2.4.20

Día Internacional do Autismo

Xuntámonos a esta data tan especial e para facerlle chegar o noso cariño a todos os compañeiros e compañeiras con autismo aquí vai o noso apoio.

26.3.20

Coronavirus con pictos

O  Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Sobreira Valadares preparou dous documentos con pictos para enterder moi ben o que é o Coronavirus. Podedes atopalo en Aula Virtual no apartado de Atención á Diversidade. Pinchade nas imaxes para descubrilo.

Que é o coronavirus?



Información sobre o coronavirus?

25.3.20

Corentena

Quédate na casa!
Esa e a norma que temos que cumprir estritamente. E así o fcemos.
Botando tanto de menos as risas, os xogos, o traballo compartido, os contos ...
E entretanto seguimos xuntos,  en contacto na distancia.

Porque xuntos somos máis fortes, maís firmes, máis grandes.
Porque  xuntos sairemos adiante.
E volveremos ás risas, aos xogos compartidos, aos retos matemáticos, ás conversas na alfombra, aos contos, a descubrir mil cousa, a debuxar, pintar, cantar, bailar ... a abrazarnos, a sorrir.
Vémonos nun tris. Non nos rendiremos.











Entre tanto ... visitade no apartado "Diario" deste blog. Aí teredes anotadas as propostas de traballo para cada día. Os documentos para descargar, como sempre, en Aula Virtual.


19.3.20

A materia

Na distancia, seguimos estudando. Déixovos este arquivo con lectura fácil e audio sobre a materia, ou un con pictos, cursiva e audio para que vos sexa máis doado.

A materia




Arredor da materia estivemos vendo varios experimentos na clase de 3ºA e varios na nosa clase (o máis rico, o de fundir o chocolate!), pero podedes facer moitos máis na vosa casa. A cociña é un estupendo laboratorio, coa supervisión dos maiores: Sorprendédevos e sorprendédenos! Do chocolate fundido ... non quedou nada, so as ganas de repetir!


Para empezar, masa e volume: facede uso das xerras medidoras, dos vasos medidores, das balanzas e básculas de cociña. Pesade os alimentos, anotade, comprobade se pesan o mesmo paquetes semellantes, comprobade se o peso que marcan os paquetes é o mesmo ou aproximado. Medide coas xerras: zume, auga, leite ... Pesade arroz, fariña, lentellas ...

Se queredes seguir coa densidade e a flotabilidade ide deixando nun recipiente de auda, cortiza, papel, madeira, ferro, plástico ... semellantes en forma e tamaño e observade que acontece.

Logo seguide cos cambios físicos: cortade o pan, mirade como se funde o chocolate, os cubos de xeo, como se evapora a auga da tarteira, como se condensan as pingas de vapor no cristal ... como se solidifica o chocolate que non comeches cando arrefría ...

O mellor son os cambios químicos (sempre cos maiores): queimar un papel, unha vela, un anaco de madeira (combustión), estudar a oxidación da mazá fóra da nevera e dentro e debuxar a evolución día a día (ou sacarlle fotos) ... O máis rico: a fermentación da masa para facer o biscoito, a empanada, o pan ...


O equipo Chip Chop deixounos impresionados presentándonos un experimento sobre as propiedades dos imáns e as súas aplicacións. Unha delas na do coidado do medio ambiente separando do lixo os obxectos que teñen metal e valen para reciclar.

No experimento de Chip Chop conseguiron sacar pezas de metal dun vaso de auga ... sen mollar os dedos!!! O plástico que había no fondo do vaso, pola contra non puido sacarse co imán, porque o imán so atrae a obxectos de metal.

Ademais de facer un experimento moi interesante, o equipo Chip Chop, deixounos un libriño coas instrución moi claras para que poidamos repetir o experimento e aprender máis cousas sobre as propiedades dos imáns..

Por último permitíronlle a todos os compañeiros e compañeiras probar o seu experimento. Moitas grazas, equipo Chip Chop.

 Tamén tivemos no cole unha charla sobre a depuración das augas impartida por unha oceanógrafa. A charla foi moi ilustrativa e, dende logo algunhas cousas quedaron moi claras. Para que a auga fique limpa non podemos tirar lixo nos ríos e nos mares. Nas  nosas casas nunca podemos tirar o aceite polo fregadeiro!!

A auga, é unha substancia pura.
Procuremos mantela pura ... ou cos minerais mínimos que poida ter disoltos, e sempre sen contaminar.



En calquera caso, como vos científicos, anotade, anotade e anotade. Debedes rexistrar o que facedes e como o facedes. Recollede as vosas observacións no diario que estades a escribir en lingua galega ou na libreta de ciencias.

13.3.20

Traballo na casa

Coidemos o planeta. É o único con libros.

Dentro deste tema todos os cursos se mobilizaron para destacar a importancia de coidar o medio.








E nós tamén , pois cun ritmo de Rock cantamos ben forte: Reducir, Reutilizar e Reciclar.








Despois das actuacións, como sempre impresionantes, houbo unha grande festa. Así o resumiu Iker:



21.2.20

Entroido

Coidemos o planeta. É o único con libros.

Dentro deste tema todos os cursos se mobilizaron para destacar a importancia de coidar o medio.








E nós tamén , pois cun ritmo de Rock cantamos ben forte: Reducir, Reutilizar e Reciclar.








Despois das actuacións, como sempre impresionantes, houbo unha grande festa. Así o resumiu Iker:



19.2.20

Experimentando con gases.

Hoxe Rodiño tíñanos preparado un experimento con gases. Xa vimos na clase que o aire está formado por distintos gases. O osíxeno que respiramos só é unha pequena parte.

Hoxe ao mesturar vinagre e bicarbonato despréndese moito gas e conseguimos inflar un globo.
Non se ven, pero aí están!!!!

En calquera caso recordade o que aprendemos hoxe. Respiramos polo nariz, así o aire entra máis limpo e quentiño para os pulmóns.