Nestes días estamos realizando diversas actividades para crear máis momentos de paz: os saúdos cun sorriso cada mañá, os momentos de silencio falando baixiño, o aumento dos momentos de atención e respecto cando fala un compañeiro ou o mestre, o camiñar amodo polos corredores, os abrazos compartidos, e mesmo o ensaio de conversas sen usar as palabras "NON, PERO", ou as preguntas. Esto último resultou moi complicado e temos que practicalo máis. Pero estamos a conseguir grandes resultados. Moitísimas grazas por estardes a crear, dende a aula, momentos de equilibrio, paz, calma e benestar.
Conto con que tamén o fagades así de ben na vosa casa!

Hoxe na festa, a canción "Solo le pido a Dios" quedou preciosa. Tamén as dos demais cursos. Todas foron moi bonitas e orixinais. As mensaxes que se compartiron fixéronnos pensar e a obra de teatro rematou cunha pregunta ... Seremos capaces de invitar ao dragón e ver como se transforma nun ser marabilloso?
Para pensar.