)


    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.  Hai que aprendela ben.

     
    14  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Estudar as partes do aparato dixectivo. Cubrir a ficha sobre as comidas que facemos   cada día.  (30 min).


    English: Worksheet. (15 min)

    Castelán: Páxinas 110 e 111, todos (agás o ditado)(15 min)


    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.  Hai que aprendela ben.



    13  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Estudar as etapas da vida e as características de cada etapa. Facer un mapa conceptual no caderno.  (30 min).

    Matemáticas: Repasade ben a taáboa e como estimar produtos. Practicade moito cos reloxos. (15 min)

    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.  Hai que aprendela ben.(15 min)



    12  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Estudar músculos, ósos e articulacións, os sentidos, os órganos dos sentidos e o nome dos nervios que envían a información ao cerebro.  (10 min).

    Galego: Páxina 98, exercicios, 2, 3 e 1.   (15 min).

    Castelano: Pasade a limpo a descrición da paisaxe que vimos na clase. (15 min)

    English: Activity Book, page 30, exercise 4. Worksheet only exercises 1, 2 & 3. (15 min)



    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.



    11  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Estudar músculos, ósos e articulacións, os sentidos e os órganos dos sentidos. Na libreta de ciencias escribir o nome de cada órgano e as súas partes. Estudar as partes de cada órgano (20 min).

    Matemáticas: Rematar ficha das multiplicacións. (20 min). Repasade a táboa para facer o cálculo rápido de divisións.

    English: Activity Book, page 29, exercises 1 & 3. Three worksheets. (20 min)


    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.




    10  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Estudar músculos, ósos e articulacións, os sentidos e o s órganos dos sentidos. (10 min)

    Matemáticas: Rematar ficha dos reloxos. (10 min). Repasade a táboa para facer o cálculo rápido de divisións.

    Galego: Carta a un amigo. Páxinas 96 e 97, exercicios 2, 3, 4, 5 e 6. (40 min)


    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase. (10 min)




    7  de febreiro 2020. 

    C. Natureza: Ficha e estudar músculos, ósos e articulacións. (30 min)

    Matemáticas: Ficha dos reloxos. Practicade moito a hora cada pouco tempo na casa cos vosos familiares. (10 min)

    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase. (10 min)



    Pasade unha marabillosa tarde xogando cos amigos e disfrutando dun bo libro (de 10 min ata o resto da tarde).


    6  de febreiro 2020. 

    Galego: Noticia. Recordade que hai que escribir un titular chamativo e xusto debaixo o nome do xormalista e o lugar dende onde se redacta a noticia. A noticia escribímola en terceira persoa, como xornalistas que falan dos nenos de 3º e do que fixeron. No primeiro parágrafo explica o xornalista a onde foron os alumnos/as de 3º e PARA que. No seguinte parágrafo poden explicar cal foi a flora ou a fauna que atoparon e as curiosidades que aprenderon. No seguinte parágrafo conta o nome dos montes, illas, río ... que obxervaron dende o mirador. Pode explicar que outras cousas fixeron os nenos/as de 3º e rematarán a noticia informando da valoración que o alumnado fixo desta saída. Acompañan o texto dun debuxo coloreado relacionado coa noticia. (40 min)

    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase. (10 min)


    Pasade unha marabillosa tarde xogando cos amigos e disfrutando dun bo libro (de 10 min ata o resto da tarde).

    5 de febreiro 2020. 

    C. da Nutureza: Ficha (10 min).

    Galego: Páxinas 92 e 93, exercicios de 3 ao 6. (40 min) 


    Música: Estudar partitura de música. (10 min). Practicade coa frauta.


    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.



    4 de febreiro 2020. 

    C. da Nutureza: Estudar, coa canción do corpo os ósos do corpo humano ( 10 min).

    Galego: Lemos varias veces a lectura das páxinas 90 e 91. Preparamos a cronolectura.  Facemos oralmente todos os exercicios sobre a comprensión da lectura . (20 min) 

    English:  Two worksheet. (10 min) Happy day!


    Música: Estudar partitura de música. (10 min)

    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.



    3 de febreiro de 2020.

    Castelán: Páxina 104, exercicios do 1 a 5. (40 min)


    C. da Nutureza: Estudar, coa canción do corpo os ósos do corpo humano ( 10 min). 


    Interdisciplinar: Estudar a canción do Entroido. Ides escoitala en castelán pero tendes que estudala en lingua galega coa folla que levastes hoxe da clase.




    31 de xaneiro 2020.

    Galego: Páxina de diario sobre a excursión a Coruña. Falade da saída e adicade un parágrafo a cada un dos museos. Un último parágrafo recollerá a vosa valoración e as mellores vivencias do día. Pasade a limpo o texto dos amigos e do teatro de inglés. (30 min)


    Matemáticas: Ficha de multiplicacións ,( 10 min). 


    English:  Activity Book Page 23,  exercises 8,9 &10. Páxina 26, exercise 14 in your notebook  (20 min).




    30 de xaneiro 2020. Día da Paz

    C Sociais: Levades unha ficha para escribir nela o nome dos montes de Galicia. Facédeo varias veces ata telos dominados. Estudade. (40 min). Pensade nun lema moi cortiño para o voso cartel de plástica sobre o coidado do medio.

    Galego: Páxina de diario sobre a festa do Día da Paz. Falade do que estamos vivindo na aula para crear momentos de Paz, dos debuxos e mensaxes que fixéchedes e tamén das actuacións que houbo no festival e da solta de pombas mensaxeiras. Non esquezades expresar  a vosa valoración do que vivichedes e sentides. (20 min) 


    29 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Páxina 58 (todos) e 59, exercicios 31, 32, 33 e 36.  Estudade. (20 min). Pensade nun lema moi cortiño para o voso cartel de plástica sobre o coidado do medio.

    Galego: Resumo da páxina 88 e exercicios 6 e 7 da páxina 79 (Copiade o recatro azul) . (20 min) 

    English:  Two worksheet. (10 min) Happy day!

    Música: Estudar partitura de música. (10 min)


    Interdisciplinar: Aprendemos a canción de Macaco e a canción "Solo le pido a Dios" de Mercedes Sosa.. Recordade as indicacións da profesora Lucía para cantar e interpretar a canción.


    28 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Completade as dúas fichas que tendes pegadas na libreta coas rías, cabos, illas, ríos e montes de Galicia. Estudade. (10 min). Pensade nun lema moi cortiño para o voso cartel de plástica sobre o coidado do medio.

    Castelán:Estudade os adxectivos, o uso de -mp, -mb, as familias de palabras, o uso de coma e dous puntos, as partes da carta ... para o exame de mañá. (10 min) Facede este Quizizz para comprobar que o tendes dominado

    English: Activity Book, page 29, exercises 23 & 24; Two worksheet. (20 min) Happy day!

    Música: Estudar partitura de música. (10 min)


    Interdisciplinar: Aprendemos a canción de Macaco e a canción "Solo le pido a Dios" de Mercedes Sosa.. Recordade as indicacións da profesora Lucía para cantar e interpretar a canción. (10 min)



    24 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Estudade as costas e illas de Galicia e repasade os ríos  e montes. Facede os mapas interactivos que tendes na aula virtual. Nun folio preparade un mapa mental que recolla os cambios na paisaxe debidos a efectos naturais e á acción das persoas. Recordade que no mapa mental a clave van ser os vosos debuxos acompañando a cada palabra, debuxos que tedes que presentar coloreados. Facede as liñas con regra (10 min). Pensade nun lema moi cortiño para o voso cartel de plástica sobre o coidado do medio.

    Galego: Pasade a limpo o texto: da descrición do mellor amigo. (20 min)

    Castelán: Lectura en voz alta, coidando as pausas e a entonación, tres veces anotando o tempo na páxina. Ficha (10 min)

    Música: Estudar partitura de música. (10 min)

    Interdisciplinar: Aprendemos a canción de Macaco e a canción "Solo le pido a Dios" de Mercedes Sosa.. Recordade as indicacións da profesora Lucía para cantar e interpretar a canción. (10 min)






    23 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Estudade as costas e illas de Galicia e repasade os ríos  e montes. Facede os mapas interactivos que tendes na aula virtual. Nun folio preparade un mapa mental que recolla os cambios na paisaxe debidos a efectos naturais e á acción das persoas. Recordade que no mapa mental a clave van ser os vosos debuxos acompañando a cada palabra, debuxos que tedes que presentar coloreados. Facede as liñas con regra (10 min). Pensade nun lema moi cortiño para o voso cartel de plástica sobre o coidado do medio.

    Galego: Diario "Teatro de inglés". O primeiro parágrafo é   introdutorio e sinala que fomos ao teatro cos de 3º A .... No segundo parágrafo explicamos o argumento da obra de teatro que vimos. No terceiro parágrafo escribimos a nosa valoración e explicamos cales foron as partes máis divertidas e como nos sentimos.  O texto virá con bolígrafo, letras coloreadas e un debuxo (20 min)

    Matemáticas: Rematar ficha (10 min)

    Plástica:  Decorar unha mqan coa técnica do Zentangle. ( 10 min)

    Música: Estudar partitura de música. (10 min)


    Interdisciplinar: Aprendemos a canción de Macaco e a canción "Solo le pido a Dios" de Mercedes Sosa.. Recordade as indicacións da profesora Lucía para cantar e interpretar a canción.






    22 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Estudade as costas e illas de Galicia e repasade os ríos  e montes. Facede os mapas interactivos que tendes na aula virtual. Nun folio preparade un mapa mental que recolla os cambios na paisaxe debidos a efectos naturais e á acción das persoas. Recordade que no mapa mental a clave van ser os vosos debuxos acompañando a cada palabra, debuxos que tedes que presentar coloreados. Facede as liñas con regra (30 min). Pensade nun lema moi cortiño para o voso cartel de plástica sobre o coidado do medio.

    English: Activity Book, page 24, exercises 11, 12 14; page 25, exercises 15, 16, 17 & 18. (20 min)


    Interdisciplinar: Aprendemos a canción de Macaco e a canción "Solo le pido a Dios" de Mercedes Sosa. (10 min). Recordade as indicacións da profesora Lucía para cantar e interpretar a canción



    21 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Estudade os ríos  e montes de Galicia. Facede os mapas interactivos que tendes na aula virtual, especialmente o dos ríos de Galicia, así como as  actividades sobre o relevo de costa e de interior. (20 min)

    Matemáticas: Páxina 86, exercicios 1, 2 e 3. (20 min)

    English: Worksheet. (10 min)

    Interdisciplinar: Aprendemos a canción de Macaco e a canción "Solo le pido a Dios" de Mercedes Sosa. (10 min). Recordade as indicacións da profesora Lucía para cantar e interpretar a canción.


    20 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Estudade os ríos  e montes de Galicia e memorizade os nomes e o lugar no que se atopan. Estudade todas as definicións das formas do relevo da paisaxe de costa e da paisaxe de interior: que é un cabo, un golfo, unha illa, unha praia. Mañá volvo preguntarvos un a un. Para estudar e asegurarvos que sabedes as definicións escribídeas nun papel vello e logo comprobade que as tedes perfectas.(30 min). Facede os mapas interactivos que tendes na aula virtual, especialmente o dos ríos de Galicia, así como as  actividades sobre o relevo de costa e de interior.


    Interdisciplinar: Aprendemos a canción de Macaco e a canción "Solo le pido a Dios" de Mercedes Sosa.    (10 min).





     17 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Estudade os ríos de Galicia e memorizade os nomes e o lugar no que se atopan. Estudade todas as definicións das formas do relevo da paisaxe de costa e da paisaxe de interior: que é un cabo, un golfo, unha illa, unha praia. Mañá volvo preguntarvos un a un. Para estudar e asegurarvos que sabedes as definicións escribídeas nun papel vello e logo comprobade que as tedes perfectas.(30 min). Facede os mapas interactivos que tendes na aula virtual, especialmente o dos ríos de Galicia, así como as  actividades sobre o relevo de costa e de interior.


    English:  Page 27. Copy and 2 worksheet.  (20 min).


     16 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Estudade os ríos de Galicia e memorizade os nomes e o lugar no que se atopan. Estudade todas as definicións das formas do relevo da paisaxe de costa e da paisaxe de interior: que é un cabo, un golfo, unha illa, unha praia. Mañá volvo preguntarvos un a un. Para estudar e asegurarvos que sabedes as definicións escribídeas nun papel vello e logo comprobade que as tedes perfectas.(30 min). Facede os mapas interactivos que tendes na aula virtual, especialmente o dos ríos de Galicia, así como as  actividades sobre o relevo de costa e de interior.

    Matemáticas:  Páxina 82, exercicio 3 (Non escribades máis de dúas contas en cada fila de libreta.  (20 min).


    Interdisciplinar. Canción " Somos una marea de gente" para o día da Paz.  (10 min) 




    15 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Estudade os ríos de Galicia e memorizade os nomes e o lugar no que se atopan. Estudade todas as definicións das formas do relevo da paisaxe de costa e da paisaxe de interior: que é un cabo, un golfo, unha illa, unha praia. Mañá volvo preguntarvos un a un. Para estudar e asegurarvos que sabedes as definicións escribídeas nun papel vello e logo comprobade que as tedes perfectas.(30 min).

    Galego:  Rematade e ilustrade o conto. Relédeo varias veces para comprobar que ten os puntos finais no final de cada oración.  (15 min).

    English:  Worksheet  (10 min).

    Interdisciplinar. Canción " Somos una marea de gente" para o día da Paz.  (5 min)


    14 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Coloreade de azul os ríos de Galicia e memorizade os nomes e o lugar no que se atopan  Coloreade o mapa mental das paisaxes e reproducídeo varias veces ata que nos saia perfecto. (apaisado).(30 min).

    Matemáticas: Páxina 82, exercicio 2, ( so os catro da fila superior), 15 min. 

    English:  Activity Book Page 23,  exercises 8,9 &10. Páxina 26, exercise 14 in your notebook  (10 min).


    Interdisciplinar. Canción " Somos una marea de gente" para o día da Paz.  (5 min)



     13 de xaneiro 2020.

    C Sociais: Debuxo (coloreado) e as definicións (na páxina seguinte do caderno) do relevo nas paisaxes de interior. Páxina 49 (50 min). Facede o debuxo coa libreta en horizontal (apaisado).


    Interdisciplinar. Canción " Somos una marea" para o día da Paz.  ( 10 min)



     10 de xaneiro 2020.

    C Sociais:Terminar o debuxo e as definicións do relevo nas paisaxes de costa. (20 min)

    English:  Activity Book Page 23,  exercises 5 &6. Worksheet( 10 min)


    Galego. Páxina 78, ex 1, 2 3 e 4. ( 30 min)


    de xaneiro 2020.

    C Sociais:Lemos o tema completo das paisaxes e pensamos : "Que sei eu xa deste tema?, que vou aprender que non sei?, que é o máis interesante?" .  Seguindo a técnoca de LER aprendo xa que son as paisaxes e cales son os elementos que podo encontrar nunha paisaxe. (45 min)


    Galego. Pasamos un bo rato na compaña dun libro, lemos e contamoslle a alguén o que lemos. ( 15 min)


    de xaneiro 2020.

    Galego: Carta para Miriam na que lle contamos o que fixemos no 1º trimestre. Organizamos o escrito en catro parágrafos. No primeiro falamos das cousas que aprendemos. No segundo explicamos cal é o noso método de estudo (LER)  e no terceiro contamos cales foron as actividades máis divertidas do trimestre. Rematamos no último parágrafo falando do que nos resultou máis fácil, do máis difícil e do que aínda temos que mellorar. Recordade que despois de despedirnos temos que poñer a nosa sinatura. (45 min)

    English: Activity Book Page 21, ecercises 1 & 3. Page 22, exercises 4 &5. ( 15 min)


    20 de decembro e 2019.

    Para repasar, practicade un pouco cada día agás sábados, domingos ou os días 24, 25, 31, 1, 5, 6 e 7 que descansades de todo.

    Matemáticas:Copiamos e resolvemos (indicando con vermello as palabras: datos, operacións e solución) un problema cada día das páxinas 69, 71 e 77. 

    Castelán. No caderno escribimos un diario. Cada día escribimos a data e un mínimo de 3 oracións seguindo as pautas que levades indicadas na ficha que tedes na carpeta. Lede un libro en castelán.

    Galego: Lemos o libro " O trompetista e a lúa" que levades na mochila  e calquera outro do voso interese.

    Ciencias: Cada equipo ha de construír un volcán e preparar a exposición oral sobre os volcáns de xeito que cada membro do grupo explique unha parte (mínimo 1 minuto cada membro do equipo). Podedes ir aprendendo tamén diversas partes do corpo e dos órganos dos sentidos ou repasando o que xa estudamos no primeiro trimestre.


    19 de decembro e 2019.

    NOTA: Mañá tedes que vir con xersei branco ou vermello e un gorro, bufanda ou turbante vermellos. O festival empeza ás 10:00 e os vosos pais, nais e avós están convidados. Podedes traer algo para picar para facer unha pequena festa ao rematar o festival.


    18 de decembro e 2019.

    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (20 min)



    English: Study the song (40 min)


    17 de decembro e 2019.

    Matemáticas . Páxina 70, exercicio 2 (Colocade os enunciados en horizontal. Para realizar as contas separade como mínimo 4 cadrados da marxe)  . (20 min).

    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (10 min)


    English: Study the song (30 min)


    16 de decembro e 2019.

    C. Sociais . Fichas de repaso. Utilizade para estudar o libro, o atlas e os apuntamentos que tedes no caderno, para estudar, especialmente para saber as diferenzas entre clima e tempo atmosférico. Estudade as formas de representación da Terra (globo terráqueo, planos, mapas e como orientarnos (N, S L O  segundo a saída do Sol no día, a Estrela Polar na noite ... e repasade o que xa vimos da atmosfera , a hidrosfera e a xeosfera para o exame do martes. (50 min).

    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (5 min)


    13 de decembro e 2019.

    C. Sociais . Estudade as formas de representación da Terra (globo terráqueo, planos, mapas e como orientarnos (N, S L O  segundo a saída do Sol no día, a Estrela Polar na noite ... e repasade o que xa vimos da atmosfera , a hidrosfera e a xeosfera para o exame do martes. (20 min).

    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (5 min)


    Castelán. Estudade as unidades 3 e 4 para o exame do luns: antónimos, xénero e número nos nomes, campo semántico, as receitas (ingredientes e pasos) a invitación, uso do punto e maiúscula ...(30 min).

    Nota: Tendes que prepara o agasallo (custe 0€) para o voso amigo invisible. Traédeo o luns.

    11 de decembro de 2019.

    Galego . Completade a descrición do portacelo. (20 min).

    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (10 min)

    Castelán. Receta de la alegría. (Título con letras dobles coloreadas Recordad que la receta tendra dos partes. Una con el título "Ingredientes" y la segunda con el título "Pasos", que irán numerados (1, 2, 3, 4 ...) (30 min).


    10 de decembro de 2019.

    Galego . Pasade a limpo os textos da Constitución e do Recital de poesía. (20 min).

    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (10 min)


    English. Estudy for the exam. (30 min):


    9 de decembro de 2019.

    Matemáticas . Ficha de repaso de restas. Mañá teremos o exame de sumas e restas con levadas, proba da resta e estimacións de sumas e restas. (30 min).

    Castelán: Páxina 72, exercicio 15; páxina 73, exercicios 16 e 17. (15 min.)

    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (10 min)

    C Sociais. Estudamos as tres capas da xeosfera e os seis continentes. Podedes recordalos co rap dos  continentes:
    . (5 min).



    5 de decembro de 2019.

    Galego. Páxina de diario co título "Recital poético". Nela contarán en primeira persoa como viviron o recital poético ao que estiveron convidados os pais e nais. Noticia sobre o acto da Constitución e o Estatuto. Esta noticia estará escrita en terceira persoa e debe indicar que aconteceu, onde, cando, como ... (30 min)

    "Menos deberes, máis diversión"

    C Sociais. Disfrutade destas marabillosas noites contemplando as estrelas. Para coñecelas ben podedes antes mirar o nome das constelación e como descubrilas nesta ligazón:
    Coñecendo as constelacións.   É unha aplicación gratuíta que tendes que instalar no móbil ou na tablet; orientándoos cara o ceo indícavos o nome da constelación que estades vendo ou os planetas que están nesa dirección, pero non vos rexistredes, entrade so como convidados. (Todas as noites)


    4 de decembro de 2019.

    C Sociais. Estudamos a hidrosfera e debuxamos o ciclo da auga que ven no libro. Coloreamos. (45 min).

    English: 
    Worsheet. (15 min.)


    3 de decembro de 2019. Día Internacional da Discapacidade

    C Sociais. Estudamos fenómenos meteorolóxicos evtamén os instrumentos de medida da estación metereolóxica no Atlas. (15 min).

    Inglés:
    Facemos os exercicios 1 e 2 da páxina 76 do Activity Book e completamos a 1ª columna da ficha das horas. (15 min.)

    Matemáticas: Facemos os exercicios 6, 7 e 8 da páxina 60 do libro. (30 min.)



    2 de decembro de 2019.

    C Sociais. Estudamos a atmosfera (definición, para que serve, composición do aite, partes, contaminación e perigos da contaminación. Utilizamos para estudar o libro e o caderno de clase. Estudamos tamén os instrumentos de medida da estación metereolóxica no Atlas. (30 min).

    Castelán-Galego. Lemos o poema moitas veces ata que nos saia perfecto  (5 min). Mañá será o Recital. Practicade os conceptos traballados na aula en Aula Virtual (15 min)


    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (10 min)


    28  de novembro de 2019.

    Galego. Pasamos a limpo o escrito do diario sobre o Día contra a Violencia de Xénero. Recordade que ha de vir con bolígrafo azul, título destacado e un debuxo. Lemos o poema moitas veces ata que nos saia perfecto  (15 min).

    Castelán. Lemos o poema moitas veces ata que nos saia perfecto  (5 min).

    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (30 min)

    English: Activity Book, exercises 23, 24, 25, 26. Worksheet (second part) (10 min).

    Nota: Para repasar os temas anteriores de castelán, galego e matemáticas, podedes facer os exercicios interactivos que vos preparamos e tendes na Aula Virtual do colexio. Ánimo. Seguro que vos divertides máis. Podedes acceder dende a pestana "Web Magariños" deste blogue ou dende  esta ligazón: AULA VIRTUAL. Tamén podedes practicar xa o tema 5 de mates sobre as multiplicacións.


    28  de novembro de 2019.

    Galego. Estudar o resumo da unidade 3 (páxina 52). Lemos tamén o poema moitas veces ata que nos saia perfecto  (15 min).

    Castelán. Lemos tamén un poema moitas veces ata que nos saia perfecto.(5 min)


    Música: Practicade coa frauta a canción "Navidad en mi ciudad" e  estudade tamén a letra da panxoliña que imos interpretar no Festival de Nadal "Xa me tardan estes magos".   (30 min)


    C Sociais. Estudar a estación metereolóxica no Atlas, especialmente os catro instrumentos de mediada que vimos hoxe. Tedes que saber o nome do instrumento e o que mide. LER (10 min)



    Nota: Para repasar os temas anteriores de castelán, galego e matemáticas, podedes facer os exercicios interactivos que vos preparamos e tendes na Aula Virtual do colexio. Ánimo. Seguro que vos divertides máis. Podedes acceder dende a pestana "Web Magariños" deste blogue ou dende  esta ligazón: AULA VIRTUAL



    27  de novembro de 2019.

    Galego. Na libreta escribimos unha entrevista que podemos facerlle a mamá, papá, a avoa, ou calquera outra persoa que admiramos. Recordade iniciar o primeiro parágrafo presentando á persoa. Logo podedes escribir a entrevista co formato de diálogo (usando guión para cada persoa que fala) e rematamos a entrevista cun agradecemento para a persoa entrevistada. Pasade a limpo a descrición sobre a vosa nai. (Título destacado, bolígrafo azul, marxes ... e debuxo ben coloreado). (30 min)

    Castelán. Lemos tamén un poema moitas veces ata que nos saia perfecto.(5 min)


    English: Worksheets (two).  Paste a worksheet in your notebook. (15 min)


    C Sociais. Lemos a unidade unha completa e respondemos oralmente. Que sei xa deste tema?, que máis cousas quero saber?. Que vou aprender este ano e non vira ata agora? (10 min)



    26  de novembro de 2019.

    Galego. Lemos para relaxarnos e pasar un bo momento vivindo aventuras doutros personaxes. Lemos tamén un poema moitas veces ata que nos saia perfecto. (20 min)

    Castelán. Lemos para relaxarnos e pasar un bo momento vivindo aventuras doutros personaxes. Lemos tamén un poema moitas veces ata que nos saia perfecto. (20 min)


    English: Activity Book, page 16, exercises 14; page 17, exercises 16 & 17. Paste two worksheet in your notebook. (15 min)

    Matemáticas. Seguide practicando a táboa do 7, do 8 e do  9 para mellorar os vosos tempos no cálculo. (5 min)


    25  de novembro de 2019. Día Internacional contra a Violencia de xénero

    C Sociais: Fichas de repaso. Procurade ver que sodes capaces de facer sen axuda e, se tendes que consultar o libro aprendédeo ben. Estudar tema completo do Universo. Mañá teremos o exame. Recordade LER. (30 min).

    Galego. Páxina de diario: Día Internacional contra a violencia de xénero. Usade a plantilla e anotade a data de hoxe. Acordádevos de empezar con "Querido diario". Podedes falar do día de hoxe e o que se quere remarcar neste día. Logo contade o que preparamos hoxe na clase e que aprendéchedes (xogo co paraugas, vídeo do "Maltrato sutil" e xogo do paquete. Tamén podedes comentar o libro "Las niñas vuelan alto" que lemos na clase. (30 min)


    22  de novembro de 2019.

    C Sociais:Estudar tema completo do Universo. O martes teremos o exame. Recordade LER. (20 min).
    Matemáticas. Páxina 60, exercicio 2. Recordade a importancia de colocar correctamente as operacións.  (30 min)


    English: Activity Book, page 16, exercises 11 & 12. Worsheet (10 min)




    21  de novembro de 2019.

    C Sociais:Estudar a Lúa, as Fases da Lúqa e as Mareas. Recordade LER. (20 min).

    Castelán. Ficha de lectura sobre os Dereitos da Infancia e preguntas sobre o texto. Cubride a folla de control da lectura.  (20 min)

    Galego: Páxina 44, exercicios 2 e 3 (20 min)


    20  de novembro de 2019.. Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.

    C Sociais:Definición de tres destas palabras (as que teñas acordado co teu equipo): Sol; Sistema Solar, Terra. Lúa, Fases da Lúa, Movemento de rotación, Movemento de traslación, Eixe de rotación Satélite, Universo, Galaxia, Vía Láctea. Podedes consultar o libro para escribir as definicións. Recordade que en calquera definición a palabra clave é "é" pois tendes que explicar o que é iso que vos preguntan. (15 min).

    Castelán. Páxina 59, exercicios 21 (terminar) e 23 (15 min)

    English: Activity Book, page 17, exercise 5 . Worksheet (15 min)

    Nota: Día Internacional dos Dereitos dos nenos e das nenas: Tendes 15 minutos extras para xogar ou ler.


    19  de novembro de 2019. 

    C Sociais: Páxina 9, exercicios 2, 3 e 4; páxina11, exercicios 9 e 11; páxinas 12 e 13Debuxo da traslación da Terra e as estacións.  Estudar   Xa sabedes LER (Lede varias vexes, esquema na libreta ou nun papel vello e repetir , repetir e repetir) Logo debuxades na libreta o sistema solar e coloreádelo ben (45 min).

    English: Activity Book, page 15, exercise 8, 9 &10 . Copy: page 18, exercise 13 (15 min)


    Nota: Non esquezades cubrir a nova plantilla de control de tarefas e tempos.


    18  de novembro de 2019. 

    Galego:Páxina 40 e 41; rematar os exercicios de comprensión lectora (todos) Recordade que na resposta incluímos o verbo da pregunta e escribimos oracións completas que se inician con maiúscula e rematan con punto. (30 min)

    Matemáticas: Páxina 52, exercicio 3. Nas matemáticas é fundamental o orde e saber organizar o espazo é un dos estándares que temos que acadar. Así é que ademais de realizar ben as resatas temos que colocalas e presentalas correctamente, tanto as restas como as probas. Recordade o que vimos e falamos hoxe na clase e mellorade o voso traballo. Sabedes que ides facelo moi ben..  (15 min)


    Castellano: Aviso para comunicarlles aos pais e nais que teremos unha saía a un museo. Recordade que debedes remarcar ou colorear as palabras clave; que tendes que poñer a data, a hora e o lugar (inventados) e que lles indicaredes que hai que levar o almorzo. Han de incluírse estas palabras "Se comunica a los ..." . Incluíde algún debuxo .(15 min)

    Nota: Traede os exames asinados. Non esquezades cubrir a nova plantilla de control de tarefas e tempos.



    15  de novembro de 2019. 

    Galego:Páxina 38 e 39. Lemos dúas ou tres veces o texto e comprobamos que o estamos entendendo. (podedes probar a ver si sodes capaces de responder oralmente ás preguntas da s páxinas 40 e 41. Logo volvedes ler en silencio, varias veces a páxina 38 para preparar a cronolectura do luns. (15 min)

    C Sociais: Páxina8 Estudar que é o Sol (tres características) e a Terra (tres características)  Xa sabedes LER (Lede varias vexes, esquema na libreta ou nun papel vello e repetir , repetir e repetir) Logo debuxades na libreta o sistema solar e coloreádelo ben (30 min).

    English: Activity Book, page 14, exercise 6 & 7 . Worksheet (15 min)

    Nota: Non esquezades cubrir a nova plantilla de control de tarefas e tempos.


    14  de novembro de 2019. 

    Castelán: Estudar.  Repasade aqueles aspectos que teñades máis floxos:"agudas, llanas, esdrújulas, separación con guión, coma, sinónimos... " Ficha de lectura coa táboa de control. Respondede ás preguntas de conprensión lectora. (30 min)

    Matemáticas: Páxina 52, exercicio 3. Colocade ben as operación. Cada resta terá ao seu lado (ben colocada) a proba coa que tendes que comprobar que está ben feita a resta..  (30 min)



    13  de novembro de 2019. 

    Castelán e galego: Estudar.  (20 min) Repasade aqueles aspectos que teñades máis floxos:"agudas, llanas, esdrújulas, separación con guión, coma, sinónimos... "

    English: Activity Book, page 13, exercise 3; page 14, exercises 4 & 5. (20 min)

    C. Sociais: Lede a unidade completa sobre o universo e estudade, ordenados, o nome dos planetas.  (20 min)



     12  de novembro de 2019. 

    Castelán: Páxina 48. Lede o poema en voz alta, despacio e coidando a entonación. Lédeo varias veces ata que o teñades dominado.  (10 min) O venres temos o exame de castelán. Repasade aqueles aspectos que teñades máis floxos:"agudas, llanas, esdrújulas, separación con guión, coma, sinónimos... "

    English: Activity Book, page 13, exercise 1. (10 min)

    Matemáticas: Páxina 52, exercicio 1 Seguide repasando as táboas de multiplicar.  (20 min)

    Nota: Recordade que tendes que pasar a limpo os escritos da descrición do animal e tamén o do magoste e o samaín. Usade a plantilla para que as liñas vos queden dereitiñas e con marxe. Ilustrade o escrito con debuxos alusivos ao texto.


     11 de novembro de 2019. 

     C. da Natureza:   Repasade e o que estudamos de vertebrados, invertebrados e plantas (especialmente as partes da flor e a fotosíntese, para que non vos esqueza). Maña teremos o exame. (20 min)

    Galego: Páxina de diario co título "Carreira solidaria" Usade a plantilla por debaixo do folio para escribir ben dereitiño.Recordade que ao ser unha páxina de diario ha de empezar coas palabras "Querido diario" e de seguido ha de estar escrita a data curta (no lado dereito). Seguide os pasos que vimos na clase PODER (Pensa, Organiza as ideas, Dirixe o escrito;  Escribe e Revisa). Na parte de organizar as ideas inicia o escrito falando do motivo da carreira. No seguinte parágrafo aporta os datos que recordas sobre a mesma. Noutro parágrafo conta como foi a carreira empezando polo pazo de Montesacro, a chegada a Fefiñáns e a parte final no Pombal. No último parágrafo fai a túa valoración persoal sobre o que viviches e sentiches na carreira. (30 min)

    Matemáticas: Ficha de repaso: sumas .  (10 min)



    8 de novembro de 2019. 

     C. da Natureza: Ficha de repaso.  Repasade e o que estudamos de vertebrados, invertebrados e plantas. O vindeiro martes teremos o exame. (20 min)

    Castelán: Ficha de repaso de separación en sílabas e sinónimos. (20 min)

    Matemáticas: Ficha de repaso: sumas e estimación de sumas.  (20 min)



    7 de novembro de 2019. 

     C. da Natureza:  Repasar e o que estudamos de vertebrados, invertebrados e plantas. O vindeiro martes teremos o exame. (30 min)

    Galego: Describe un lugar. (Imaxe da páxina 33). Recorda que o escrito terá tres parágrafos. No primeiro indica o tio de paisaxe que ves. No segundo desribe o que ves ordenadamente indicando  o que está á dereita, á esquerda, diante, ao fondo ... No último fai un comentario persoal. O escrito terá un título destacado e un mínimo de 8 liñas. Recorda que non has de repetir verbos na medida do posible. (20 min)

    Matemáticas: Páxina 44, exercicio 7.  (10 min)


    6 de novembro de 2019. 

     C. da Natureza: FichasRepasar e o que estudamos de vertebrados, invertebrados e plantas. O vindeiro martes teremos o exame. (30 min)

    Galego:Páxina 30. Exercicios  1 e 3 para separar con guión. Unidade 2. (15 min)

    English: Notebook. Copy (15 min)


    5 de novembro de 2019. 

     C. da Natureza: Repasar e o que estudamos de vertebrados, invertebrados e plantas. O vindeiro martes teremos o exame. (20 min)

    Matemáticas: Páxina 44, exercicio 2. Tendes que copiar o enunciado das sumas en  horizontal e logo resolvelas colocando cada sumando en vertical, de xeito que as unidades estén encima das unidades, as decenas encima das decenas ... Cando teñades o resultado poñede tamén a resposta no enunciado horizontal (30 min).

    Galego: Pasade a limpo nun folio o texto que escribíchedes onte sobre a festa do Samaín e do Magosto no colexio. Recordade que ao ser unha páxina de diario ha de empezar coas palabras "Querido diario" e de seguido ha de estar escrita a data curta (no lado dereito).
    Usade bolígrafo azul e ilustrade o relato cun precioso debuxo. Recordade que o título ha de estar destacada, usando outra cor, maiúsculas ou letras dobles para colorear. (10 min). Tamén tendes que pasar a limpo a descrición do animal.

    Nota: Recordade que algúns de vós tedes que preguntar na casa algunha receita ...


    4 de novembro de 2019. 
    C. da Natureza: Leo as páxinas da unidade 2 que me falan dos peixes e dos anfibios. Leo e releo, fago un esquema ou un mapa mental cos datos novos  e os que xa coñecía no caderno e xa so queda Repetir, repetir e repetir ata ser quen de dicilo sen apoio e sen axuda. Logo repaso o que xa aprendín dos mamíferos e reviso tamén o que xa vimos dos invertebrados, das aves, dos mamíferos e das plantas para asegurarme que  non esquecín datos importantes. Recordade que nos R está o de repasar e revisar. (30 min)





    Matemáticas: Ficha de sumas. (30 min). Repasade ben as táboas. Recordade que o cálculo rápido baixa a 4 minutos.





    30 de outubro de 2019. 

     C. da Natureza: Leo as páxinas da unidade 2 que me falan dos réptiles. Leo e releo, fago un esquema ou un mapa mental cos datos novos  e os que xa coñecía no caderno e xa so queda Repetir, repetir e repetir ata ser quen de dicilo sen apoio e sen axuda. Logo repaso o que xa aprendín dos mamíferos e reviso tamén o que xa vimos dos invertebrados, das aves, dos mamíferos e das plantas para asegurarme que  non esquecín datos importantes. Recordade que nos R está o de repasar e revisar. (30 min)



    English: Worksheet(two). Activity Book, page 67, 74 e 75 exercises. (30 min) 

    Matemáticas: Estudar os números ordinais. Páxina 12, exercicios 1, 2, 3 e 4 . Respectade as normas establecidas para escribir na libreta de mates. (30 min) 


    Linguas: Pasádeo moi ben lendo os vosos libros favoritos (15 min en galego, 15 min en castelán)

    Feliz descanso.

    29 de outubro de 2019. 

     C. da Natureza: Leo as páxinas da unidade 2 que me falan das aves. Leo e releo, fago un esquema ou un mapa mental cos datos novos  e os que xa coñecía no caderno e xa so queda Repetir, repetir e repetir ata ser quen de dicilo sen apoio e sen axuda. Logo repaso o que xa aprendín dos mamíferos e reviso tamén o que xa vimos dos invertebrados. Recordade que nos R está o de repasar e revisar. (30 min)


    Castelán: Leo a historia de Juanito Juanolas e anoto o tempo que tardo en voz alta a primeira vez, a segunda e a terceira. Logo anoto tamén o tempo que tardo na lectura silenciosa. (10 min) 

    English:Activity Book, exercises. (10 min) 

    Matemáticas: Completade as sumas que vos faltan. Imaxinádevos que poderían ser eses números (castañas, euros, globos, caramelos, rapaces do cole ...) e inventade mentalmente problemas con elas. (10 min) 




    28 de outubro de 2019. 

     C. da Natureza: Leo as páxinas da unidade 2 que me falan dos mamíferos. Leo e releo, fago un esquema ou un mapa mental cos datos novos  e os que xa coñecía no caderno e xa so queda Repetir, repetir e repetir ata ser quen de dicilo sen apoio e sen axuda .(40 min)

    Matemáticas: Completade as sumas que vos faltan. Imaxinádevos que poderían ser eses números (castañas, euros, globos, caramelos, rapaces do cole ...) e inventade mentalmente problemas con elas. (20 min) 

    Noraboa a todos pola mellora en lectura. Nótase que estivéchedes lendo moito e ben.




    25 de outubro de 2019. Día Internacional das Bibliotecas escolares

     C. da Natureza: Leo a ficha do animal que escollín e completo a ficha de observación cos datos que logo utilizarei no escrito para describir o animal.(10 min)

    Galego:  Descrición dun animal.Escribimos como título o nome do animal que escollín.  No primeiro parágrafo indicamos se é vertebrado, invertebradd e o grupo ao que pertence. Nosegundo parágrafo explicamos como é o seu aspecto xeral, tamaño, cor, corpo cuberto de ... e indicamos como é a cabeza, o troco, as extremidades ... No terceiro parágrafo relatamos como realiza cada unha das tres funcións vitair: se é carnívoro, hervíboro, omnívoro. De que se alimenta, onde vive, como se relaciona cos outros animais, se corre moito ou pola contra se camufla ou se agacha; como se protexe do frío ou da clar...; ecomo é a súa reprodución (ovípara ou vivípara, cantas crías ten .... No cuarto parágrafo indicamos se hai diferentes tipos de ese animal e por último referimos as curiosidades que nos parezan oportunas. O texto terá oito liñas como mínimo e revisaremos que cada oración empeza con maiúscula e remata con punto. O texto temos que escribilo no folio co plantilla de pauta por detrás.. (30 min)

    English: Worksheet: Read and copy "Use the computer".  (10  min)

    Castelán: Leo Meluye e  anoto o tempo que tardo en voz alta a primeira vez, a segunda e a terceira. Logo anoto tamén o tempo que tardo na lectura silenciosa. (10 min)

     
    24 de outubro de 2019. Día Internacional das Bibliotecas escolares

    Galego:Ficha cun xogo ben divertido. (30 min)

    Interdisciplinar. Lede un  libro do voso agrado como queirades e para quen queirades, so para gozar dun bo momento e da maxia dos libros. (30  min)



    23 de outubro de 2019

    English:Activity Book, page 7 & 8, exercises 9,  12, 14 15 (35 min). Pupil´s Book: Read Unit 1. (40 min)

    Galego: Lede un  libro do voso agrado en voz alta (10 min) e seguide en silencio (10 min).

    Nota: Traede un tarro de cristal e un pouco de algodón. Se tedes na casa podedes traer unhas poucas lentellas.


    22 de outubro de 2019

    Castelán: Ficha de repaso (15 min). Preparamos o exame para o mércores recordando o que é un folleto, como dar consellos, que son as palabras compostas, a ortografía en ca, que, qui co e cu, e tamén os tipos de comunicación verbal e non verbal. (15 min)

    C. da Natureza. Rematade de pasar a limpo o voso mapa mental sobre as planta: bolígrafo, liñas rectas, debuxos ben coloreados. Recordade que ten que haber máis debuxos que palabras. Os debuxos axudan a entender e a explicar. Para completar o voso mapa mental axudádevos das anotacións que tedes no caderno. . Preparade a exposición oral de dous minutos apoiándovos no mapa mental se o precisades. (10 min)

    Matemáticas: Completade as sumas que vos faltan. Imaxinádevos que poderían ser eses números (castañas, euros, globos, caramelos, rapaces do cole ...) e inventade mentalmente problemas con elas. (20 min) 


    21 de outubro de 2019

    Castelán: Ficha de repaso (10 min). Preparamos o exame para o mércores recordando o que é un folleto, como dar consellos, que son as palabras compostas, a ortografía en ca, que, qui co e cu, e tamén os tipos de comunicación verbal e non verbal. (20 min)

    C. da Natureza. Rematade de pasar a limpo o voso mapa mental sobre as planta: bolígrafo, liñas rectas, debuxos ben coloreados. Recordade que ten que haber máis debuxos que palabras. Os debuxos axudan a entender e a explicar. Para completar o voso mapa mental axudádevos das anotacións que tedes no caderno.  (10 min). Preparade a exposición oral de dous minutos apoiándovos no mapa mental se o precisades. (20 min)


    18 de outubro de 2019

    English: Worksheet (20 min)


    Castelán: Lede a lectura tres veces en voz alta e tres veces en silencio anotando cada vez o tempo que tardades na ficha de control. Podedes facer o test de lectura e o test de comprensión lectora. (20 min)


    C. da Natureza. Rematade o voso mapa mental sobre as plantas. Recordade que ten que haber máis debuxos que palabras. Os debuxos axudan a entender e a explicar. Para completar o voso mapa mental axudádevos das anotacións que tedes no caderno. Se vos da tempo coloreade os debuxos moi ben. (10 min).

    16 de outubro de 2019


    Galego. Revisade as anotacións que tendes nas fichas de galego que fixéchedes. Repasade  a unidade 1 completa. Primeiro ledo so os títulos, subtítulos e pés de foto e preguntádevos: "Que recordo eu desta parte? Que vimos na clase?" Seguide vendo os títulos e preguntádevos que sabedes xa do tema. Logo lede polo miúdo aquelas partes que recordades menos, que non entendedes de todo e probade a contestar oralmente aos exercicios. Por último anotade aquelas partes que non entendedes para preguntalas mañá na clase. Estudade os recadriños para recordar:Uso de punto, uso de maiúscula, dúas letras co mesmo son, abecedario, saúdos e despedidas, textos literarios, a vendima. Se aínda vos da tempo, podedes volver practicar o ditado.   (50 min).


    Matemáticas: Practicade co Quizizz coa clave 289987 que tedes na páxina principal tantas veces como queirades ou cos vosos pais as aproximacións. (10 min).
    Tamén podedes practicar coa numeración e o valor de posición dos números con este outro Quizizz coa clave 290672

    E aínda tendes outro máis que combina o repaso completo de numeración e aproximacións , desta volta non precisades clave.


    15 de outubro de 2019

    Galego. Lede a unidade 1 completa. Primeiro ledo so os títulos, subtítulos e pés de foto e preguntádevos: "Que recordo eu desta parte? Que vimos na clase?" Seguide vendo os títulos e preguntádevos que sabedes xa do tema. Logo lede polo miúdo aquelas partes que recordades menos, que non entendedes de todo e probade a contestar oralmente aos exercicios. Por último anotade aquelas partes que non entendedes para preguntalas mañá na clase. Estudade os recadriños para recordar:Uso de punto, uso de maiúscula, dúas letras co mesmo son, abecedario, saúdos e despedidas, textos literarios, a vendima. Se aínda vos da tempo, podedes volver practicar o ditado.   (50 min).



    Matemáticas: Practicade co Quizizz coa clave 289987 que tedes na páxina principal tantas veces como queirades ou cos vosos pais as aproximacións. (10 min).
    Tamén podedes practicar coa numeración e o valor de posición dos números con este outro Quizizz coa clave 290672

    E aínda tendes outro máis que combina o repaso completo de numeración e aproximacións , desta volta non precisades clave.

    14 de outubro de 2019

    C. da Natureza. Estudade as partes da flor, os froitos e as sementes. Repasade o que aprendemos sobre as plantas os días anteriores (50 min).


    Matemáticas: Practicade co Quizizz coa clave 289987 que tedes na páxina principal tantas veces como queirades ou cos vosos pais as aproximacións. (10 min).
    Tamén podedes practicar coa numeración e o valor de posición dos números con este outro Quizizz coa clave 290672



    11 de outubro de 2019

    Galego: Ficha de comprensión lectora. Lede polo menos dúas veces o texto antes de contestar as preguntas. Logo volvede lelo para comprobar que sabedes as respostas. Trátase dunha historia ben bonita e sorprendente. (45 min)

    C. da Natureza. Repetídelle aos vosos país, avós e amigos o que aprendéchedes da fotosíntese e tamén dos animais invertebrados, especialmente dos moluscos gasterópodos como os Caracas. (10 min).


    Matemáticas: Comprobar oralmente cos maiores que son capaces de aproximar ben ata a centena calquera número de dúas cigras (5 min)



    10 de outubro de 2019

    Galego: Probar a buscar a sílaba tónica en calquera palabra que queiran.  (5 min). Ler un libro do seu agrado (10 min)

    C. da Natureza. Estudar o que estivemos vendo sobre as plantas. Recordade, LER:  primeiro ledes polo menos dúas veces os apuntamentos da libreta, logo podedes facer un esquema nun papel vello e por último tendes que repetir, repetir e repetir ata que vos saia perfecto. (45 min).

    Matemáticas: Comprobar oralmente cos maiores que son capaces de aproximar ben ata a centena calquera número de dúas cigras (5 min)

    9 de outubro de 2019

    Galego:  Páxina 26, exercicio 3. Ficha.  (60 min)


    8 de outubro de 2019

    Galego:  Practicade a lectura en voz alta con calquera dos vosos libros favoritos  (10 min)

    Matemáticas:  Páxinas 26 e 27. Lede a información sobre os números romanos para recordar o que descobríchedes hoxe na clase, preguntádevos se saberiades  resolver os retos que se vos propoñen e se tedes dúbidas preguntádelas mañá.  (10 min)

    C. da Natureza. Estudar o que estivemos vendo sobre as plantas. Recordade, LER:  primeiro ledes polo menos dúas veces os apuntamentos da libreta, logo podedes facer un esquema nun papel vello e por último tendes que repetir, repetir e repetir ata que vos saia perfecto. (40 min).

    Grazas por todos os eurizos, castañas e follas que trouxéchedes para amosarlles aos compañeiros. .

    Recordade cubrir a ficha de control de deberes co tempo e sinatura correspondente. 



    7 de outubro de 2019

    Castelán:  Páxina  23, exercicio 17. Estudar o recadro azul da páxina 22 sobre a comunicación. Recordade, LER:  primeiro ledes polo menos dúas veces, logo podedes facer un esquema nun papel vello e por último tendes que repetir, repetir e repetir ata que vos saia perfecto. (20 min)

    Galego:  Practicade a lectura en voz alta con calquera dos vosos libros favoritos (10 min)

    Matemáticas. Páxinas 10, exercicios 1 e 2. Recordase as normas de escrita na libreta. (30 min).


    4 de outubro de 2019

    Galego:  Páxinas 22 e 23. Practicade a lectura silenciosa (10 min)

    Castelán:  Practicade a lectura en voz alta con calquera dos vosos libros favoritos (10 min)

    C. da Natureza. Páxinas 11, 13 e 15, todos os exercicios. Recordase as normas de escrita na libreta. Logo repasade as características dos invertebrados. Recordade, LER:  primeiro ledes polo menos dúas veces, logo podedes facer un esquema nun papel vello e por último tendes que repetir, repetir e repetir ata que vos saia perfecto. (40 min).

    Grazas por todos os folletos que trouxestes.
    Recordade cubrir a ficha de control de deberes co tempo e sinatura correspondente. 


    3 de outubro de 2019

    Galego:  Practicade a lectura en voz alta (10 min)

    C. da Natureza. Páxina 15.  Estudar as características dos invertebrados. Recordade, LER:  primeiro ledes polo menos dúas veces, logo podedes facer un esquema nun papel vello e por último tendes que repetir, repetir e repetir ata que vos saia perfecto. (40 min).

    Castelán: Preguntade polos lugares máis  bonitos de Cambados para visitar e os seus monumentos. Traede folletos sobre lugares que visitáchedes nas vosas viaxes. (10 min)

    2 de outubro de 2019

    Castelán: . Practicade a lectura en voz alta (10 min)

    C. da Natureza. Páxina 9, todos os exercicios (seguindo as normas de escrita nas libretas) (40 min). Estudar as clases de animais (vertebrados e invertebrados) e as características de cada clase  (columna vertebral, partes do corpo, reprodución ...) . Lede no libro as partes que xa vimos na clase. Estudade os esquemas que fixemos na clase e as definicións que tedes escritas na libreta. Tratade de repetilas varias veces sen mirar e comprobades que sabedes expresalas correctamente.(10 min).


    Nota: Traede folletos sobre lugares que visitáchedes nas vosas viaxes.


    1 de outubro de 2019

    Matemáticas: Estudar as táboas . Recordade dicilas seguidiñas de arriba abaixo, de abaixo arriba e salteando. (30 min)

    Castelán: Aprendede o alfabeto. (10 min). Practicade a lectura en voz alta (10 min)


    C. da Natureza. Estudar as clases de animais (vertebrados e invertebrados) e as características de cada clase  (columna vertebral, partes do corpo, reprodución ...) (10 min). Lede no libro as partes que xa vimos na clase. Estudade os esquemas que fixemos na clase e as definicións que tedes escritas na libreta. Tratade de repetilas varias veces sen mirar e comprobades que sabedes expresalas correctamente.


    30 de setembro de 2019

    Matemáticas: Estudar as táboas . Recordade dicilas seguidiñas de arriba abaixo, de abaixo arriba e salteando. (30 min)

    Castelán: Aprendede o alfabeto. (10 min). Practicade a lectura en voz alta (10 min)


    C. da Natureza. Estudar as clases de animais (vertebrados e invertebrados) e as características de cada clase  (columna vertebral, partes do corpo, reprodución ...) (10 min)


    27 de setembro de 2019

    Matemáticas: Estudar as táboas do 2, 3, 4, 5, 6, 7,  8 e 9. Recordade dicilas seguidiñas de arriba abaixo, de abaixo arriba e salteando. (30 min)

    Castelán: Aprendede o alfabeto. (10 min). Practicade a lectura en voz alta (10 min)


    C. da Natureza. Repetide varias veces que é a Nutrición (Proceso que consiste en inxerir alimentos que se transformarán en nutrientes e enerxía para crecer) e a Relación (Proceso polo que recibimos a información, a procesamos e reaccionamos ante ela) (10 min)


    26 de setembro de 2019

    Matemáticas: Estudar as táboas do 2, 3, 4, 5, 6, 7 e 8. Recordade dicilas seguidiñas de arriba abaixo, de abaixo arriba e salteando. (30 min)

    Castelán: Aprendede o alfabeto. (10 min). Practicade a lectura en voz alta (10 min)


    C. da Natureza. Repetide varias veces que é a Nutrición (Proceso que consiste en inxerir alimentos que se transformarán en nutrientes e enerxía para crecer) e a Relación (Proceso polo que recibimos a información, a procesamos e reaccionamos ante ela) (10 min)



    25 de setembro de 2019

    Matemáticas: Estudar as táboas do 2, 3, 4, 5, 6 e 7. Recordade dicilas seguidiñas de arriba abaixo, de abaixo arriba e salteando. (30 min)


    Castelán: Aprendede o alfabeto. (20 min). Practicade a lectura en voz alta (10 min)



    24 de setembro de 2019

    Matemáticas: Estudar as táboas do 2, 3, 4, 5, 6 e 7. Recordade dicilas seguidiñas de arriba abaixo, de abaixo arriba e salteando. (30 min)

    Castelán: Aprendede o alfabeto. (20 min). Practicade a lectura en voz alta (10 min)