5.12.19

Constitución e Estatuto

Hoxe celebramos o día da Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.
O noso curso leu os artigos 20 e 21 da Constitución española que tratan do dereito a expresar libremente pensamentos, ideas e opinións sen censura previa e co so límite de non ir contra o dereito á honra, intimidade, a propia imaxe ... E nesa liberdade de expresión manifestaron como proposta de mellora para o cole que querían menos deberes e máis diversión. No artigo 21 fálase do dereito a manifestarse en espazos públicos previa solicitude á autoridade, polo que tiveron que escribir unha solicitude ao director do centro pedindo autorización para manifestarse durante o acto que ía celebrarse hoxe. O director remitiulle nunha carta a cada delegado de terceiro que os menores de idade non poden convocar manifestacións, pero que autorizava a súa como parte do acto na honra da Constitución e o Estatuto.



Encol do Estatuto lemos o artigo 2 sobre as provincias galegas e organizamos un desfile das catro provincias resaltando as virtudes e marabillas de cada unha delas. Quedou moi bonito e non o esqueceremos.