20.11.19

Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas

Neste día recordamos que fai anos se acordou a nivel Internacional recoñecer os Dereitos de todos os nenos e nenas do mundo.
 Iker remarcou "dos nenos e das nenas". Certamente, ao dicir "Dereitos dos nenos", moitos países teñen esquecido que tamén as nenas teñen eses mesmos dereitos: dereito á educación, dereito a xogar, dereito a un fogar, dereito a ir ao médico ... Parece tan elemental! E queda aínda tan lonxe de conseguir.


Vimos un anaquiño da película "El niño que domó el viento". O suficiente para sentir canto custa aínda acadar que se cumpra o dereito a ir á escola ... cando hai fame e primeiro hai que pagar a comida do día ...
Somos afortunados.
Non deixemos de loitar para que todos os nenos e nenas do mundo poidan vivir cada día en lugares nos que se respecten e cumpran os dereitos que teñen.