28.11.19

Recital poético



O alumnado de 3ºB comprácese en convidar ás súas, nais, pais, avós ... ao Recital Poético que terá lugar o vindeiro martes, día 3 de decembro ás 9 da mañá na Aula de Música do colexio.   

                                            

25.11.19

Día Internacional contra a violencia de xénero

Hoxe volvemos recordar a tantas mulleres asasinadas polos seus maridos e parellas, a tantas mulleres maltratadas. Viñemos a clase de loito, vestidos de negro e cun símbolo violeta atado nas mans.
E falamos.
Falamos moito e reflexionamos co xogo do paraugas sobre todas as formas na que nos poden ferir e facer dano, con insultos, con palabras e comparacións, con frases feitas ...


 Vimos o vídeo do "Maltrato sutil" e como ían destrozando a unha nena preciosa esas palabras tantas veces repetidas: " ... que si sus ojos, que si su pelo, que si su piel, que su cintura" ...

Falamos de como construír un paraugas de protección contra esas palabras que tanto dano fan. Fomos sacando capas  a un paquete que encerraba un precioso tesouro. Fomos respondendo de forma positiva e con enerxía para defendernos sen facer dano, facéndonos máis fortes.












Logo lemos o conto de "Cuando las niñas vuelan alto" e escoitamos cantas pedriñas van poñendo nas nosas mochilas e non nos deixan voar. E vimos  como sacarnos esas pedras.
Non imos deixar que as palabras, as pedras, as frases feitas nos fagan dano. Sabemos como responder:
"Eu son guapa. preciosa, única e irrepetible".
"Eu son guapo, precioso, único e irrepetible".
Trátame ben.

20.11.19

Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas

Neste día recordamos que fai anos se acordou a nivel Internacional recoñecer os Dereitos de todos os nenos e nenas do mundo.
 Iker remarcou "dos nenos e das nenas". Certamente, ao dicir "Dereitos dos nenos", moitos países teñen esquecido que tamén as nenas teñen eses mesmos dereitos: dereito á educación, dereito a xogar, dereito a un fogar, dereito a ir ao médico ... Parece tan elemental! E queda aínda tan lonxe de conseguir.


Vimos un anaquiño da película "El niño que domó el viento". O suficiente para sentir canto custa aínda acadar que se cumpra o dereito a ir á escola ... cando hai fame e primeiro hai que pagar a comida do día ...
Somos afortunados.
Non deixemos de loitar para que todos os nenos e nenas do mundo poidan vivir cada día en lugares nos que se respecten e cumpran os dereitos que teñen.

11.11.19

Carreira solidaria

         Hoxe, todo o colexio, xunto cos demais centros educativos do concello de Cambados, participamos nunha carreira solidaria para recadar fondos para GALICIAME, unha organización que traballa polas persoas que padecen Atrofia Muscular Espiñal, como a nosa querida Merchi.
        Saímos do centro cara o pazo de Montesacro, onde os organizadores (profesorado e alumnado do IES Salesianos) nos fixo entrega dun dorsal a cada un dos participantes. Logo, unhas animadas monitoras, dende a escalinata de Santo Tomé, amenizaron un moi entretido tempo de quecemento a ritmo de zumba. Xa preparados deu comezo a carreira cos nenos e nenas de 1º e 2º dos distintos colexios. Dez minutos despois foi a quenda de terceiro e cuarto e logo seguiron os demais cursos. Fixemos o percorrido polo paseo marítimo, a rúa Príncipe e chegamos, logo de percorrer 1.300 metros, á praza de Fefiñáns. Polo percorrido recibimos as felicitacións e moitas nais, pais e avoas que nos animaron a seguir. Xa na praza fomos agasallados cunha peza de froita e un botellín de auga. Cando chegaron todos os corredores camiñamos ata o pavillón do Pombal. Alí escoitamos a Pedro Nimo, campeón de España de atletismo e a Merchi e, con moita ilusión, estivemos pendentes dos sorteos de moitos agasallos que se repartiron por categorías (alevíns, benxamíns, xuvenís ...) e que doaron diversas librerías, tendas de deporte, xogueterías e outros establecementos de Cambados e incluso da Illa de Arousa e Santiago.
              Foi un día moi emocionante. O máis importante foi estarmos todos xunto e colaborar nunha moi boa causa para que poida seguir a investigación que lle permita a Merchi e a todas as persoas que padecen AME volver a recuperar a esperanza e a solución a tanto padecer.

6.11.19

Diseccionando un xurel

Hoxe tivemos na clase un xurel e vimos as bránqueas, o fígado, as tripas ... observamos as aletas, as escamas, a columna vertebral e as espiñas.
 Pero ademáis de aprender e recordar o que sabemos dos peixes aprendemos a valorar o traballo das nosas nais e os nosos pais, dos nosos avós e avoas tan vinculados ao mar.

O cheiro do peixe e das tripas foi, de certo, desagradable, pero ese cheiro e ese desagrado hai que superalo cada día en cada casa para logo poder cociñar o peixe e podermonos beneficiar todos do que lle aporta ao noso organismo. Grazas mamás e papás, porque superades cada día tarefas non agradables ... por nós!

5.11.19

Contos de medo

Onte e hoxe as alumnas de sexto viñeron pola clase a interpretar para nós uns contos de medo que ... daban moita risa. O primeiro era da Bruxa Regañadentes e o de hoxe dunha nena vampira. O certo é que pasamos un rato ben entretido!
Grazas raparigas.