15.2.20

Bailes, cartas e robots

O Día de San Valentín foise enchendo de sorpresas a medida que avanzaba a mañá. A primeira,  o baile conxunto de todos os nenos e nenas do colexio coa canción "Don´t stop me now" que xa estiveramos practicando na clase e que quedou realmente ben.

 Xa na clase apalpamos diversas partes do aparato dixestivo: intestinos, estómafo, fígado, páncreas ... (de plástico, claro) que lle colocamos a Osiños, o noso esqueleto e compañeiro de aula nestes días. Tamén, e por quendas, con moito coidadiño fomos perfilando o logo da camiseta e dándolle cor.


Un chisco máis tarde chegaron os robots e a tabletas para programalos; íannos propoñendo retos moi doados ao inicio e bastante máis complexos logo. Conseguimos dar as instrucións nesarias para que avanzasen, retrocedesen, xirasen ...








 E  xusto cando andabamos cos robots chegou, nada menos que o carteiro!, coas cartas de San Valentín e debuxouse un sorriso en cada cara ao lermos as cartas tan bonitas que nos escribiron os nosos compañeiros. Unha das cartas tardará un chisco máis en chegar ao destino, xa que foi enviada no buzón do pobo co seu correspondente sello e dirección. Haberá que esperar, pero a espera ben paga a pena!