21.12.19

Festival de Nadal

No último día do trimestre, como en anos anteriores celebramos o festival de Nadal. As nosas actuacións estiveron preciosas e a dos Reis Magos foi moi divertida. Tamén a canción de Rudolf quedou moi ben.
O certo é que todas as actuacións foron moi bonitas e moi ben interpretadas por todos os cursos. Tamén destaca o gran silencio e o orde que todos mantivemos.
Ao rematar o festival fixemos unha festa conxunta os alumnos e alumnas de 3ºA e 3ºB no que compartimos un ricos aperitivos e cancións e baile para pasar un bo rato.


Despedímonos coa entrega de notas e o amigo invisible que nos arrincou a todos un sorriso e un "grazas".

Reporteiros por un día

Esta última semana vivimos a experiencia de sermos reporteiros por un día e informamos das noticias, contamos como estaba o tempo ou explicamos a nosa receita da alegría. Vímonos na gravación e aprendemos como facelo mellor. Foi un fantástico comenzo.










No Plan Lector os nenos de cuarto léronos un libro ben divertido sobre unha curiosa disputa entre Papá Noel e os Reis Magos. Todos estivemos moi, moi atentos.

5.12.19

Constitución e Estatuto

Hoxe celebramos o día da Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.
O noso curso leu os artigos 20 e 21 da Constitución española que tratan do dereito a expresar libremente pensamentos, ideas e opinións sen censura previa e co so límite de non ir contra o dereito á honra, intimidade, a propia imaxe ... E nesa liberdade de expresión manifestaron como proposta de mellora para o cole que querían menos deberes e máis diversión. No artigo 21 fálase do dereito a manifestarse en espazos públicos previa solicitude á autoridade, polo que tiveron que escribir unha solicitude ao director do centro pedindo autorización para manifestarse durante o acto que ía celebrarse hoxe. O director remitiulle nunha carta a cada delegado de terceiro que os menores de idade non poden convocar manifestacións, pero que autorizava a súa como parte do acto na honra da Constitución e o Estatuto.



Encol do Estatuto lemos o artigo 2 sobre as provincias galegas e organizamos un desfile das catro provincias resaltando as virtudes e marabillas de cada unha delas. Quedou moi bonito e non o esqueceremos.

4.12.19

Día Internacional da Discapacidade

Onte celebramos o Día Internacional da Discapacidade cunha actividade moi especial: Un recital de poesía. Acompañáronnos as nais, pais e avós dos nenos e nenas da aula. Cada un deles declamou un poema da súa elección en galego ou en castelán; cada un co seu ritmo, co seu volume de voz, co seu estilo, con máis ou menos axuda ... todos diferentes e únicos. Lemos un poema moi especial de Ramón Cabanillas titulado Xoquín, no que fala dun neno "distinto" . Para recordar!
Moitas grazas a todos por acompañarnos neste día e polo voso apoio sempre.

2.12.19

Ecopercusión

O venres pasado estivo de novo no cole o profesor Didier, que se encargou de preparar ao alumnade de 5º e de 6º para interpretar varias pezas cuns tambores ecolóxicos e que soaban realmente ben. Foi un concerto ben bonito.