25.11.19

Día Internacional contra a violencia de xénero

Hoxe volvemos recordar a tantas mulleres asasinadas polos seus maridos e parellas, a tantas mulleres maltratadas. Viñemos a clase de loito, vestidos de negro e cun símbolo violeta atado nas mans.
E falamos.
Falamos moito e reflexionamos co xogo do paraugas sobre todas as formas na que nos poden ferir e facer dano, con insultos, con palabras e comparacións, con frases feitas ...


 Vimos o vídeo do "Maltrato sutil" e como ían destrozando a unha nena preciosa esas palabras tantas veces repetidas: " ... que si sus ojos, que si su pelo, que si su piel, que su cintura" ...

Falamos de como construír un paraugas de protección contra esas palabras que tanto dano fan. Fomos sacando capas  a un paquete que encerraba un precioso tesouro. Fomos respondendo de forma positiva e con enerxía para defendernos sen facer dano, facéndonos máis fortes.












Logo lemos o conto de "Cuando las niñas vuelan alto" e escoitamos cantas pedriñas van poñendo nas nosas mochilas e non nos deixan voar. E vimos  como sacarnos esas pedras.
Non imos deixar que as palabras, as pedras, as frases feitas nos fagan dano. Sabemos como responder:
"Eu son guapa. preciosa, única e irrepetible".
"Eu son guapo, precioso, único e irrepetible".
Trátame ben.