19.3.20

A materia

Na distancia, seguimos estudando. Déixovos este arquivo con lectura fácil e audio sobre a materia, ou un con pictos, cursiva e audio para que vos sexa máis doado.

A materia




Arredor da materia estivemos vendo varios experimentos na clase de 3ºA e varios na nosa clase (o máis rico, o de fundir o chocolate!), pero podedes facer moitos máis na vosa casa. A cociña é un estupendo laboratorio, coa supervisión dos maiores: Sorprendédevos e sorprendédenos! Do chocolate fundido ... non quedou nada, so as ganas de repetir!


Para empezar, masa e volume: facede uso das xerras medidoras, dos vasos medidores, das balanzas e básculas de cociña. Pesade os alimentos, anotade, comprobade se pesan o mesmo paquetes semellantes, comprobade se o peso que marcan os paquetes é o mesmo ou aproximado. Medide coas xerras: zume, auga, leite ... Pesade arroz, fariña, lentellas ...

Se queredes seguir coa densidade e a flotabilidade ide deixando nun recipiente de auda, cortiza, papel, madeira, ferro, plástico ... semellantes en forma e tamaño e observade que acontece.

Logo seguide cos cambios físicos: cortade o pan, mirade como se funde o chocolate, os cubos de xeo, como se evapora a auga da tarteira, como se condensan as pingas de vapor no cristal ... como se solidifica o chocolate que non comeches cando arrefría ...

O mellor son os cambios químicos (sempre cos maiores): queimar un papel, unha vela, un anaco de madeira (combustión), estudar a oxidación da mazá fóra da nevera e dentro e debuxar a evolución día a día (ou sacarlle fotos) ... O máis rico: a fermentación da masa para facer o biscoito, a empanada, o pan ...


O equipo Chip Chop deixounos impresionados presentándonos un experimento sobre as propiedades dos imáns e as súas aplicacións. Unha delas na do coidado do medio ambiente separando do lixo os obxectos que teñen metal e valen para reciclar.

No experimento de Chip Chop conseguiron sacar pezas de metal dun vaso de auga ... sen mollar os dedos!!! O plástico que había no fondo do vaso, pola contra non puido sacarse co imán, porque o imán so atrae a obxectos de metal.

Ademais de facer un experimento moi interesante, o equipo Chip Chop, deixounos un libriño coas instrución moi claras para que poidamos repetir o experimento e aprender máis cousas sobre as propiedades dos imáns..

Por último permitíronlle a todos os compañeiros e compañeiras probar o seu experimento. Moitas grazas, equipo Chip Chop.

 Tamén tivemos no cole unha charla sobre a depuración das augas impartida por unha oceanógrafa. A charla foi moi ilustrativa e, dende logo algunhas cousas quedaron moi claras. Para que a auga fique limpa non podemos tirar lixo nos ríos e nos mares. Nas  nosas casas nunca podemos tirar o aceite polo fregadeiro!!

A auga, é unha substancia pura.
Procuremos mantela pura ... ou cos minerais mínimos que poida ter disoltos, e sempre sen contaminar.



En calquera caso, como vos científicos, anotade, anotade e anotade. Debedes rexistrar o que facedes e como o facedes. Recollede as vosas observacións no diario que estades a escribir en lingua galega ou na libreta de ciencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario