24.10.19

Maxia nos libros

Hoxe é o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e para celebralo baixamos á aula de Música. Alí abraiamos coas luces de cores que nos esperaban.

 Logo de escoitar a Julia e outros nenos explicar o motivo de tal encontro escoitamos un pregón encol dos contos e os libros que leron a nosa alcaldesa e a Concelleira de Cultura

De seguido quedamos pampos ante un magnífico espectáculo de maxia, especialmente cando apareceu ante os nosos ollos, dunha caixa baleira, un precioso coello gris, ou cando Zoe e outros "animais da granxa" conseguían que a galiña "puxese ovos cunha canción"!

 

 Leo e Leíño xogaron coa nosa imaxinación, percorreron varios países e recolleron os nosos soños. Logo invitáronos e seguir descubrindo ... "A maxia dos libros".

Precioso día para valorar as nosas Bibliotecas e como non, para gozar do marabilloso mundo dos libros.