21.2.20

Entroido

Coidemos o planeta. É o único con libros.

Dentro deste tema todos os cursos se mobilizaron para destacar a importancia de coidar o medio.








E nós tamén , pois cun ritmo de Rock cantamos ben forte: Reducir, Reutilizar e Reciclar.








Despois das actuacións, como sempre impresionantes, houbo unha grande festa. Así o resumiu Iker:



19.2.20

Experimentando con gases.

Hoxe Rodiño tíñanos preparado un experimento con gases. Xa vimos na clase que o aire está formado por distintos gases. O osíxeno que respiramos só é unha pequena parte.

Hoxe ao mesturar vinagre e bicarbonato despréndese moito gas e conseguimos inflar un globo.
Non se ven, pero aí están!!!!

En calquera caso recordade o que aprendemos hoxe. Respiramos polo nariz, así o aire entra máis limpo e quentiño para os pulmóns.



15.2.20

Bailes, cartas e robots

O Día de San Valentín foise enchendo de sorpresas a medida que avanzaba a mañá. A primeira,  o baile conxunto de todos os nenos e nenas do colexio coa canción "Don´t stop me now" que xa estiveramos practicando na clase e que quedou realmente ben.

 Xa na clase apalpamos diversas partes do aparato dixestivo: intestinos, estómafo, fígado, páncreas ... (de plástico, claro) que lle colocamos a Osiños, o noso esqueleto e compañeiro de aula nestes días. Tamén, e por quendas, con moito coidadiño fomos perfilando o logo da camiseta e dándolle cor.


Un chisco máis tarde chegaron os robots e a tabletas para programalos; íannos propoñendo retos moi doados ao inicio e bastante máis complexos logo. Conseguimos dar as instrucións nesarias para que avanzasen, retrocedesen, xirasen ...








 E  xusto cando andabamos cos robots chegou, nada menos que o carteiro!, coas cartas de San Valentín e debuxouse un sorriso en cada cara ao lermos as cartas tan bonitas que nos escribiron os nosos compañeiros. Unha das cartas tardará un chisco máis en chegar ao destino, xa que foi enviada no buzón do pobo co seu correspondente sello e dirección. Haberá que esperar, pero a espera ben paga a pena!

6.2.20

Aventuras na Pastora

Hoxe fixemos a nosa primeira saída de exploración polo contorno.
Puidemos aprender o nome de moitas das plantas que atopamos polo camiño, descubrir o lixo que estropeaba a paisaxe, merendar cos amigos nun contorno privilexiado e contemplar a beleza da nosa Ría dende o mirador da Pastora. 
Recordamos o nome dos montes que nos rodean e puidemos velos ao lonxe: Castrove e Barbanza; das nosas illas (Toxa, Sálvora, Arousa), o río Umia, o val, a península do Grove ...
Con todo o que máis aprendemos foi a manternos ordenadamente durante o camiño, a respectar a natureza, a escoitar as indicacións do mestre con moita atención nun tempo moi curto ... 








4.2.20

O fluído Newtoniano e a Paz

Hoxe o profe Rodiño invitounos á clase de 3ºA para participar dun experimento ,oi impactante que nos fixo pensar encol da Paz, a resolución de conflitos e a amizade.
Nun recipiente había un fluído moi curioso feito con auga e fariña. Cando o golpeabas con forza co puño pechado non salpicabas nen chegabas ao fondo do recipiente. Cando golpeas a un amigo non chegas ao seu corazón, non tes amigos. Pola contra cando metías os dedos amodiño chegabas ao fondo e podías xogar coa masa. Pasa tamén cos amigos, cando hai problemas se falas amodiño, con boas palabras e xestos amables chegas ao corazón e ganas a súa amizade.
Tamén probamos a facer unha bola coa masa. Unha bola dura e ben feita. Mentres a amasabas a bola mantíñase perfecta e a deixabas de amasar, desfacíase, escurríase entre os dedos. Coa amizade pasa algo semellante; cando a amasas e a coidas e a mimas cada día está forte e firme. Pero cando deixar de coidar esa amizade escúrreseche e pérdela.
Polo tanto:
Nunca pegues puñetazos. Fan dano, fante dano a ti mesmo e non fas amigos.
Trata ás persoas con docuza, se queres chegar ao seu corazón e ter amigos.
Cando tes un amigo, cóidao para non perdelo.