4.12.19

Día Internacional da Discapacidade

Onte celebramos o Día Internacional da Discapacidade cunha actividade moi especial: Un recital de poesía. Acompañáronnos as nais, pais e avós dos nenos e nenas da aula. Cada un deles declamou un poema da súa elección en galego ou en castelán; cada un co seu ritmo, co seu volume de voz, co seu estilo, con máis ou menos axuda ... todos diferentes e únicos. Lemos un poema moi especial de Ramón Cabanillas titulado Xoquín, no que fala dun neno "distinto" . Para recordar!
Moitas grazas a todos por acompañarnos neste día e polo voso apoio sempre.